Solidariedade Internacional de Galicia

Vacacións Solidarias 2011

Publicado o 26/05/2011 por admin

Vacacións Solidarias 2011O Programa VACACIÓNS SOLIDARIAS dáte a oportunidade de coñecer de primeira mano un proxecto de cooperación ao desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.

O programa ten como obxectivo sensibilizar persoas da sociedade en xeral, e en especial aqueles interesados na cooperación ao desenvolvemento, sobre a realidade que se vive noutros países, así como facilitar unha mellor comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.

Espérase que a través desta experiencia as persoas participantes no Programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS afiancen o seu compromiso por un cambio social e se involucren en accións de promoción de valores e actitudes tendentes a lograr condicións de igualdade para todos e todas, baseándose en criterios de xustiza, paz, equidade, democracia, participación e solidariedade.

Dende hai doce anos a través deste programa centos de persoas colaboraron durante a súa estanza (3 semanas aproximadamente) en actividades de proxectos de cooperación que están en marcha, co propósito de coñecer, traballar e intercambiar coas comunidades e colectivos que están a traballar pola construción do seu propio desenvolvemento. Os e as cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, xunto co persoal das ONG locais coas que traballamos en cada país, coordinan a estanza dos voluntarios e voluntarias.

Unha vez que as persoas participantes estean de volta en España, poderán implicarse en actividades de voluntariado que apoian tarefas de sensibilización relacionadas cos proxectos que desenvolve Solidariedade Internacional de Galicia.

Este ano, 2011, propóñense 5 países de destino e 12 proxectos de cooperación nos cales podes participar.
PARTICIPA, SERÁ A EXPERIENCIA DA TÚA VIDA!

Destinos

  • Guatemala
    Datas: 4 ó 28 de agosto de 2011
    Prazas: 10
    Prezo: 1.990€
  • Perú
    Datas: 3 ó 28 de agosto de 2011
    Prazas: 10
    Prezo: 1.990€
  • Ecuador
    Datas: 1 ó 26 de agosto de 2011
    Prazas: 10
    Prezo: 1.990€
  • Bolivia
    Datas: 8 ó 31 de Agosto de 2011
    Prazas: 10
    Prezo: 1.960€
  • Campamentos de Refuxiados Saharauís (Tindouf – Arxelia)
    Datas: 8 ó 22 de octubre de 2011
    Prazas: 15
    Prezo: 1.050€

Condición xerais

Todas as persoas participantes deben ser maiores de 18 anos e deberán ter o seguinte perfil xeral:

  • Predisposición para vivir en sitios onde a tecnoloxía de comunicación (Internet, teléfono) é limitada e o acceso a algunhas comodidades non está garantido (auga quente, baño individual, etc.).
  • Inclinación para visitar ambientes multiculturais e capacidade de adaptación ao medio, experiencia no trato a persoas e capacidade de empatía;
  • Predisposición para realizar actividades físicas (camiñadas);
  • Actitude positiva para propoñer e participar en accións de grupo concertadas;
  • Ter boas condicións de saúde;

O prazo de inscrición vai dende o 6 de maio de 2011 ata cubrir as prazas.

Unha vez notificado que foi seleccionado, a reserva farase efectiva ao ingresar o 50% do importe da viaxe no prazo indicado. O pagamento do restante 50% realizarase 30 días antes da data de saída. Se cancela a súa viaxe Solidariedade Internacional devolverá a cantidade ingresada menos os gastos de cancelación que impoña a compañía aérea e o custo de inscrición, sempre e cando a cancelación se realice 40 días antes da data de saída.

O prezo inclúe billetes de avión i/v dende Madrid, taxas de aeroporto, seguro de viaxe, manutención, aloxamento e materiais do curso de formación. Non inclúe excursións turísticas, gastos persoais nin impostos de saída do país.

Todas as persoas seleccionadas para viaxar deberán facerse socio/a de Solidariedade Internacional de Galicia. Antes da viaxe realizásense actividades de formación e on-line que serán de obrigatorio cumprimento.

Contacto e inscrición

Se estas interesado/a en participar envía un correo electrónico cos teus datos persoais a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org

Etiquetas: ,

3 Respostas

  1. Marta Seoane Encinas escribiu:

    08/06/2011 ás 4:54 pm

    ¡Olá!

    Gustaríame ir este ano ós campamentos do Sàhara nas miñas vacacións. Podo ver na información posta na vosa web que as datas para visitar Tindouf serían do 8 ó 22 de outubro. A miña pregunta ou curiosidade é a seguinte, ¿ que labor levaríamos a cabo nós durante a nosa estancia nos campamentos de refuxiados?.Rogo unha resposta o mais rápida posible.
    Un saúdo!

  2. Carlos Arevalo escribiu:

    23/08/2011 ás 1:43 pm

    Saludos, soy de Guatemala, y observo por primera vez, el trabajo de esta organizacion, gracias a Internet.

    Me alegra el saber que el mundo gira, y cada dia nos acercamos mas.

    Felicitaciones a los Voluntarios.

    Un abrazo.

  3. Isma García escribiu:

    13/09/2011 ás 11:25 am

    Bos días.
    Teño a mesma dúbida que Marta,gustaríame saber algo máis da labor que poderiamos facer.
    Grazas.

Deixa un comentario

Podes deixar un comentario do artículo Vacacións Solidarias 2011.

  1. (obligatorio)
  2. (obligatorio)

  • « Entradas antigas
  • Entradas recentes »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza