Non te consumas

Solidariedade Internacional de Galicia

Actividades

Obradoiros en centros educativos

Realizáronse obradoiros en 17 centros educativos e centros cívicos de Galicia. As mozas e mozos galegos traballaron a través de diferentes dinámicas os conceptos de consumo responsable e comercio xusto e crearon anuncios que presentaron a un concurso baseados na contrapublicidade. As gañadoras e gañadores daranse a coñecer nas obras de teatro que porá fin a campaña e que se estreará nas cidades de A Coruña, Ourense e Pontevedra.

Visita de Zoila Orquera

Recibimos a visita de Zoila Orquera, cooperativista de comercio xusto usuaria do proxecto de cooperación que Solidariedade Internacional de Galicia en colaboración coa Obra Social de Caia Galicia impulsou con asociacións de mulleres produtoras con recursos en barrios da cidade de Quito, Ecuador. O proxecto incluíu procesos de formación, e mellora da producción e comercialización dos produtos, o mesmo tempo que permitiu a estas mulleres de escasos recursos desenvolver capacidades humanas e técnicas, para así poder optar a un traballo recoñecido social e economicamente.

Realizouse un programa de dinamización de tendas que se desenvolveu co obxectivo de que estas sexan un punto de sensibilización e intercambio de información sobre comercio xusto, consumo responsable e non tan só un punto de compra – venda de produtos de comercio xusto.

Obra de teatro No te Consumas

Estrea das obras de teatro No te Consumas nas tres cidades de Coruña, Ourenese e Pontevedra. Podes descargar o dossier de Xucrut Teatre e da obra No te consumas (PDF)

Resolución ao concurso "anuncios baseados na contrapublicidade" Non te Consumas.

Cartel da obra No te consumas

Actividades

Solidariedade Internacional de Galicia
Rúa Cordelería, 79 Bajo 15003 - A Coruña
Teléfono: 981 24 35 06
Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

XHTML Válido | CSS Válido
Creación web: Máis Que Deseño