Solidariedade Internacional de Galicia

Vacacións Solidarias 2012

Publicado o 13/04/2012 por admin

Vacacións Solidarias 2011

Que é?

É unha oportunidade para coñecer de primeira man un proxecto de cooperación ao desenvolvemento, o traballo dunha ONG española e de ONG locais, pero sobre todo é unha oportunidade de coñecer, traballar e intercambiar con comunidades de países do sur que están a traballar na construción do seu propio desenvolvemento.

Por que participar?

Para ter a experiencia da túa vida! Coñecer a realidade que se vive en países do sur e achegarse á comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.

Por que realizar esta experiencia con Solidariedade Internacional?

Porque somos unha ONG con 25 anos de experiencia, e levamos 13 anos realizando este Programa como un exercicio de transparencia das nosas actividades cara á sociedade. Temos oficinas en cada un dos países de destino, e son os e as cooperantes de Solidariedade Internacional, xunto co persoal das ONG locais coas que traballamos en cada país, que coordinan a estanza das persoas que participan.

Cales son os destinos?

En 2012 hai tres países de destino:

  • Bolivia (O Alto e La Paz)
  • Ecuador (Zona selva amazónica: Coca e ribeira do río Napo)
  • Nicaragua (Managua)

E cuales son os proxectos nos que participaría?

En Bolivia: traballamos nun gran proxecto de “Loita contra a Violencia de Xénero e saúde sexual e reprodutiva, a través da aplicación efectiva das políticas públicas, o fortalecemento de redes rexionais específicas e a vixilancia cidadá”. O noso traballo realizámolo con tres ONG locais:

  • A Asociación Médica Privada Voluntaria Wiñay
  • A Confederación de Mulleres Bartolina Sisa
  • O Centro De Promoción De La Mujer Gregoria Apaza

En Ecuador: traballamos en dous proxectos, o primeiro de “Loita contra a violencia e saúde sexual e reprodutiva”; e o segundo de “Fortalecemento da estrutura e xestión turística comunitaria no Cantón de Aguarico”. O noso traballo realizámolo con dúas ONG locais:

  • Fundación Saúde Amazónica – FUSA
  • Rede Solidaria de Turismo da Ribeira do Río Napo – REST

En Nicaragua: participarase na “Promoción dos dereitos humanos, sociais e económicos das mulleres, adolescentes e nenas en situación de inequidad e violencia de xénero e xeracional en Acahualinca”. O noso traballo realizámolo con dúas ONG locais:

  • O Centro Nicaraguano de Promoción da Xuventude e a Infancia Dous Xeracións
  • O Fogar Zacarías Guerra

En que actividades colaboraría?

En Bolivia
1. Coa ONG Wiñay (El Alto): 3 persoas para acompañamento a xornadas de sensibilización de mozos sobre DDSSRR.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en ciencias sociais, da educación e afíns. Buscamos persoas de mente aberta, que sexan moi flexibles, xa que van participar nunha organización onde a súa planificación sofre moitas alteracións.

2. Coa ONG Bartolina Sisa (La Paz): 3 persoas para apoio/ acompañamento ao departamento de Comunicación para realizar notas de prensa, entrevistas…
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en ciencias da comunicación, periodismo e afíns. Buscamos persoas de mente aberta, que sexan moi flexibles, xa que van participar nunha organización onde a súa planificación sofre moitas alteracións.

3. Coa ONG Gregoria Apaza (El Alto): 4 persoas para apoiar tarefas en:

Gardaría: Participar do día a día da actividade dunha gardaría, fundamentalmente apoiar no desenvolvemento de actividades lúdicas dos nenos/ás.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en educación, pedagoxía, traballo social, ciencias sociais e afíns.

Programa de Radio: Acompañamento no desenvolvemento das actividades da radio Pachamama.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en ciencias da comunicación, periodismo e afíns.

Programa Formativo: Acompañar o desenvolvemento de actividade de formación para mulleres e mozos, realizando diferentes actividades como convocar participantes e preparar materiais da formación.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en ciencias sociais, da educación e afíns.

En Ecuador:
1. Coa Rede Solidaria de Turismo da Ribeira do Río Napo – REST (ribeira do río Napo): 8 persoas para conformar un grupo de turismo comunitario, e realizar unha avaliación exhaustiva do proxecto de turismo comprendendo servizos prestados polas comunidades, infraestruturas, medios de transporte, tempos, etc. Para iso realizaríase unha pequena capacitación e entregaríanselles as ferramentas para poder levar a cabo a avaliación.
Ademais apoiásese na realización de pequenas actividades como mellora de sendeiros, reparación de peiraos, rehabilitación de infraestruturas pequenas tipo chozas….
Perfil: buscamos persoas interesadas no turismo solidario, que crean que pode ser unha opción viable de traballo para familias indíxenas e mestizas en zonas naturais protexidas.

2. Coa Fundación de Saúde Amazónica – FUSA (Cidade de Coca): 2 persoas para apoiar a elaboración da páxina WEB de FUSA, a cal é unha das prioridades da organización. Tamén se poden realizar actividades de promoción da saúde.
Perfil: Persoas con estudos ou coñecementos en elaboración de web, comunicación, informática, deseño e afíns.

