Solidariedade Internacional de Galicia

Inscríbete!

Un testemuño haitiano en Galicia

Publicado o 19/05/2010 por admin

Visita Pitchon EspadyO pasado luns, 3 de maio, un representante da sociedade haitiana, Pitchon Espady, visitou Galicia. Coa intención de agradecer a colaboración do/ás miles de galego/ás que, a través de Solidariedade Internacional de Galicia, contribuíron a atender a emerxencia no seu país, Pitchon percorreu distintas localidades galegas nunha xornada que serviu tamén para recordar a importancia de manter a axuda que fará posible a reconstrución de Haití.

Dende o pasado 12 de xaneiro, no que a vida dun país xa asolado pola pobreza se vise truncada, dende Solidariedade Internacional de Galicia, ONGD con presenza na zona dende o ano 2004, puxéronse en marcha distintas iniciativas que tiñan como fin último recadar fondos que permitisen paliar a situación de emerxencia á que se enfrontaba a poboación haitiana.

Case 4 meses despues, Pitchon Espady, Coordinador da ONG haitiana CROSSE, visita España para expoñer a situación actual do seu país, agradecer a solidariedade de todo/ás aquilo/ás que contribuíron ao labor de CROSSE nos momentos da emerxencia e recordar que a axuda segue sendo necesaria. Un labor que, como el mesmo defendeu, se basea na construción dunha sociedade xusta baseada na equidade e a igualdade.

No seu paso por Galicia, Pitchon visitou a Axencia Humanitaria de Galicia, entidade que concedeu unha subvención a Solidariedade Internacional de Galicia por valor de 51.566,28 € para a compra de kits hixiénico-sanitarios, de refuxio e de alimentación para a poboación damnificada polo terremoto no Departamento Sueste. Esta visita incluíu unha reunión con Carola Diz Otero, Directora da devandita AHG.

Monforte de Lemos foi a seguinte parada, alí Pitchon foi recibido polo alcalde, Severino Rodriguez, así como polos voceiros municipais do Partido Popular e PSdG-PSOE respectivamente e a Presidenta da asociación de hostaleiros deste concello lucense que destinou 3.575 € ao pobo haitiano a través de Solidariedade Internacional de Galicia.

Entrega do cheque a Pitchon EspadyA visita incluíu tamén a proxección no concello do Carballiño do documental “Un día en Anse a Pitres: Un achegamento á Soberanía Alimentaria en Haití” dirixido por Alejandro Ramírez Anderson. Neste acto, a concelleira de Educación, Cultura e Xuventude desta localidade, Asunción Rivero, fixo entrega dun cheque por valor de 1.413 € a Solidariedade Internacional de Galicia, fondos que serán integramente destinados aos labores de post-emerxencia e reconstrución.

A estas e outras institucións, entre as que destacar ao Concello de Poio (Pontevedra), queremos agradecer a súa solidariedade e compromiso na loita contra a pobreza e a inxustiza social.

NOTA: Se queres recibir un exemplar do documental “Un día en Anse a Pitres: Un achegamento á Soberanía Alimentaria en Haití”, envía unha solicitude a direccion@solidaridadgalicia.org

Etiquetas:

Deixa un comentario

Podes deixar un comentario do artículo Un testemuño haitiano en Galicia.

  1. (obligatorio)
  2. (obligatorio)

  • « Entradas antigas
  • Entradas recentes »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

XHTML Válido | CSS Válido    Creación web: Máis Que Deseño 2009

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza