Solidariedade Internacional de Galicia

Vacacións Solidarias

Contos do Mundo: Irene en América Central

Este ano 2011 as nenas e os nenos da provincia de Pontevedra visitaran da man da nosa amiga Irene América Central a través de lendas e contos populares de países coma: Guatemala, Nicaragua, Honduras e O Salvador.

Irene en América Central enmárcase dentro da campaña CONTOS DO MUNDO. A nena Irene, filla de cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, leva tempo dando a coñecer as nenas e nenos galegos a realidade de países que viven en condicións máis desfavorables: Senegal, Andes e Sahara.

CONTOS DO MUNDO é unha campaña de educación multicultural, que fomentar o coñecemento doutras culturas para erradicar futuros comportamentos racistas, xenófobos, etnocentristas e a creación de prexuízos e estereotipos culturais e sociais.

Os monicreques serán a fórmula escollida nesta ocasión para dar vida ós personaxes destas historias que continúan a súa andaina por Galicia na procura de facer que, dende ás idades máis temperás, os nenos e nenas se acheguen ó mundo da solidariedade e o compromiso pola igualdade.

Os concellos de Bueu e Vilagarcía de Arousa participaran nas distintas representacións teatrais que, dende Solidariedade Internacional de Galicia se organizan para o/as máis cativo/as.

CONCELLO DE BUEU 27 DE OUTUBRO
Lugar: Centro Social do Mar: R/ Avd Montero Rios
Horas: 11:30
Asistentes: Alumnado de 1º e 2º ciclo dos CPI A Pedra e do CPR Virxe Milagrosa.

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA 21 DE NOVEMBRO
Lugar: Auditorio Municipal, Avda. da Mariña, 27
Horas: 19:00 horas
Asistentes: Público en xeral

Contos do Mundo: Irene en América Central esta financiada pola Deputación de Pontevedra.

Para máis información escríbenos a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

XHTML Válido | CSS Válido    Creación web: Máis Que Deseño 2009

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza