Solidariedade Internacional de Galicia

Destinos

Guatemala

Datas: 6 ao 29 de agosto de 2010
Prazas: 12
Prezo: 1.880€

As persoas voluntarias poderán participar apoiando as actividades dun dos seguintes proxectos:

  • Centro de atención integral para mulleres sobreviventes de violencia, que desenvolvemos coa ONG local “Asociación Novos Horizontes” en Quetzaltenango. As persoas voluntarias apoiarán as tarefas do novo Albergue, especificamente a campaña de saúde sexual e reprodutiva con mulleres e os talleres de capacitación e atención de VIH/SIDA con grupos vulnerables.
    Perfís solicitados: formación en áreas sociais e similares.
  • Proxecto de saneamento e auga de Oxlajuj Tzikin, que executamos coa ONG local “Auga do Pobo”. As persoas voluntarias apoiarán tarefas de drenaxes sanitarias e auga potable nas comunidades de Champerico, especificamente facendo gabias, colocando canalizacións, etc. ademais poderán apoiar actividades de sensibilización con nenos e de dinamización de grupos.
    Non existe un perfil específico para esta actividade, aínda que se é desexable ter coñecementos básicos para temas construtivos e quizais algún coñecemento para actividades lúdico recreativas e/ou de sensibilización.

Perú

Datas: 3 ao 29 de agosto de 2010
Prazas: 10
Prezo: 1.900€

As persoas voluntarias poderán participar apoiando as actividades dun dos seguintes proxectos:

  • Convenio para o Empoderamiento de la Mujer en Perú, apoiando a ONG local Manuela Ramos, en Lima, a través de acompañamento ás orientadoras legais nos talleres e asesoría a mulleres nos seus diferentes programas.
    Perfís solicitados: formación en áreas sociais, ciencias políticas, dereito ou afíns.
  • Apoio á participación política das mulleres de Perú e Bolivia en espazos públicos e comunitarios de decisión para o exercicio dos seus dereitos cidadáns, que desenvolvemos coa ONG Calandra, en Lima, acompañando os técnicos nos talleres de formación e asesoría ás mulleres participantes do proxecto. Tamén é posible participar na monitorización do programa radial “Que boa Vida” que se emite en Lima Norte.
    Perfís solicitados: formación en áreas sociais, de comunicación, ciencias políticas e afíns.
  • Promoción das capacidades das mulleres para o exercicio dos seus dereitos fundamentais en Perú, que executamos xunto coas ONG ´ s Calandria e CESIP, na rexión de Tumbes. Os voluntarios apoiarán labores de asesoría e formación en saúde e asesoría xurídica.
    Perfís solicitados: Preferiblemente formación en áreas da saúde ou legais.

Ecuador

Datas: 4 ao 27 de agosto de 2010
Prazas: 12
Prezo: 1.900€

As persoas voluntarias poderán participar apoiando as actividades dun dos seguintes proxectos:

  • Fortalecemento da estrutura e xestión turística comunitaria no Cantón Aguarico, que levamos a cabo xunto coa Rede Solidaria de Turismo Comunitaria da Ribeira do Napo. As persoas voluntarias colaborarán en actividades de mellora de aspectos organizativos en función das dinámicas propias do lugar (selva amazónica) e respectando os usos e costumes da poboación local. Igualmente, poderanse desenvolver actividades relacionadas coa elaboración de material audiovisual (informes fotográficos, vídeos, etc.).
    Perfís solicitados: Preferiblemente persoas con habilidades administrativas ou audiovisuais.
  • Manexo integral da cana guadua: beneficios económicos e ambientais para as comunidades do norte de Manglaralto, que se executa concertadamente con Fundación Brethren e Unida (FBU) na zona de Olón. As persoas voluntarias apoiarán tarefas de fortalecemento organizativo e administrativo da corporación de cañeros, así como en actividades de protección do medio.
    Perfís solicitados: Preferiblemente persoas con formación económico – empresarial ou ambiental.
  • Centro de Encontro coa Natureza e Terapia Social que se desenvolve con GAMMA, Grupo de apoio ao movemento de mulleres do Azuay. As persoas voluntarias apoiarán tarefas de investigación sobre plantas nativas e sobre aves, dentro dun contexto de fortalecemento dun espazo de terapia social con mulleres, a partir da observación das relacións na natureza e do coidado da rede da vida.
    Perfís solicitados: Preferiblemente persoas con formación en bioloxía, ciencias naturais, botánica, ornitoloxía e afíns.
  • Programa de desenvolvemento integral das comunidades de Saraguro, que se realiza coa Fundación Kawsay. As persoas voluntarias integaránse en tres actividades principais: – Atención a persoas con discapacidades – atención a nenos menores de 5 anos, e – Fortalecemento educativo a docentes.
    Perfís solicitados: Preferiblemente educadores ou áreas sociais.

Bolivia

Datas: 1 ao 28 de Agosto de 2009
Prazas: 10
Prezo: 1.850€

As persoas voluntarias terán a oportunidade de participar nun ou dos seguintes proxectos:

  • Mulleres, protagonistas da comunicación alternativa para a promoción e exercicio dos dereitos e a equidade de xénero en Bolivia, que levamos a cabo, coa ONG local KURMI en Cochabamba. As tarefas das persoas voluntarias centráranse en Promover as capacidades das mulleres para o exercicio dos seus dereitos fundamentais.
    Perfís solicitados: Preferiblemente formación en áreas administrativas ou xénero, así como todos aqueles que queiran traballar en temas relacionados á cultura andina indíxena, traballo na área rural.
  • Apoio á tenda artesanal MAM RAWA da ONG Gregoria Apaza, situada Nel alto. As actividades das persoas voluntarias orientáranse á alimentación e mantemento da páxina web da tenda para a comercialización dos produtos artesanais de mulleres empresarias.
    Perfís solicitados: persoas con formación e/ou manexo informático, con formación en bibliotecoloxía, arquivo ou similares.
  • Xestión integrada da microconca Suru Hata que se realiza coa ONG Cecasem no Municipio de Sorata. As persoas voluntarias poden apoiar dous tipos de actividades, por unha parte accións de conservación da conca hidrográfica, e por outra atención social á comunidade.
    Perfís solicitados: Persoas con formación ambiental ou agronómica, e persoas con formación en ciencias sociais.
  • Contribuír ao efectivo exercicio e construción dos Dereitos Humanos individuais e colectivos das mulleres de Bolivia, proxecto que se desenvolve con Cecadem, na cidade do Alto. Espérase contar con dúas persoas voluntarias que traballen na área de promoción institucional, relacionada fundamentalmente á apertura de mercados para os produtos de ourivaría producidos polas mulleres ourives.
    Perfís solicitados: persoas con formación en temáticas de promoción, mercadotecnia, imaxe institucional, manexo de mercados, etc.

Campamentos de Refuxiados Saharauís (Tindouf – Alxeria)

Datas: 9 ao 23 de outubro de 2010
Prazas: 15
Prezo: 1.050€

Os/ás voluntarios/ás terán a oportunidade de coñecer de primeira man a realidade da poboación refuxiada saharauí: visitarán diferentes wilayas, o muro que está a construír Marrocos, manterán encontros con colectivos saharauís, visitasen algúns dos proxectos en marcha e poderán compartir coas familias saharauís.

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza