Solidariedade Internacional de Galicia

Entradas etiquetadas ‘europa’

Voluntario/as galego/as nas II Xornadas Cívicas Europeas

19/05/2010

Coincidindo coa presidencia española da Unión Europea, Malaga acolleu os pasados dias 7, 8 e 9 de maio as II Xornadas Cívicas Europeas, que baixo o título “Por unha cidadanía social europea” pretenden impulsar unha cidadanía participativa e activa, así como reforzar a función das ONGs como elemento de integración e cohesión social. Voluntario/ás de Solidariedade Internacional de Galicia participaron, xunto a máis de 700 persoas, deste encontro.

Ao longo de tres días e co apoio da Comisión Europea, o Goberno español e diferentes institucións rexionais e locais, as Xornadas Cívicas Europeas 2010 convertéronse nun espazo para a reflexión, o intercambio de ideas e de experiencias.

A loita contra a pobreza e a exclusión social -temática á que a Unión Europea dedicará o 2010-, a igualdade entre homes e mulleres, a nova sociedade intercultural, a educación en valores cívicos ou os dereitos económicos e sociais foron os eixes que vertebraron o contido destes tres días dedicados ao futuro de Europa e á necesidade de involucrar os cidadáns no proxecto europeo.

Solidariedade Internacional, como parte do Comité Organizador, tivo un papel importante na organización destas xornadas que contaron entre os seus relatores con Ana Alcalde, Directora da Fundación Solidariedade internacional con sede en Madrid.

Estas xornadas foron, a sú vez, o márco elixido pola Fundación e Asociacións Territoriais de Solidariedade Internacional para realizar o seu I Encontro de Voluntariado. Unha experiencia que permitiu abrir un novo espazo no que achegar e compartir o labor de todo/ás aquilo/ás que, dende distintos puntos do territorio español, contribúen a facer posible o labor de Solidariedade Internacional.

Neste encontro participaron representantes do voluntariado de Solidariedade Internacional Andalucía, Castela e León, Madrid, País Valenciano, País Vasco e Galicia que tiveron a oportunidade de expoñer as distintas iniciativas postas en marcha dende cada unha das súas asociacións, este é o caso do labor realizado polo/ás andaluces na área de inmigración, as actividades do voluntariado do País Vasco para achegar África a todo o mundo a través do Centro de Recursos Africanistas de Euskadi (CREA-AFRICA), e o traballo realizado por grupos de voluntariado en comercio xusto, sensibilización, formación e apoio loxístico que se leva a cabo en Madrid.

A delegación galega estivo formada por Jorge Rodriguez Vazquez (A Coruña), Paula Lopez Villa (A Coruña), Jessica Nunez Rego (A Coruña), Rubén Campo Gil (Vigo), M. Obdulia Guiance Miguez (Pontevedra) e Vanesa Alvite Pereira (Santiago). Entre todo/ás expuxeron ao resto de asistentes o traballo do voluntariado de Solidaredade Internacional de Galicia en áreas como o Comercio Xusto e a Educación para o Desenvolvemento.

Durante o Encontro concretáronse, así mesmo, os obxectivos e metas de traballo a alcanzar en 2011 polo voluntariado de todas as organizacións de Solidariedade Internacional. A pesar das diferentes circunstancias e contextos de cada organización, acordouse realizar un esforzo por harmonizar e coordinar as diferentes actividades de forma que a acción do voluntariado teña aínda maior repercusión tanto na organización coma na cidadanía en xeral.

Etiquetas: , ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza