Dignificación dos dereitos laborais
Durante o 2008 e o 2009 Solidariedade Internacional de Galicia en coordinación con ISCOD, estivo traballando na Comunidade Autónoma Galega pola Dignificación dos Dereitos Laborais. Co obxectivo de promover actitudes comprometidas cos dereitos laborais das traballadoras e traballadores do Sur.
Con esta campaña Solidariedade Internacional de Galicia e ISCOD pretenden achegar a poboación en xeral e en particular o alumnado o coñecemento da realidade que viven diariamente as persoas situadas no principio da cadea dun sistema de mercado inxusto, fomentando a súa participación activa dentro del, a través de pequenas accións como último eslavón de esa cadea.
Dignificación polos Dereitos Laborais promove o interese polo que está a ocorrer neste mundo, a nosa responsabilidade dentro del, e infórmase de que recursos temos cada unha e un de nós para que o cambio sexa posible, fomentando a participación social, desenvolvendo a capacidade crítica, e procurando un cambio de valores e actitudes.
Realizáronse diversas actividades para chegar os obxectivos que pretendían Solidariedade Internacional de Galicia e ISCOD:
- Xornadas nas que se realizou un video-forum sobre o documental Maquiladoras, nas comarcas de Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vilagarcía, Lugo, Valdeorras, Monforte, Ourense e Santiago.
- Para sensiblizar ao alumnado sobre a dignifiacaión dos dereitos laborias realizáronse durante principios do 2009 e neste momento continúan a desenvolver obradoiros en centros educativos de secundaria, campamentos de verán e nas actividades de verán dos Concellos de Vilagarcía de Arousa, Camariñas, Padrón, Laxe, Cangas, Ferrol.
Como unha proposta máis no marco desta campaña, todo/as o/as alumno/as participantes, colaboraron na edición dun xornal cuxa distribución permitirá achegar os contidos desta iniciatva a outros moitos galegos e galegas.
Se queres consultar o periodico, pincha aquí.
- Realizarase o vindeiro mes de novembro do 2009 un acto final de campaña no que se repartirá un xornal no que se recollerá o traballado realizado cas mozas e mozos nos obradoiros que se concreta en artigos de opinión que formaran parte do xornal.
Os materiais realizados foron bolsas de tela de comercio xusto coa imaxe da campaña, guías didácticas Traballo decente para unha vida decente e xornal sobre dereitos laborais.
Para máis información escríbenos a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org





