Solidariedade Internacional de Galicia

Transparencia

¿QUEN SOMOS? MISIÓN, VISIÓN E VALORES DE SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA

Somos unha asociación de personas que entendemos a solidariedade como unha forma de ser e estar no mundo. Apostamos pola erradicación da pobreza e unha redistribución equitativa dos recursos. Cremos firmemente na educación como ferramenta de transformación social e nun modelo económico ao servizo de todalas persoas. Actuamos de forma sostida, con eficiencia, relevancia e vocación transformadora, promovendo a solidariedade da sociedade galega para un desenvolvemento social compartido cos países do Sur.

Somos persoas comprometidas e convencidas do que facemos. Implicámonos coa nosa organización e cremos no noso modelo de acción. Somos responsables coas personas e coa contorna. Temos experiencia e profesionalidade.

MISIÓN

Queremos ser unha entidade recoñecida socialmente polo impacto das nosas accións como xeradoras de cambios positivos nas condicións de vida das persoas. Queremos ser unha entidade democrática, participada e innovadora, que promove a xustiza social a partir dun traballo coherente e complementario en catro campos de actuación:

  • A educación para o desenvolvemento.
  • O comercio xusto.
  • A participación social.
  • A cooperación internacional.

VISIÓN

Con todo, queremos acadar;

  • Focalizar a nosa actuación nestas áreas de intervención: educación para o desenvolvemento, comercio xusto, participación social e cooperación internacional.
  • Lograr a autosuficiencia financieira e unha xestión eficiente de ingresos e gastos.
  • Manter unha estratexia de comunicación, segmentada e innovadora, en diálogo cos nosos grupos de interese.
  • Implantar unha xestión operativa e eficaz, con indicadores de referencia en cada unha das áreas de intervención que nos permitan mellorar continuamente.
  • Garantir a transparencia e o bo goberno.
  • Mellorar a participación das personas da entidade.

Solidariedade Internacional de Galicia estamos suscritos ao código de conducta da Coordinadora Galega de ONGD, unha ferramenta que nos exixe rendir contas das nosas intervencións e nos axuda a mellorar o noso traballo.

Sedes

Órgano de goberno

Equipo técnico

Estatutos 2017

Acta de constitución da entidade

Datos cuantitativos sobre base social

Redes e/ou federacións ás que pertencemos

Financiadores

Entidades colaboradoras

Plan estratéxico 2016-2020

Contas anuais

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza