10/10/2011
Para denunciar, visibilizar e esixir responsabilidades á Xunta de Galicia en relación ao recortes en materia de cooperación ao desenvolvemento, envía a túa queixa ao Valedor do Pobo.
Dende a Coordinadora temos elaborado un modelo de carta máis un espazo na nosa web para que coñezas as formas de envío das queixas. Cantas máis cartas enviemos, mellor. Demostremos así que somos moitos e moitas as que estamos a favor da xustiza social e a solidariedade, e en contra da política de recortes da Xunta.
Difundades a campaña entre as túas amizades, compañeiro/as de traballo, familiares… E utiliza as redes socias para compartir o enlace da campaña: http://galiciasolidaria.org/campanas.php?c=4
Sae a rúa contra a pobreza! E infórmanos das túas actividades!
A CORUÑA
Obradoiro do teatro d@ oprimid@
Día: 14 ao 16 de outubro
Pendente confirmación horario e lugar
Organiza: ACSUR Galiza
Teatro contra a pobreza
Día: 14 de outubro
Lugar: Praza do Obelisco
Hora: 18:00
Coordina: Arquitectos sen Fronteiras
ALLARIZ
Exposición «Mulleres maias unidas, queremos ensinar, queremos aprender»
Día: do 10 ao 14 de outubro
Lugar: Fogar do maior (A Barreira, 3)
Hora: de 10:00 a 18:00 horas
Organiza: Arquitectos sen Fronteiras
LUGO
Teatro contra a pobreza
Día: 14 de outubro
Lugar: 1º pase, Praza de Santo Domingo; 2º pase, Praza Maior
Hora: 1º pase, 12:00 horas; 2º pase, 19:00 horas
Coordina: A Cova da Terra
PONTEVEDRA
Teatro contra a pobreza
Día: 13 de outubro
Lugar: Praza da Peregrina
Hora: 18:00 horas
Coordina: AGARESO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Entrega de queixas ao Valedor do Pobo
Día: 11 de outubro
Lugar: sede do valedor do Pobo (Horreo, 65)
Hora: 12 horas
Organiza: Coordinadora Galega de ONGD
Teatro contra a pobreza
Día: 12 de outubro
Lugar: Praza das Platerías
Hora: 12:00 horas
Organiza: Coordinadora Galega de ONGD
Xornada formativa sobre masculinidades
Día: 12 de outubro
Lugar: Praza do matadoiro, 7
Horario: de 9:00 a 20:00 horas
Organiza: InteRed
VIANA DO BOLO
Teatro contra a pobreza
Pendente de confirmación o día e a hora
Organiza: IES Carlos Casares
VIGO
Exposición Portas
Día: do 10 ao 16 de outubro
Lugar: casa das Artes (Policarpio Sanz, 15)
Hora: de 18:00 a 21:30 horas (de luns a venres) e de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 o sábado.
Organiza: Plataforma 2015 y más
Dende a Coordinadora Galega de ONGD apoiamos o movemento 15-M, mesmo participamos no Foro de Asociacións que organizou o colectivo este verán.
Neste sentido, animámosvos a saír á rúa en contra a pobreza nas distintas manifestacións que, o 15 de outubro e baixo o lema «Por un cambio de modelo político, económico e social», terán lugar en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.
Cada persoa conta!
Etiquetas: 15-m, pobreza cero
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »
01/12/2009
Xoves 3 de Decembro – 21:00h
Sala Mondo (Rúa Joaquín Loriga, 3). Vigo
Entrada 2€
Coas actuacións de:
Consulta máis información na web de Pobreza Cero.
Etiquetas: concerto, pobreza cero
Posted in Uncategorized | 1 Comentario »
27/10/2009
O pasado 17 de outubro, tivo lugar en Vigo a manifestación que serviu de peche da “Semana Galega Pobreza Cero”. Unha semana na que outras moitas cidades galegas como Santiago, Ourense, Lugo, Pontevedra, Ferrol ou A Coruña acolleron distintas actividades nas que centos de galegos e galegas puideron mostrar o seu compromiso na loita contra a pobreza.
A Campaña Pobreza Cero constitúe unha das maiores mobilizacións que cada ano, arredor do 17 de outubro, teñen lugar en España e en Galicia, e na que participan a case totalidade das ONGD españolas e galegas, entre elas, Solidariedade Internacional de Galicia.
Nesta ocasión o obxectivo da campaña en Galicia centrouse na reivindicación dun Pacto Galego contra a Pobreza no que os partidos políticos con representación no parlamento galego comprométanse a por en marcha as medidas políticas que require o cumprimento dos Obxectivos do Milenio.
E precisamente por este motivo, o pasado día 16 de outubro, os membros da Comisión de Incidencia da Coordinadora Galega de ONGD´s reuniron no Consello da Cultura Galega a representantes das diferentes forzas políticas galegas, así coma outros actores representativos da sociedade ós que instamos a impulsar a firma dese pacto cuxos contidos poderíanse resumir en:
Solidariedade Internacional de Galicia, como membro da Comisión de Incidencia política da Coordinadora Galega de ONGD´s, está a participar activamente deste iniciativa que, o pasado día 16, non fixo máis que sentar as bases dun proceso que deberá culminar coa firma dese Pacto galego contra a Pobreza.
Etiquetas: pacto galego, pobreza, pobreza cero
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »
Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.
Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.
Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.
XHTML Válido | CSS Válido Creación web: Máis Que Deseño 2009
Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org