Condicións xerais
Todas as persoas participantes deben ser maiores de 18 anos e deberán ter o seguinte perfil xeral:
- Predisposición para vivir en sitios onde a tecnoloxía de comunicación (Internet, teléfono) é limitada e o acceso a algunhas comodidades non está garantido (auga quente, baño individual, etc.).
- Inclinación para visitar ambientes multiculturais e capacidade de adaptación ao medio;
- Predisposición para realizar actividades físicas (camiñadas);
- Ter boa actitude e carga de optimismo para propoñer accións de grupo concertadas;
- Ter boas condicións de saúde;
O prazo de inscrición vai dende o 5 de abril de 2010 ata cubrir as prazas. Se as prazas dun grupo non puidesen completarse a viaxe pode ser cancelada.
Unha vez notificado ao voluntario/a que foi seleccionado, a reserva farase efectiva ao ingresar o 50% do importe da viaxe no prazo indicado. Se cancela a súa viaxe Solidariedade Internacional de Galicia devolverá a cantidade ingresada menos os gastos de cancelación que impoña a compañía aérea e o custo de inscrición. O pagamento da cantidade total realizarase 40 días antes da data de saída.
O prezo inclúe billetes de avión i/v dende Madrid, taxas de aeroporto, seguro de viaxe, manutención, aloxamento e materiais do curso de formación. Non inclúe excursións turísticas, gastos persoais nin impostos de saída do país.
Todas as persoas seleccionadas para viaxar deberán facerse socio/a de Solidariedade Internacional de Galicia. Antes da viaxe realizásense actividades de formación e on-line que serán de obrigatorio cumprimento para as persoas seleccionadas.





