14/07/2010
Como parte do proceso de reflexión internacional do Open Forum, que busca definir un marco de traballo global sobre a eficacia do desenvolvemento dende a visión das ONGDs, os pasados días 28 e 29 de xuño, celebrouse en Santiago o Foro “A eficacia das organizacións da sociedade civil europeas no desenvolvemento”. As conclusións deste proceso servirán de insumo na próxima reunión do Foro de Seul, a celebrar no 2011, ónde se evaluará o avance e estableceranse os próximos pasos na Axenda da Eficacia.
Tras a Declaración de París e o Programa de Acción de Accra, as organizacións da sociedade civil enfrontámonos a un contexto máis complexo e en proceso de cambio de cara a unha nova arquitectura do desenvolvemento, que significa tamén abordar a implementación dunha Axenda da Eficacia da Axuda. Neste senso, xorden espacios de reflexión e análise a nivel nacional e internacional que pretenden abordar o punto de vista das ONGDs neste novo contexto.
O Foro celebrado en Santiago serviu, dunha banda para contribuír ó proceso cos aportes das experiencias das entidades españolas, así coma poñer en común as distintas aproximacións das organizacións europeas. De todo isto, estableceranse conclusións que contribúan ó proceso global do Open Forum.
No acto participaron ONGDs membro do Coordinadora galega e estatal de ONGDs, redes e entidades da sociedade civil do ámbito europeo, representantes da Comisión Europea, o Goberno español, comunidades autónomas e Gobernos locais.
Etiquetas: eficacia, foro, organizacións, santiago
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »
Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.
Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.
Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.
XHTML Válido | CSS Válido Creación web: Máis Que Deseño 2009
Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org