Non te consumas

Solidariedade Internacional de Galicia

Non te Consumas, foi a campaña de educación para o desenvolvemento e sensibilización que se puso en marcha o pasado mes de setembro de 2009.

Non te Consumas pretendeu seguir a liña comezada hai tres anos por Solidariedade Internacional de Galicia con Comercio Con-Sentido, e continuada coa campaña Traballo Decente para unha vida Decente. Se ben nas campañas anteriores falamos do comercio internacional a través da explicación dos actores implicados neste, ou da situación dos dereitos laborais nos países en vías de desenvolvemento, con Non te consumas a temática a tratar foi a do consumo responsable e o comercio xusto. De nada serve comprender a inxustiza social, se non interiorizamos as causas do subdesenvolvemento e se non comprendemos que a loita é unha loita común. O ritmo acelerado có que vivimos, impídenos pararnos a valorar as causas e as consecuencias do sistema que rexe o noso día a día, impide darnos conta de que esas causas e esas consecuencias teñen unha repercusión moito maior da que podemos observar. A procura da felicidade no Norte, baseada no artificial, produce unha insatisfacción permanente que tan só se sinte aliviada medianamente aspirando a bens innecesarios cómo único fin. Este modelo de consumo está á súa vez promovido e sustentado baixo outro modelo, o de producción, ubicado no outro extremo da roda que xira a un ritmo cada vez máis acelerado, nunha loita polos recursos naturais, nun maltrato o medio ambiente e baixo unha situación permanente de explotación laboral.

Dende Solidariedade Internacional de Galicia creemos necesario promover a reflexión e crítica entre a sociedade galega do modelo de consumo actual, dar a coñecer as súas consecuencias inmediatas e máis lonxanas, así como informar, formar e ofrecer recursos para exercer un consumo máis responsable e ético.

Non te Consumas levou consigo a realización de diferentes accións que vinculen as tres áreas de traballo de Solidariedade Internacional de Galicia: cooperación, sensibilización e educación e comercio xusto.

Actividades

Solidariedade Internacional de Galicia
Rúa Cordelería, 79 Bajo 15003 - A Coruña
Teléfono: 981 24 35 06
Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

XHTML Válido | CSS Válido
Creación web: Máis Que Deseño