Non te consumas
Un ano máis poñemos en marcha a nova campaña de educación para o desenvolvemento dirixida a centros educativos galegos e que este ano ten por título Non te Consumas.
Non te Consumas pretende seguir a liña comezada fai tres anos por Solidariedade Internacional de Galicia con Comercio Con-Sentido, e continuada coa campaña Traballo Decente para unha vida Decente. Si ben nas campañas anteriores falamos do comercio internacional a través da explicación dos actores implicados neste, ou da situación dos dereitos laborais nos países en vías de desenvolvemento, con Non te consumas a temática a tratar será a do consumo responsable. De nada serve comprender a inxustiza social, se non interiorizamos as causas do subdesenvolvemento e se non comprendemos que a loita é unha loita común. O ritmo acelerado có que vivimos, impídenos pararnos a valorar as causas e as consecuencias do sistema que rexe o noso día a día, impide darnos conta de que esas causas e esas consecuencias teñen unha repercusión moito maior da que podemos observar. A procura da felicidade no Norte, baseada no artificial, produce unha insatisfacción permanente que tan só se sinte aliviada medianamente aspirando a bens innecesarios cómo único fin. Este modelo de consumo está á súa vez promovido e sustentado baixo outro modelo, o de producción, ubicado no outro extremo da roda que xira a un ritmo cada vez máis acelerado, nunha loita polos recursos naturais, nun maltrato o medio ambiente e baixo unha situación permanente de explotación laboral.
Creemos necesario promover a reflexión e crítica entre a sociedade galega do modelo de consumo actual, dar a coñecer as súas consecuencias inmediatas e máis lonxanas, así como informar, formar e ofrecer recursos para exercer un consumo máis responsable e ético.
Non te Consumas leva consigo a realización de diferentes accións destinadas a poboación galega en xeral e a xuventude galega en particular.
Esta semana arranca a campaña coas primeiras visitas dunha longa listaxe de centros educativos da nosa comunidade autónoma que, a continuación, podes consultar.
- Lugo
- IES Dionisio Gamallo Ferro. Ribadeo. 3 e 30 de novembro.
- IES Poeta díaz Castro. Guitiriz. 26 de outubro e 26 novembro.
- Coruña
- IES Mugardos. Mugardos.
- IES Melide. Melide.
- IES Isidro Parga Pondal. Carballo.
- CPI San Vicente. La Baña.Santiago.
- CPI de Vedra.
- CENTRO Cívico Labañou.
- CENTRO Cívico Monelos.
- Pontevedra
- IES Castro Alobre. Vilagarcía de Arousa. 9 e 30 de novembro.
- IES A Xunqueira I. Pontevedra.
- CEIP Espedregada. Poio. 5 de novembro e 3 de decembro.
- IES San Paio de Tuí.
- Ourense
- IES Allariz. Ourense. 29 de outubro e 19 de outubro.
- IES Chamoso Lamas. Carballiño. 26 de outubro, 23 novembro e 21 de decembro.
- IES Carlos Casares.Viana do Bolo. 20 de novembro, 27 de novembro e 18 de decembro.
- CPI Virxen da Saleta. Cea.
O pasado día 20, os monitores e monitoras que impartirán a campaña participaron dun curso de formación a cargo da responsable do Departamento de Educación para o Desenvolvemento e Sensibilización, María Caride Delgado.
Se estás interesado nesta campaña, contacta connosco a través do mail; sensibilizacion@solidaridadgalicia.org.





