Solidariedade Internacional de Galicia

Colabora con Haití

Programa de Vacacións Solidarias 2010

O Programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS dáte a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto de cooperación ao desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.

O programa ten como obxectivo sensibilizar persoas da sociedade en xeral, e en especial aqueles interesados na cooperación ao desenvolvemento, sobre a realidade que se vive noutros países, así como facilitar unha mellor comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.

Espérase que a través desta experiencia os participantes no Programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS se convertan en voceiros, cara a sociedade en xeral, sobre a importancia da cooperación, así como se involucren en accións de promoción de valores e actitudes tendentes a un cambio social, baseado en criterios de xustiza, paz, equidade, democracia, participación e solidariedade

Dende hai once anos a través deste programa os voluntarios/ás colaboran durante a súa estanza (3 a 4 semanas) en actividades de proxectos de cooperación en marcha, co propósito de coñecer, traballar e intercambiar coas comunidades que están a traballar pola construción do seu propio desenvolvemento. Os e as cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, xunto co persoal das ONGs locais coas que traballamos en cada país, coordinan a estanza dos voluntarios.

Unha vez que as persoas participantes estean de volta en España, poderán implicarse en actividades de voluntariado que apoian tarefas de sensibilización e cooperación cos países e proxectos nos que se participou.

Este ano, 2010, propóñense 5 países de destino e 14 proxectos de cooperación nos cales podes participar.

PARTICIPA, SERÁ A EXPERIENCIA DA TÚA VIDA!

Información

Contacto e inscrición

Se estas interesado/a debes enviar un e-mail á Responsable do Departamento de Cooperación ao Desenvolvemento de Solidariedade Internacional de Galicia no correo electrónico cooperacion@solidaridadgalicia.org , indicando os teus datos persoais, e os destinos nos que estas interesado en participar.

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

Últimas imaxes

Visita a galería de imaxes de Solidariedade Internacional Galicia.

Vacacións Solidarias
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro
A Noite Solidaria
Elige Comercio Justo

XHTML Válido | CSS Válido    Creación web: Máis Que Deseño 2009

Solidariedade Internacional de Galicia | Rúa Cordelería, 79 Bajo 15003 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza