Solidariedade Internacional de Galicia

Colabora con Haití

Santiago acolleu o foro “A eficacia das organizacións da sociedade civil europea no desenvolvemento”

Publicado o 14/07/2010 por admin

A eficacia das organizacións da sociedade civil europea no desenvolvementoComo parte do proceso de reflexión internacional do Open Forum, que busca definir un marco de traballo global sobre a eficacia do desenvolvemento dende a visión das ONGDs, os pasados días 28 e 29 de xuño, celebrouse en Santiago o Foro “A eficacia das organizacións da sociedade civil europeas no desenvolvemento”. As conclusións deste proceso servirán de insumo na próxima reunión do Foro de Seul, a celebrar no 2011, ónde se evaluará o avance e estableceranse os próximos pasos na Axenda da Eficacia.

Tras a Declaración de París e o Programa de Acción de Accra, as organizacións da sociedade civil enfrontámonos a un contexto máis complexo e en proceso de cambio de cara a unha nova arquitectura do desenvolvemento, que significa tamén abordar a implementación dunha Axenda da Eficacia da Axuda. Neste senso, xorden espacios de reflexión e análise a nivel nacional e internacional que pretenden abordar o punto de vista das ONGDs neste novo contexto.

O Foro celebrado en Santiago serviu, dunha banda para contribuír ó proceso cos aportes das experiencias das entidades españolas, así coma poñer en común as distintas aproximacións das organizacións europeas. De todo isto, estableceranse conclusións que contribúan ó proceso global do Open Forum.

No acto participaron ONGDs membro do Coordinadora galega e estatal de ONGDs, redes e entidades da sociedade civil do ámbito europeo, representantes da Comisión Europea, o Goberno español, comunidades autónomas e Gobernos locais.

Etiquetas: , , ,

Deixa un comentario

Podes deixar un comentario do artículo Santiago acolleu o foro “A eficacia das organizacións da sociedade civil europea no desenvolvemento”.

  1. (obligatorio)
  2. (obligatorio)

  • « Entradas antigas
  • Entradas recentes »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

Últimas imaxes

Visita a galería de imaxes de Solidariedade Internacional Galicia.

Vacacións Solidarias
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro
A Noite Solidaria
Elige Comercio Justo

XHTML Válido | CSS Válido    Creación web: Máis Que Deseño 2009

Solidariedade Internacional de Galicia | Rúa Cordelería, 79 Bajo 15003 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza