12/05/2011
Dende Solidariedade Internacional de Galicia convidámoste a participar no Día Internacional do Comercio Xusto, Sábado 14 de maio, que terá lugar paralelamente en seis cidades galegas:
Poderás disfutar dás seguintes actividades: degustación de produtos de comercio xusto, música, exposición e venta de produtos, obradoiros para nen@s e animación de rúa.
Valo perder?
Etiquetas: comercio xusto, exposición, obradoiros
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »
16/03/2011
Os vindeiros 25 e 26 de marzo, no Auditorio Municipal de Lalín, mulleres procedentes de Sri Lanka, Cabo Verde e Nicaragua participarán dun encontro con mulleres de toda Galicia no que se analizarán aspectos coma o papel da muller como produtora e consumidora de alimentos, a soberanía alimentaria como o dereito dos pobos e comercio xusto como ferramenta de loita contra a desigualdade de xénero e social. Ler máis.
Solidariedade Internacional de Galicia suma o seu esforzo ó de outras entidades galegas que traballan no eido do comercio xusto e o consumo responsable para impulsar a campaña “As mulleres alimentan o mundo”.
Este proxecto pretende incidir no eido da Muller e o comercio xusto, concretamente busca atopar sinerxias entre mulleres do rural galego a as mulleres produtoras do Sur, que participan en proxectos ou iniciativas de comercio xusto.
A importancia do papel da muller como proveedora de alimentos no Sur e consumidora final no Norte, e a necesidade de abordar a desigualdade de xénero no ámbito da cooperación ó desenvolvemento, e a liña argumental dos contidos desta iniciativa.
Como acto central da mesma, os dias 25 e 26 de marzo celebrarase un encontro internacional no que se expoñerán as situacións de desigualdade, e explotación ás que se enfrontan as mulleres rurais tanto no Norte coma no Sur, as particularidades de cada unha das áreas xeográficas representadas e a contribución que, dende o consumo, se fai de cara a perpetuar ditas situacións. Así mesmo, e a modo de conclusión abordarase cómo dende o movemento de Comercio Xusto pódense introducir cambios de cara á consecución dunhas relacións comerciais máis xustas e equitativas.
Se queres asistir, cubre este formulario e sigue as indicacións.
O programa do encontro é o seguiente:
Venres 25 de marzo
Sábado 26 de marzo
* Grupo 1: Comercio Xusto e Soberanía Alimentaria.
* Grupo 2: Comercialización e estratexias de mercado.
* Grupo 3: Consumo Responsable: Educación ó consumo.
Etiquetas: comercio xusto, encontro, Lalín, soberanía alimentaria
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »
27/12/2010
Como cada ano, con motivo das tradicionais cabalgatas de reis, cóntanse por toneladas os caramelos que son distribuidos entre os nenos e nenas galegos/as. Tamén, cada ano, tanto dende a Asociación de Celíacos de Galicia como dende Solidariedade Internacional de Galicia éste é o momento para reivindicar que estes caramelos sexan libres de glute e elaborados segundo os criterios de Comercio Xusto, deste xeito, ambas entidades reclaman o compromiso das instituciós locais galegas coas súas respetivas causas que, tanto nun caso coma noutro, teñen coma obxectivo mellorar as condicións de vida de milleiros de persoas.
Este ano e por primera vez, o obxectivo é único e a campaña para impulsar la incorporación de caramelos de Comercio Xusto e sen glute será realizada de maneira conxunta entre ACEGA e Solidariedade Internacional de Galicia.
Durante este nadal, as dúas organizacións galegas porán en marcha unha iniciativa dirixida a todos os concellos da nosa comunidade, algúns dos cales xa levan traballando nesta líña dende hai anos.
Para ampliar a información poden chamar ó 657 202 890 (María Paz – Solidariedade Internacional de Galicia) ou ó 679 461 003 (Isabel – ACEGA).
Etiquetas: acega, cabalgata, caramelos, comercio xusto
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »
13/12/2010
Contanse por toneladas as cantidades de caramelos que, cada ano, repártense entre nenos e nenas de todos os concellos galegos con motivo da celebración do día de reis. Optar pólo Comercio Xusto pode ser, neste caso, unha opción de compra que sirva, dunha banda para amosar o compromiso das institucións públicas cos dereitos dos traballadore/as do Sur, o tempo que serve de exemplo ó resto da cidadania. Leer mais.
Dende Solidariedade Internacional de Galicia cada nadal promovemos a incorporación de caramelos de Comercio Xusto nas tradicionais cabalgatas de reis. Unha orixinal e sinxela forma de promover dende as administracións públicas o Comercio Xusto e o consumo responsable.
Os caramelos de Comercio Xusto son, en concreto, unha alternativa que axuda a mellorar as condicións de vida de centenares de pequenos agricultores de dúas cooperativas de Isla Mauricio e Paraguay respectivamente.
Fai o teu pedido no 981 24 35 06 ou envia um e-mail a direccion@solidaridadgalicia.org
Etiquetas: cabalgata, caramelos, comercio xusto, reis
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »
13/12/2010
As empresas son tamén consumidoras e, como tales, poden ter no Comercio Xusto unha forma responsable de exercer o seu poder para facer un mundo mellor.
Solidariedade Internacional de Galicia ten en marcha unha campaña a través da cal facilítase a incorporación destes produtos no ámbito empresarial a través da venda e sensibilización ó personal empregado. Como parte desta iniciativa, cada Nadal ofrecemos a oportunidade de confeccionar lotes e cestas de produtos de Comercio Xusto.
As cestas de Nadal de Comercio Xusto están compostas por produtos de alimentación de alta calidade. Os lotes son presentados en cestas de fibra natural producidos por cooperativas de Comercio Xusto de Bangladesh e Vietnam recheas de viruta de madeira limpa.
Fai o teu pedido no 981 24 35 06 ou envia un e-mail a direccion@solidaridadgalicia.org
Etiquetas: cesta, comercio xusto, empresas
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »
24/09/2010
O pasado luns, a tenda de Comercio Xusto de A Coruña abriu as súas portas nunha nova ubicación. O número 2 da rúa Alcalde Canuto Verea, moi preto da rúa Real, pasa a ser así un novo espazo ónde achegarse a un modelo de comercialización que defende os dereitos laborais dos traballadores e traballadoras do Sur.
Unha céntrica rúa da cidade que permititrá dar a coñecer esta alternativa comercial a un maior número de persoas. Produtos de alimentación, artesanía, textil… que contribúen a mellorar as condicións de vida de milleiros de homes e mulleres de países en Africa, América Latina e Asia.
O Comercio Xusto pode ser unha poderosa ferramenta na loita contra a pobreza. Achégate o novo establecemento de Solidariedade Internacional de Galicia en A Coruña e comprobao.
Recorda, na rúa Alcalde Canuto Verea, número 2 e, se queres chamar, o teléfono é o 881 92 92 02.

Etiquetas: comercio xusto, coruña, tenda
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »
14/07/2010
O pasado domingo día 4 de xullo tivo lugar no concello de Padrón a campaña Comercio con-Sentido onde membras e membros de Solidariedade Internacional de Galicia realizaron varias actividades indagando nas diferentes formas de comercialización tradicional de varios produtos coma o cacao, o té, o café, o azucre e o algodón que se obteñen de xeito case ilícito vulnerando os dereitos laborais de moitas persoas.
Sabemos que a maioría da poboación en xeral non é consciente de que os produtores e produtoras no Sur son sistematicamente explotados a cambio dun salario mísero, por iso é moi importante que se leven a cabo estas campañas e que cheguen ao maior número de xente posible. Afortunadamente o concello de Padrón opina do mesmo xeito, e brindounos esta magnífica oportunidade de poder difundir esta realidade tan incómoda e silenciada en tantas ocasións.
A campaña de Solidariedade Internacional de Galicia “Comercio Con-Sentido” en Padrón contou con cinco stands onde se daba información sobre a realidade “escura” que rodea a algúns alimentos que soemos consumir na nosa vida cotiá como son o café, o té, o algodón, o cacao e o azucre. Produtos cuxa procedencia cultural nos son afastadas e cunha poboación que sufre o azote da presión das grandes compañías. Asemade, se aportaban outros datos relacionados coa súa orixe, variedades, características e curiosidades… Como colofón, os e as asistentes puideron deleitar dunha ampla variedade de refrixerios de Comercio Xusto.
Por outra banda, os stands estiveron acompañados dunha exposición de 11 despregables onde se recollía información xeral sobre as normas que rexen o comercio internacional representadas a traveso destes cinco comestibles que consumimos tan habitualmente. Ditos despregables recollen todo o proceso de producción e comercialización achegándonos á magoada realidade do productor ou productora a causa do férreo control de prezos que exercen as multinacionais.
Etiquetas: comercio xusto, padron
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »
05/05/2010
Un ano máis e co galo do Día Mundial do Comercio Xusto, Solidariedade Internacional de Galicia sae a rúa para achegar este movemento a galegos e galegas. Distintas cidades e vilas galegas acollerán unha festa na que a loita contra a explotación do Sur é a protagonista. Se queres colaborar como voluntario/a nalgunha das propostas para esta xornada, contacta con nós enviando un mail a voluntariado.coruna@solidaridadgalicia.org
A pobreza, o cambio climático e a crise financeira están manufacturados. Isto pode cambiar. O Comercio Xusto aporta unha inversión vital ao produtor e á práctica empresarial sostible globalmente. O Día Mundial do Comercio Xusto é un gran día para o planeta, é unha celebración internacional con acontecementos que terán lugar en máis de 80 países.
Solidariedade Internacional de Galicia non é allea a esta data e, como vimos facendo dende hai xa máis de 12 anos, estamos a organizar distintas propostas que inclúen almorzos, mercados, degustacións, actividades de rúa…
Unha festa que celebraremos en colaboración con outras organizacións de Comercio Xusto coas que estamos a traballar conxuntamente a través da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGDs.
Consulta as cidades e datas propostas e participa da celebración:
Etiquetas: comercio xusto
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »
Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.
Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.
Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.
XHTML Válido | CSS Válido Creación web: Máis Que Deseño 2009
Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org