En Nicaragua:
1. Con O Centro Nicaragüense de Promoción da Xuventude e a Infancia Dos Generaciones (Managua, Barrio Acahualinca e Las Palmas): 7 persoas para apoiar algunha das seguintes actividades:

Taller de nenas, nenos e mulleres.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en xénero, ciencias sociais e afíns.

Apoio en actividades socioeducativas vinculadas á arte e deportes con nenos, nenas e mulleres.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en actividades deportivas, actividades culturais, actividades audiovisuais (cine, fotografía..), teatro e expresión corporal, danza, canto e produción radial.

Apoio aos cursos do Centro de Formación Laboral (CFL).
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en normativa de seguridade ocupacional, reforzo de Currículo para instrutores do CFL, manualidades con material reciclado, reparación de motocicletas, reparación de aires acondicionados e refrixeración, serigrafía (deseño gráfico en teas, mantas, tarxetas, papel…), beleza (peiteado, manicura, pedicura, etc.), repostaría…

Apoio a actividades con Medios de Comunicación.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en redes sociais, procesos socioeducativos, riscos de internet para os mozos (redes sociais e TIC), comunicación social e afíns.

Apoio a actividades Educativas (formación de docentes).
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en educación, ludopedagogía e afíns.

2. Co Fogar Zacarías Guerra (Managua, Barrio Centroamérica): 3 persoas para apoiar as actividades educativas e deportivas así como actividades varias.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecemento en educación especial, deportes, enfermaría, administración, elaboración de Web, elaboración de proxectos, deseño de currículo para cursos de formación laboral (serigrafía, carpintaría, mecánica…).

En que datas?

As viaxes realizásense no mes de agosto. As datas son fixas, é dicir son datas pechadas. Os billetes de avión están xa reservados polo que non é posible cambiar as datas nin de ida nin de volta.
Bolivia: 9 ao 31 de agosto -2012
Ecuador: 3 al 24 de agosto -2012
Nicaragua: 3 ao 27 de agosto -2012

Canto custa?

O presuposto é a suma do importe do billete de avión i/v dende Madrid, o custo dos seguros (asistencia en viaxe e cancelación), manutención e aloxamento durante a estanza, custos administrativos e de formación, transporte dende o aeroporto ao lugar do proxecto e os desprazamentos internos no país.
Non inclúe custos de excursións turísticas, gastos persoais nin impostos de saída do país.

Bolivia: Billete aéreo con AEROSUR: 1.250 € Seguros con MAPFRE: 42 €, Manutención, transporte interno, formación e administrativos: 868€. Total: 2.160€
Ecuador: Billete aéreo con IBERIA: 1.351 € Seguros con MAPFRE: 42 €, Manutención, transporte interno, formación e administrativos: 787€. Total: 2.180€
Nicaragua: Billete aéreo con IBERIA: 1.233 € Seguros con MAPFRE: 42 €, Manutención, transporte interno, formación e administrativos: 835€. Total: 2.110€

¿Qué debo facer?

Se estas interesado/a debes encher o formulario de inscrición que aparece na web www.solidaridad.org e achegar un curriculum. Tamén podes contactar coa Fundación Solidariedade Internacional no correo electrónico vacacionesolidarias@solidaridad.org ou ssalazar@solidaridad.org. O prazo de inscrición vai dende o 2 de abril de 2012 ata cubrir as prazas.

Que condicións debo cumprir?

Todas as persoas participantes deben ser maiores de 18 anos e deberán ter o seguinte perfil xeral:

  • Predisposición para vivir en sitios onde a tecnoloxía de comunicación (Internet, teléfono) é limitada e o acceso a algunhas comodidades non está garantido (auga quente, baño individual, etc.)
  • Inclinación para visitar ambientes multiculturais
  • Flexibilidade e adaptación fronte a cambios de planificación
  • Experiencia no trato a persoas e capacidade de empatía
  • Actitude positiva para propoñer e participar en accións de grupo concertadas
  • Ter boas condicións de saúde

Unha vez notificado que fuches seleccionado, a reserva farase efectiva ao ingresar o 50% do importe da viaxe no prazo indicado. O pagamento do restante 50% realizarase 30 días antes da data de saída. Se cancelas ti viaxe, Solidariedade Internacional devolverá a cantidade ingresada menos os gastos de cancelación que impoña a compañía aérea, sempre e cando a cancelación se realice 40 días antes da data de saída.

Todas as persoas seleccionadas para viaxar deberán facerse socio/a de Solidariedade Internacional. Antes da viaxe realizásense actividades de formación presencial e on-line que serán de obrigatorio cumprimento.

Etiquetas: ,

Unha resposta

  1. Vanessa Alvite escribiu:

    17/04/2012 ás 11:30 am

    Hola,

    tengo un amigo, maestro, que quiere hacer voluntariado en sus vacaciones de verano. Le he recomendado vacaciones solidarias, pero me gustaría saber si algún proyecto se puede acercar más que otro a sus intereses (como maestro).

    Muchas gracias por vuestra atención,

    un saludo

    Vanessa Alvite

Deixa un comentario

Podes deixar un comentario do artículo Vacacións Solidarias 2012.

  1. (obligatorio)
  2. (obligatorio)

  • « Entradas antigas
  • Entradas recentes »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza