Solidariedade Internacional de Galicia

NICARAGUA: a miña experiencia como voluntaria.

Publicado o 04/12/2012 por admin

Recen aterrizada na miña benquerida Galicia, aínda non están asentadas en min as emocións e experiencias vividas ao longo destes sesenta e catro días.

Aínda os recordos retornan pola miña cabeza coma imaxes dunha viaxe maxinada, coma si nunca tivera existido alén dun propio soño. Pois foron moitos os sentimentos xerminados durante a miña estancia neste fermoso país de auga e lume, debuxado con man divina de costa a costa. Nicaragua, país de lagos e volcáns, de xente humilde e traballadora, país de irmáns.

Día Mundial Comercio Xusto
Da man de Solidariedade Internacional de Galicia e cunha bolsa da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, brindóuseme a incomparable oportunidade de participar nun proxecto de Cooperación ao Desenvolvemento levado a cabo en Acahualinca.
Acahualinca é un barrio capitalino do extrarradio de Managua, asentado á beira do Xolotlán (Lago de Managua), no extremo noroeste da cidade.

Acahualinca
Trátase dun barrio empobrecido e marxinal no que preto do 90% da poboación vive directa ou indirectamente da recollida e reciclaxe do lixo da Chureca, o vertedoiro máis grande de Centro América.

Como explicar con palabras A Chureca? Nas miñas propias palabras: berce de dignidade humana. Penso que calquera que tivera a oportunidade de pisalo, de estar alí, de convivir coa súa xente, entenderá as miñas verbas. Malia que poda parecer controvertido identificar basura con dignidade, non considero cousa máis digna que traballar para alimentar á túa familia.

Nunca me esquecerei daquela primeira imaxe do vertedoiro cando Lucía e Yolanda me levaron alí aos poucos días da miña chegada a Managua.

A efixie de caos e pestilencia retorna a min a cotío, mesmo cando estou a piques de durmir. Nenos, nenas, adolescentes, homes e mulleres, mesmo anciáns… Todos/as camiñando coas caras cubertas de farrapos a modo de mascarilla e “armados” cunhas varillas de ferro puntiagudo que empregaban como arpóns para remexer no lixo. Eran os churequeros. Ao seu par, animais de toda clase; domésticos coma gatos, vacas, burros, cabalos, cans, e os salvaxes buitres carroñeros chamados zopilotes.

Un indescriptible panorma se abría ante min…

Basurero Chureca
Persoas, animais, maquinaria, montañas e montañas de lixo, compartían o solleiro dun típico día nicaraguano co só obxectivo de recolectar canto máis lixo posible. Así, coa recollida, comeza a longa cadea do reciclaxe, que da de comer á maioría da poboación de Acahualinca.

Actualmente A Chureca estase desmantelando, pois a cooperación española está a levar a cabo un Proxecto de Desenvolvemento Integral no barrio.

Este proxecto ten como finalidade converter o vertedoiro nunha planta de reciclaxe, dando traballo e vivenda aos propios churequeros. Nembargante, mentres se traballa neste fin, hai que dar unha alternativa a eses milleiros de persoas que viven o seu día a día do reciclaxe do lixo e que non poden esperar dous anos para seguir alimentándose.

Planta de reciclaxe
Cae de caixón que non tería sentido desmantelar o vertedoiro sen máis, sendo este case o único medio de subsistencia da poboación. Como digo, trátase de dar alternativas á comunidade, facilitarlle outro medio de vida. Para iso Solidariedade Internacional de Galicia, en colaboración coa contraparte local Dos Generaciones, involucrouse na creación dun Centro de Formación Laboral (CFL Rafael Reyes García) pretendendo rachar así o círculo vicioso da pobreza mediante a preparación e superación persoal dos adolescentes, homes e mulleres do barrio.

O CFL ubícase a tan só tres cuadras da entrada do vertedoiro, para facilitarlle á comunidade o acceso ao mesmo e pretendendo ser tamén punto de referencia para o barrio.

A actividade do centro resúmese na capacitación de xóvenes e adultos de entre 14 e 45 anos de idade en diferentes titulacións técnicas. Actualmente a oferta inclúe os títulos de serigrafía, repostería, corte e confección, beleza, refrixeración e reparación de motocicletas.

A vida no CFL non só é unha alternativa de formación nun oficio para os mozos e mozas, senón que é tamén unha alternativa de vida. É un espazo onde compartir problemas e ideas de futuro, bos e malos momentos vividos, soños e esperanzas de progreso, abeiros dunha vida mellor.

Xente da Chureca
Mais non só é útil o CFL para a xuventude, ou para os churequeros, o CFL é o lugar onde a cidadanía se sente escoitada e atendida, é o lugar onde poden acudir cando lles xurde calquera tipo de problema, o lugar onde senten que non camiñan solos.

E todas estas oportunidades xeradas son grazas ao labor que Solidariedade Internacional de Galicia está a desenvolver en Acahualinca dende o ano 2009 contando co financiamento de 175.000 euros da Xunta de Galicia e as achegas, tan importantes tamén, dos socios e socias da organización, e sen os cales, nada desto tería sido posible.

Inmensamente gracias Acahualinca por cambiarme a vida para sempre. Ana Lampón.

4 Respostas

  1. Paula escribiu:

    05/12/2012 ás 1:09 pm

    Ana, como siempre me dejas sin palabras! Enhorabuena por tu artículo, porque has transmitido perfectamente tus sensaciones y emociones y también por esa gran experiencia que has podido vivir.
    Un beso!

  2. margarita gude escribiu:

    11/12/2012 ás 12:01 pm

    !!!!!!!!!maravilloso!!!!!!!!!!!!

  3. Inés escribiu:

    12/12/2012 ás 5:45 pm

    Hola ! Me encanta ayudar….me pareció super interesante ,visito mucho vuestro blog….Me gustaria informarme sobre si hay cursos en verano para ayudar (pero aqui en ourense..)Un saludo

  4. Esther escribiu:

    14/12/2012 ás 6:10 pm

    Que bonito Ana, muchas gracias por compartirlo con nosotras/os. Me ha encantado esta frase “non considero cousa máis digna que traballar para alimentar á túa familia.”

Deixa un comentario

Podes deixar un comentario do artículo NICARAGUA: a miña experiencia como voluntaria..

  1. (obligatorio)
  2. (obligatorio)

  • « Entradas antigas
  • Entradas recentes »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza