Solidariedade Internacional de Galicia

Concellos solidarios

Neste recuncho da web, poderedes atopar as propostas educativas que dende a asociación estamos apoñer en marcha, de cara a colaborar cos concellos Galegos.

concellossolidarios02Así mesmo, queremos que este sexa un espazo de recoñecemento para aqueles concellos que sabedores da labor que realizamos, contan con nos para levar a cabo ano tras ano as súas actuacións no marco da solidariedade e a educación e sensibilización en materia de comercio xusto.

Entre os obxectivos deste apartado están, ademáis de ser un espazo de información, difundir as distintas actividades que SIG faga cos concellos, a través da recompilación de noticias de prensa, albumes fotográficos, etc.

Propostas Educativas de SIG

concellossolidarios01Fai un tempo, que a nosa asociación está a poñer en marcha 4 propostas educativas, as que poden acceder os diferentes concellos da comunidade galega.

Con cada unha das nosas propostas, pretendemos sensibilizar a cidadanía a situación que se vive noutros paises menos favorecidos, tanto polas guerras, como pola explotación que os países do sur, sofren a mans paises do Norte. O tempo, pretendemos ofrecerlles as ferramentas para cambiar estas situacións.

Estas propostas son:
concellossolidarios03

  • Coñecendo o Conflito Palestino, Dende 1994, Solidariedade Internacional de Galicia mantén un apoio constante á sociedade palestina, adaptándose á cambiante realidade dos territorios, intentando responder ós retos que se prantexaban en cada momento.
    Neste momento, no que diversos acontecementos lavaron a que o conflito palestino xa non esté na portada de xornais e telexornais, SIG busca dar visibilidade a terrible situación que están a vivir milleiros de palestinos e palestinas, o tempo que fomentamos a actitude crítica da cidadanía, ante as inxustizas que se están a cometer.
    A tal fin, propoñemos tres actividades:

    • Comezaremos con unha conferencia a cargo de varios poñente que coñecen de primeira man o conflito, compartirán os seus coñecementos co público asistente. Como introdución á conferencia proxectarase un documental producido por Solidariedade Internacional e realizado durante a estancia de Carlos Sánchez nos territorios.
    • Ciclo de Cine, no que se proxectaranse 4 películas ,ambientadas no conflito palestino.
    • Unha exposición fotográfica producida por Solidariedade Internacional de Galicia. Confórmana 20 paneis, de aproximadamente 70×40, nos que se combinan fotografías e texto nos que se explica, a dobre problemática á que se enfrontan as mulleres en Palestina; por unha parte, ó conflito co pobo israelí e pola outra o feito de ser muller na súa cultura. As fotografías foron realizadas por Rafael Marchante que dende 1997 colabora habitualmente có diario EL PAÍS na delegación de Málaga, así como coa AXENCIA EFE na mesma cidade.
  • Sahara, vivindo como refuxiado no deserto: Proposta deseñada para achegara realidade dos refuxiados saharahuís, a toda a poboación do concello. A tal fin, propoñemos tres adaptadas a idade de cada sector da poboación a que pretendemos chega. Así para primaria, botaremos man dun contacontos, co que dunha forma lúdica e sinxela os nenos e nenas poderán coñecer a realidade que viven día a día os nenos e nenas que viven no Sahara como refuxiados de guerra.
    En concreto, nesta ocasión, a actividade levarase a cavo o redor do libro “Irene no Sahara”. Nel recupéranse contos populares saharauís de transmisión oral.
    Para os alumnos e alumnas de ESO, pensamos coloquio entre os rapaces/as , un monitor/a de SIG e un poñente que están familiarizado ca problemática saharauí, apoiado por un documental da RADS TV, onde se ve o duro camiño que leva a xente ata o campo de refuxiados.
    Por último para o público de mais idade e para todos os que desexen achegarse, propoñemos unha exposición fotográfica, que ten como valor engadido, o feito de ter sido realizada polos voluntarios/as de Solidariedade Internacional de Galicia, durante a súa viaxe a os campamentos de refuxiados saharauís, dentro do marco do programa “Vacacións Solidarias”.
    Tamén poderán disfrutar dun ciclo de cine onde apoiamos o visionado de varios documentais, cunha coidada ambientación e diferentes obradoiros que se levarán a cabo tras cada sesión de cine.
  • Comercio Con Sentido: Preténdese dar a coñecer as regras que rixen o actual sistema de comercialización a nivel mundial, así coma os actores que interveñen e o papel que cada un de eles xoga nas diferentes fases que caracterizan a este sistema.
    Comezaremos co visionado dunha curta onde se reflicte o circulo consumista no que a nosa soicedade se ve sumerxida. Acompañamos curta cunha charla onde explicaremos os principios que defende o Comercio Xusto e os actores que interveñen neste tipo de comercio. Como remate final, poderánse degustar unha serie de produtos de comercio xusto co que se fará tanxible toda a información que lles proporcionamos.
    Mentres están a disfrutar desta degustación, poderán botar un ollo a Exposición Comercio Con-Sentido, composta por 11 desplegables onde se recolle información xeral sobre o Comercio Internacional e as regras que o rixen e todo isto exemplificado en cinco produtos concretos que consumimos habitualmente, estes son; cacao, café, te, azucre e algodón. A través deste exemplos poderemos coñecer dende cómo ou baixo que condicións se producen ata como se fixa o seu prezo no mercado mundial ou como se distribúen os beneficios.
    Por último propoñemos unha Feira do Comercio Xusto:
    A feira consistiría en cinco stands temáticos, en cada un dos cales os visitantes poderán achegarse á realidade de produtos como o cacao, o azucre, o algodón, o té e o café proporcionando información a cerca da orixe, produción, comercialización, características e variedades do produto, así coma ós problemas ós que os produtores se enfrontan ata que estes chegan ás nosas mans (barreiras arancelarias, patentes, explotación laboral, danos ambientais, etc…). Tamén poderán observarse as diferenzas entre unha e outra variedade, o froito/árbore/planta da que proceden ou os seus derivados. Así mesmo, amosáraselle ós asistentes as alternativas que para cada un deles existen nas redes do Comercio Xusto.
  • Sensibilización e Promoción da cultura da solidariedade: Este proxecto Solidario, pretende fomentar a cultura da solidariedade entre mozos e mozas do municipio. Este proxecto desenvolverase nos I.E.S. do Concello, achegando ó alumnado destes, conceptos como o de participación social, fomentando unha capacidade crítica entre a xuventude, e dando a coñecer aspectos da situación mundial actual.
    A campaña desglosase en dous bloques de actuación, que corresponden á idade dos destinatarios/as:

    • Primeiro Bloque, para alumnos/as de primeiro ciclo de ESO prantexa actividades encamiñadasa introducir os rapaces e rapazas, na cultura da solidariedade. Como conclusión o obradoiro, elaborarase un Xornal, onde expoñerán os seus artigos sobre os Obxectivos do Milenio.
    • Segundo Bloque, para o alumnado do segundo ciclo da ESO, aportaralles coñecemento da situación que sufre a poboación de distintos paises (Refuxiados Saharauís, Indíxenas de centro e Sudamérica, e o Conflito Palestino) este bloque ten como finalidade, fomentar unha actitude crítica nos alumnos/as, fronte a estas situacións.
      Como remate final do obradoiro, os rapaces e rapazas elaborarán unhas curtas que se proxectarán nunha sesión sinal a que acudirán un membro do concello, de SIG e o director do Instituto.

Para máis información escríbenos a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org

Concellos colaboradores:
PadrónFerrolCangasVilagarcíaCarballiño

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza