Solidariedade Internacional de Galicia

Novo terremoto en Haití

Publicado o 21/01/2010 por admin

O sismo de 6 graos, con epicentro a 40 quilómetros de Jacmel, produciu a derruba dos edificios que xa estaban afectados. No informe do día 16 comunícase que a axuda internacional aínda non chegou á zona.

A representante de Solidariedade Internacional para Haití, Egido Sanz, viaxa nestes momentos á República Dominicana para apoiar os labores de coordinación da axuda. Alí, procederase á compra de produtos de primeira necesidade que se enviarán á zona de Jacmel. Así mesmo, enviáronse á zona dous teléfonos satélite, doados pola Fundación Telefónica, para mellorar as comunicacións, que nestes momentos se encontran bloqueadas.

En Jacmel, a segunda cidade comercial de Haití, a maioría da poboación estase a organizar de forma espontánea en torno ao que denominaron grupos solidarios, que se sitúan en espazos abertos da cidade ante as permanentes réplicas que a afectan.

O dispositivo de coordinación, onde se encontran diariamente representantes dos organismos locais e de cooperación con presenza en Jacmel, o Delegado da rexión do Sueste, Dirección de Protección Civil, o Ministerio de Turismo e Bombeiros de Jacmel, está a informar das principais necesidades da poboación de acordo ao informe de danos.

O informe reflicte máis de 350 mortos, 420 feridos, case 12.000 familias afectadas, 8.000 persoas sen fogar e 8.400 edificios afectados, o 30% deles completamente destruídos. Ademais, o único hospital só conta con 2 das súas salas operativas e non hai luz, nin auga corrente. As necesidades prioritarias son as máis elementais: auga, comida, luz, comunicación, gasolina, sistemas médicos (gasas, xiringas, bisturís, luvas, bandexas cirúrxicas, soros, goteiros, tensiómetros, etc…) e medicamentos xerais (penicilina, paracetamol, etc..). Tamén se necesitan bolsas para cadáveres e produtos para contrarrestar o olor, e evitar posteriores epidemias. Detéctanse tamén necesidades de tendas de campaña, auga, kits de primeiros coidados, mantas, kits de cociña, cubos, auga potable, kits de utensilios de cociña.

En canto á chegada da axuda, o luns 18 saíron 4 barcos da Mariña de guerra Dominicana dende Pedernais cara a Jacmel, transportando en total case 30 toneladas de produtos de primeira necesidade, de acordo co Gobernador de Pedernais, quen viaxou no primeiro buque. Na cidade de Pedernales existe un grande almacén posto a disposición pola Defensa Civil e a Gobernación, con vixilancia as 24 horas. O desembarco en Jacmel vaise realizar en embarcacións da MINUSTAH (Misión de Nacións Unidas para a estabilización de Haití), cuxo continxente acompaña a chegada e a distribución, garantindo a seguridade da axuda humanitaria. Onte día 19 só saíu un barco con material sanitario e medicinas, e un equipo médico, de enfermaría e de loxística, xa que non hai nada máis no almacén de Pedernales.

En principio establecéronse 3 campamentos baixo a coordinación do Comité de Operación de Urxencia (COU), composto por delegados, as Alcaldías e outros actores. O continxente da MINUSTAH está a patrullar e garante a seguridade na zona.

Constituíronse 2 grandes zonas de albergue con:

  • 3200 persoas no campo de fútbol Pichina.
  • 1700 persoas na escola Wolf.

Solidariedade Internacional de Galicia habilitou tres números de conta para recoller fondos destinados a apoiar os labores de emerxencia, esperamos contar coa vosa colaboración:

Os números de conta para facer os ingresos son os seguintes:

  • CAIXA GALICIA: 2091 0530 39 3040011953
  • CAIXANOVA: 2080 0140 17 0040019075
  • BANCO PASTOR: 0072 0290 37 0000101279

Etiquetas: , , ,

Deixa un comentario

Podes deixar un comentario do artículo Novo terremoto en Haití.

  1. (obligatorio)
  2. (obligatorio)

  • « Entradas antigas
  • Entradas recentes »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza