Solidariedade Internacional de Galicia

Entradas etiquetadas ‘voluntariado’

Curso on-line de voluntariado

18/01/2012

Ser voluntari@ nos tempos de crise que corren Por que? Para que serve? Paga a pena? Dende aquí podo axudar a mellorar a situación de persoas noutros países como Haití, Senegal, Bolivia…? Que significa para min ser ciudadan@ do mundo? Para responder a estas e outras preguntas invitámoste a acompañarnos a unha viaxe polo mundo da cooperación sen saír da túa casa, percorrendo este curso básico de voluntariado on-line.

Empeza enchendo a túa mochila de ideas e experiencias sobre as problemáticas de desenvolvemento e os mecanismos de traballo da cooperación. Continúa o teu camiño coñecendo as diferentes accións que realizamos para cambiar a realidade. Por último, chega á meta e implícate como voluntari@ Non te arrepentirás!

Anímate a coñecer as diferentes etapas desta viaxe. Só dura tres meses e é gratuíto!
Para conseguir máis información e o teu billete de inscrición esperámoste en: www.escueladecooperacion.org

Etiquetas:
Posted in Uncategorized | 1 Comentario »

Vacacións Solidarias 2011

26/05/2011

Vacacións Solidarias 2011O Programa VACACIÓNS SOLIDARIAS dáte a oportunidade de coñecer de primeira mano un proxecto de cooperación ao desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.

O programa ten como obxectivo sensibilizar persoas da sociedade en xeral, e en especial aqueles interesados na cooperación ao desenvolvemento, sobre a realidade que se vive noutros países, así como facilitar unha mellor comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.

Espérase que a través desta experiencia as persoas participantes no Programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS afiancen o seu compromiso por un cambio social e se involucren en accións de promoción de valores e actitudes tendentes a lograr condicións de igualdade para todos e todas, baseándose en criterios de xustiza, paz, equidade, democracia, participación e solidariedade.

Dende hai doce anos a través deste programa centos de persoas colaboraron durante a súa estanza (3 semanas aproximadamente) en actividades de proxectos de cooperación que están en marcha, co propósito de coñecer, traballar e intercambiar coas comunidades e colectivos que están a traballar pola construción do seu propio desenvolvemento. Os e as cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, xunto co persoal das ONG locais coas que traballamos en cada país, coordinan a estanza dos voluntarios e voluntarias.

Unha vez que as persoas participantes estean de volta en España, poderán implicarse en actividades de voluntariado que apoian tarefas de sensibilización relacionadas cos proxectos que desenvolve Solidariedade Internacional de Galicia.

Este ano, 2011, propóñense 5 países de destino e 12 proxectos de cooperación nos cales podes participar.
PARTICIPA, SERÁ A EXPERIENCIA DA TÚA VIDA!

Destinos

Condición xerais

Todas as persoas participantes deben ser maiores de 18 anos e deberán ter o seguinte perfil xeral:

O prazo de inscrición vai dende o 6 de maio de 2011 ata cubrir as prazas.

Unha vez notificado que foi seleccionado, a reserva farase efectiva ao ingresar o 50% do importe da viaxe no prazo indicado. O pagamento do restante 50% realizarase 30 días antes da data de saída. Se cancela a súa viaxe Solidariedade Internacional devolverá a cantidade ingresada menos os gastos de cancelación que impoña a compañía aérea e o custo de inscrición, sempre e cando a cancelación se realice 40 días antes da data de saída.

O prezo inclúe billetes de avión i/v dende Madrid, taxas de aeroporto, seguro de viaxe, manutención, aloxamento e materiais do curso de formación. Non inclúe excursións turísticas, gastos persoais nin impostos de saída do país.

Todas as persoas seleccionadas para viaxar deberán facerse socio/a de Solidariedade Internacional de Galicia. Antes da viaxe realizásense actividades de formación e on-line que serán de obrigatorio cumprimento.

Contacto e inscrición

Se estas interesado/a en participar envía un correo electrónico cos teus datos persoais a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org

Etiquetas: ,
Posted in Uncategorized | 3 Comentarios »

Voluntario/as no centro penitenciario da Lama

17/08/2010

O pasado vernes día 30 de xullo, voluntario/as de Solidariedade Internacional de Galicia visitaron o Centro Penintenciario da Lama. A finalidade da visita foi expoñer á/ós reclusa/os como se invertiron os cartos que grazas, entre outro/as moito/as, a ele/as foron recadados por Solidariedade Internacional de Galicia e destinados a labores de emerxencia e reconstrución en Haití.

Como sabemos, o pasado xaneiro houbo un forte sismo que asolou este país, deixando milleiros de mortos e feridos, enormes danos materiais e centos de miles de damnificados. Ante esta situación, voluntario/ás de Solidariedade Internacional de Galicia puxeron en marcha distintas iniciativas destinadas a recadar fondos para as labores de axuda de emerxencia no que ata o momento xa era un dos países máis pobres de América Latina.

Entre esas iniciativas, incluiuse un Mercadiño Solidario promovido polo grupo de voluntariado de Pontevedra que contou cunha colaboración moi especial, a dos reclusos do Centro Penitenciario da Lama. A través da doazón de pezas de artesanía elaboradas por eles mesmos e posteriormente vendidas no mercadiño, celebrado o 5 de febreiro, recadáronse preto dos 1.500 € que foron destinados integramente a Haití.

Con esta visita, Solidariedade Internacional de Galicia pretendía agradecer a solidariedade mostrada tanto polos reclusos coma polo propio persoal responsable do Centro e amosar a labor realizado ata agora en Haití cos cartos recadados.

Durante unha tarde na que os voluntario/as tiveron, ademáis, a grande oportunidade de coñecer algunhas das instalacións do Centro Penitenciario, reclusos e voluntario/as compartiron un espazo aberto ó diálogo e ós agradecementos mutuos pola labor realizada.

Queremos, dende Solidariedade Inetrnacional de Galicia, agradecer o exquisito trato recibido durante a visita e agardamos que ésta sexa a primeira dunha longa lista de colaboracións.

Etiquetas: ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza