Campañas de sensibilización
Coñece as campañas de sensibilización de Solidariedade Internacional de Galicia. Para máis información escríbenos a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org
Coñece as campañas de sensibilización de Solidariedade Internacional de Galicia. Para máis información escríbenos a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org
Un ano máis poñemos en marcha a nova campaña de educación para o desenvolvemento dirixida a centros educativos galegos e que este ano ten por título Non te Consumas. Ler máis
Durante o 2008 e o 2009 Solidariedade Internacional de Galicia en coordinación con ISCOD, estivo traballando na Comunidade Autónoma Galega pola Dignificación dos Dereitos Laborais. Co obxectivo de promover actitudes comprometidas cos dereitos laborais das traballadoras e traballadores do Sur. Ler máis
Este ano 2009 as nenas e os nenos galegos visitaran da man da nosa amiga Irene os Campamentos de Refuxiados Saharauís. A través de lendas e contos populares do Sahara, Irene levará as cativas e cativos galegos por unha viaxe onde dará a coñecer a situación da poboación refuxiada Saharauí. Ler máis
Neste recuncho da web, poderedes atopar as propostas educativas que dende a asociación estamos apoñer en marcha, de cara a colaborar cos concellos Galegos. Ler máis




Dende Solidariedade Internacional de Galicia, comprendemos, cremos e apostamos pola Educación para o Desenvolvemento e a Sensibilización como chave de cambio para conseguir crear estructuras máis xustas e poder lograr así a tan ansiada xustiza social.
Entendemos a Educación para o Desenvolvemento e a Sensibilización ( seguindo a definición da Coordinadora Galegas de ONGDs), coma un proceso para xerar conciencias críticas, facer a cada persoa responsable e activa a fin de construír unha nova sociedade civil, tanto no Norte coma no Sur comprometida coa solidariedade, entendida esta como corresponsabilidade – no desenvolvemento estamos todos embarcados, xa non hai fronteiras nin distancias xeográficas-, e participativa, nas que as súas demandas, necesidades, preocupacións e análises, se teñan en conta a hora de tomar decisións políticas, económicas e sociais.
Solidariedade Internacional de Galicia a través das súas campañas de sensibilización pretende chegar a toda a poboación galega promovendo valores coma a solidariedade, a paz, a tolerancia, a xustiza social, a sensibilización ecolóxica, o consumo responsable, etc, coa intención de provocar cambios nas súas propias vidas e nas das súas localidades. Ten ampla experiencia realizando accións permanentes de sensibilización en máis de 25 concellos de toda Galicia.
Solidariedade Internacional presta especial atención o traballo no entorno educativo, como axente que contribúe a formar as cidadás e cidadáns do futuro. Ten ampla experiencia na realización de accións educativas permanentes en máis de 41 centros de ensino secundaria e 57 centros de ensino primaria.
Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.
Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.
Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.
Visita a galería de imaxes de Solidariedade Internacional Galicia.
XHTML Válido | CSS Válido Creación web: Máis Que Deseño 2009
Solidariedade Internacional de Galicia | Rúa Cordelería, 79 Bajo 15003 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org