Preguntas frecuentes
¿As datas son fixas ou podo cambialas para facelas coincidir coas miñas vacacións?
Trátase de datas pechadas, os billetes de avión están xa reservados polo que non é posible cambiar as datas nin de ida nin de volta.
¿Como se fixan os prezos de cada destino?
É a suma do importe do billete de avión i/v dende Madrid, o custo de manutención e aloxamento durante a estanza, o custo do transporte dende o aeroporto ao lugar do proxecto e os pequenos desprazamentos internos e o seguro de viaxe.
¿Non podo ir a outros países nos que Solidariedade Internacional ten proxectos?
Non, só nos destinos sinalados os cooperantes de Solidariedade Internacional pódense facer cargo dos/ás voluntarios/ás durante a súa estanza.
¿Podo comprar o billete de avión pola miña conta?
Os billetes de avión están xa reservados e as datas son pechadas; non hai posibilidade de comprar o billete de avión por conta de ningún dos voluntarios/ás.
¿Viaxo só ou vaise nun grupo?
A todos os destinos se viaxa en pequenos grupos.
¿Teño que vacinarme?
Dependendo do destino e do historial de cada persoa, poden ser necesarias vacinas. O mellor é que consultes co teu médico de cabeceira.





