Tecendo Historias de Muller
Tecendo historias de muller é a campaña educativa que Solidariedade Internacional de Galicia levará a cabo na nosa Comunidade Autónoma neste ano 2011 e que continuará no 2012 e que está financiada pola Xunta de Galicia dentro da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior.
O traballo no tema de xénero é imprescindible para a nosa organización polo que esta nova iniciativa, pretende continuar co proceso de sensibilización sobre equidade de xénero que comezamos no ano 2002 con propostas como Mundo; non é masculino singular e que continuou con Escravas no século XXI, Explotadas e Iguais no 2015.
Con esta nova iniciativa pretendemos:
- Dunha banda difundir os compromisos internacionais adquiridos no Cumio do Milenio ( no ano 2000) a través do ODM3: promover a equidade entre os xéneros e a autonomía da muller.
- Doutra banda, tratar de promover a toma de conciencia da problemática da desigualdade de xénero e a comprensión das súas causas estruturais, particularmente nos países en desenvolvemento, para así aumentar a vontade de participación no traballo de xénero.
Nese fin que persegue a organización, de integrar a Cooperación nos países empobrecidos, coa Sensibilización e a Educación para o Desenvolvemento na nosa Comunidade Autónoma, propomos esta iniciativa que une as dúas vías de traballo da ONGD: a campaña educativa Tecendo Historias de Muller e os proxectos de cooperación que están traballando o tema de xénero nos distintos países nos que ten presenza Solidariedade Internacional de Galicia.
Para iso, desenvolverase unha iniciativa na que se realizaran diversas actividades:
Obradoiros nos centros de ensino secundario de Galicia.
Estes obradoiros comezarán no mes de Novembro e a continuación relacionamos os que neste momento están participando:
- Lugo
- IES Poeta díaz Castro. Guitiriz. 22 de Novembro
- IES Dionisio Gamallo Ferro. Ribadeo. 29 de Novembro
- Coruña
- IES Melide. Melide. 16 de Novembro
- IES Isidro Parga Pondal. Carballo. 17 de Novembro
- IES Alfonso X O Sabio. Cambre. 18 de Novembro
- IES Ames. Ames. 28 e 30 de Novembro
- IES Mugardos. Mugardos. 2 de Decembro
- Pontevedra
- IES San Paio de Tuí. Tuí . 21 de Novembro
- IES Castro Alobre. Vilagarcía de Arousa. 25 de Novembro.
- Ourense
- IES Allariz. Ourense. 15 de Novembro
- IES Blanco Amor. Ourense
A través dun xogo, educadoras de Solidariedade Internacional de Galicia traballaran coas mozas e mozos os ámbitos no que a desigualdade entre mulleres e homes está presente.
Este xogo deseñouse a través do traballo en xénero realizado polas cooperantes da organización en países como Bolivia, Guatemala, Palestina e Senegal e as historias de vida de mulleres e homes destinatarias/os de este traballo que se traduce en proxectos de cooperación.
As mozas e mozos que participan na campaña participaran nun concurso de relatos e de fotografía que teñan de fondo os temas tratados nos obradoiros.
Resumo das bases do Concurso Tecendo Historias de Muller
Creación do libro Tecendo Historias de Muller
Esas mesmas historias de vida que nos serviron para deseñar os obradoiros educativos, serán noveladas por autoras e autores galegas/os de renome e xunto cos relatos e fotografías do concurso xuvenil, serán as que se recollan nun libro que terá o título de Tecendo historias de muller.
Teatro de Rúa
No mes de Marzo do 2012, desenvolverase unha campaña de información e sensibilización cara a cidadanía galega a través de espectáculos de rúa (sketchs teatrais) sobre a situación de desigualdade á que se enfrontan as mulleres nos países empobrecidos, incidindo no compromiso adquirido polo goberno español a través dos Obxectivos do Cumio do Milenio, en diferentes localidades galegas.
Se estás interesado nesta campaña, contacta connosco a través do email; sensibilizacion@solidaridadgalicia.org
Tamén podes visitar a páxina de Facebook da campaña:





