Solidariedade Internacional de Galicia

Colabora con Haití

Nós

Solidariedade Internacional de Galicia é unha ONGD creada no ano 1996 para cubrir e cumprir, na Comunidade Autónoma de Galicia, os mesmos obxectivos que ten a Fundación Española para la Cooperación – Solidaridad Internacional.

Misión

Solidariedade Internacional en GaliciaSOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA é unha Organización non Gobernamental de Desenvolvemento (ONGD) galega, de carácter laico, que promove a xustiza social a través de:

  • Proxectos de cooperación internacional
  • Axuda humanitaria e de emerxencia
  • Educación para o desenvolvemento e sensibilización
  • Comercio xusto
  • Presión política

Con todas as súas actividades trata de alcanzar un modelo de sociedade baseado no:

  • Desenvolvemento económico, social e cultural, harmónico, sostible e equilibrado;
  • Protagonismo das organizacións locais;
  • Erradicación da pobreza, a discriminación e a marxinación;
  • Solidariedade entre os países e no interior de cada un dos países;
  • Acceso xusto ós mercados nacionais e internacionais;
  • Xestión sostible dos recursos naturais e a mellora do medio ambiente ;
  • Logro de niveis de vida dignos para as poboacións máis pobres e o pleno acceso ós bens públicos globais;
  • Equidade no trato e o respecto á identidade de xénero, a orixe racial, étnica ou social, a nacionalidade, relixión ou crenzas, a orientación sexual, as diminucións ou a idade como dereitos inalienables de todos os seres humanos.

Contando con todos estes elementos, S.I. optou por un modelo de cooperación que non produza novas dependencias, que consolide e reforce os procesos de desenvolvemento humano autónomo e sostible, que traballe sempre con organizacións locais, promova a participación dos beneficiarios e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Fins da organización

Segundo o establecido no artigo 5 dos estatutos da asociación, son obxectivos da mesma:

  1. Financiar proxectos de cooperación ó desenvolvemento e plans de cooperación técnica nos seguintes terreos:
    • Centro América: Honduras, Guatemala, Nicaragua.
    • Sur América : Bolivia, Ecuador e Colombia.
    • África: Campamentos de Refuxiados Saharauís e Senegal.
    • Oriente Próximo: Franxa de Gaza e Cisxordania.
  2. Articular a captación de fondos de solidariedade, tanto da sociedade galega como das institucións.
  3. Promover campañas de sensibilización e educación para o desenvolvemento entre a sociedade galega.
  4. Realizar actividades culturais e promoción sociocultural que contribúan a comprensión en Galicia da pluralidade cultural do mundo.
  5. Realizar actividades para promover valores solidarios entre a poboación nova.
  6. A promoción, difusión e venda de productos de alimentación e artesanía de comercio xusto.
  7. A promoción e fomento do voluntariado entre a sociedade galega.

Os beneficios que se obteñan por calquera actividade derivada destes conceptos destinaranse exclusivamente ó cumprimento dos obxectivos aquí presentados, sen que se poidan, en ningún caso, repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

Últimas imaxes

Visita a galería de imaxes de Solidariedade Internacional Galicia.

banner1
banner2
banner3
banner4

XHTML Válido | CSS Válido    Creación web: Máis Que Deseño 2009

Solidariedade Internacional de Galicia | Rúa Cordelería, 79 Bajo 15003 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza