Solidariedade Internacional de Galicia

Colabora con Haití

Contos do mundo: Irene no Sáhara

Este ano 2009 as nenas e os nenos galegos visitaran da man da nosa amiga Irene os Campamentos de Refuxiados Saharauís. A través de lendas e contos populares do Sahara, Irene levará as cativas e cativos galegos por unha viaxe onde dará a coñecer a situación da poboación refuxiada Saharauí.

Contos do mundo: Irene no SáharaIrene no Sahara enmárcase dentro da campaña CONTOS DO MUNDO. A nena Irene, filla de cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, leva tempo dando a coñecer as nenas e nenos galegos a realidade de países que viven en condicións máis desfavorables: Senegal, Andes e Centroamérica. Este ano Irene visitará os Campamentos de Refuxiados Saharauís.

CONTOS DO MUNDO quere fomentar a  interculturalidade, para erradicar futuros comportamentos racistas, xenófobos, etnocentristas e a creación de prexuízos e estereotipos culturais e sociais. A través de lendas populares saharauís  fomentaranse valores como a tolerancia, o respecto á diversidade, e o enriquecemento mutuo que nos proporcionan as diferentes culturas.

Para completala visión sobre como está a vivir o pobo saharauí, varias persoas que en outubro do 2008  viaxaron os campamentos de refuxiados, formaron un grupo para sensibilizar sobre a situación nos campamentos de refuxiados a través de diferentes iniciativas como a creación dunha exposición fotográfica explicando esta realidade.

Contos do mundo: Irene no SáharaEsta exposición está formada por 20 fotografías de cartón-pluma que reflexa a realidade do pobo saharauí a través da experiencia e a convivencia nos campamentos das voluntarias e voluntarios de Solidariedade Internacional de Galicia.

As destinatarias e destinatarios para este  proxecto educativo son as e os escolares do 1º ciclo de primaria e poboación en xeral.

As actividades que se levarán a cabo para acadar os obxectivos serán:

  • Funcións de monicreques en distintas comarcas da provincia de A Coruña  e Pontevedra. A Campaña desenvolverase a partir do mes de Novembro de 2009.
  • Exposición fotográfica itinerante que estará presente en lugares públicos de comarcas da provincia de A Coruña e do concello de Pontevedra.
  • Editaremos o libro de contos de Irene no Sahara.

Preto de 500 nenos e nenas coñeceron a Irene e as súa aventuras no Sahara a través dos monicreques

Alumno/as de primaria dos Concellos de Padrón, Malpica e Pontevedra participaron nas distintas representacións teatrais que, dende Solidariedade Internacional de Galicia, organizáronse para o/as máis cativo/as.

Nunha nova aposta polo traballo educativo de cara a promover o coñecemento da realidade que nos rodea, os contos foron, unha vez máis, a ferramenta empregada. E, se en anteriores edicións foron os países de América Central ou dos Andes os escollidos para falar das súas xentes e cultura, este foi o turno do Sahara Occidental e da poboación refuxiada no deserto arxelino.

Irene no Sahara esta financiado pola Deputación de A Coruña e o Concello de Pontevedra.

Para máis información escríbenos a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

Últimas imaxes

Visita a galería de imaxes de Solidariedade Internacional Galicia.

Vacacións Solidarias
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro
A Noite Solidaria
Elige Comercio Justo

XHTML Válido | CSS Válido    Creación web: Máis Que Deseño 2009

Solidariedade Internacional de Galicia | Rúa Cordelería, 79 Bajo 15003 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza