Solidariedade Internacional de Galicia

Encontro “As mulleres alimentan o mundo”

Publicado o 16/03/2011 por admin

Rolda de prensaOs vindeiros 25 e 26 de marzo, no Auditorio Municipal de Lalín, mulleres procedentes de Sri Lanka, Cabo Verde e Nicaragua participarán dun encontro con mulleres de toda Galicia no que se analizarán aspectos coma o papel da muller como produtora e consumidora de alimentos, a soberanía alimentaria como o dereito dos pobos e comercio xusto como ferramenta de loita contra a desigualdade de xénero e social. Ler máis.

Solidariedade Internacional de Galicia suma o seu esforzo ó de outras entidades galegas que traballan no eido do comercio xusto e o consumo responsable para impulsar a campaña “As mulleres alimentan o mundo”.

Este proxecto pretende incidir no eido da Muller e o comercio xusto, concretamente busca atopar sinerxias entre mulleres do rural galego a as mulleres produtoras do Sur, que participan en proxectos ou iniciativas de comercio xusto.

A importancia do papel da muller como proveedora de alimentos no Sur e consumidora final no Norte, e a necesidade de abordar a desigualdade de xénero no ámbito da cooperación ó desenvolvemento, e a liña argumental dos contidos desta iniciativa.

Como acto central da mesma, os dias 25 e 26 de marzo celebrarase un encontro internacional no que se expoñerán as situacións de desigualdade, e explotación ás que se enfrontan as mulleres rurais tanto no Norte coma no Sur, as particularidades de cada unha das áreas xeográficas representadas e a contribución que, dende o consumo, se fai de cara a perpetuar ditas situacións. Así mesmo, e a modo de conclusión abordarase cómo dende o movemento de Comercio Xusto pódense introducir cambios de cara á consecución dunhas relacións comerciais máis xustas e equitativas.

Se queres asistir, cubre este formulario e sigue as indicacións.

As mulleres alimentan o mundoO programa do encontro é o seguiente:

Venres 25 de marzo

  • 16:00. Recepción e entrega de documentación
  • 16:30. Inaguración
  • 16:45. Resumo Primeira etapa proxecto
  • 17:00. Mesa redonda. Definición de conceptos: Comercio Xusto e Soberanía Alimentaria
  • 18:00. Descanso. Pausa café
  • 18:15. Mesa redonda: Mulleres produtoras de Asia, América latina, África e Galicia.
  • 20:30. Peche

Sábado 26 de marzo

  • 10:00. Resumo da xornada anterior
  • 10:30. Grupos de traballo*
  • 12:00. Descanso. Pausa café
  • 12:30. Grupos de traballo*
  • 13:30. Conclusións
  • 14:00. Xantar
  • 16:30. Obradoiro empoderamento
  • 18:00. Descanso. Pausa café
  • 18:30. Retos futuros
  • 19:30. Conclusións
  • 20:00. Próximas actuacións do proxecto: Día do Comercio Xusto
  • 20:30. Clausura

* Grupo 1: Comercio Xusto e Soberanía Alimentaria.
* Grupo 2: Comercialización e estratexias de mercado.
* Grupo 3: Consumo Responsable: Educación ó consumo.

Etiquetas: , , ,

Deixa un comentario

Podes deixar un comentario do artículo Encontro “As mulleres alimentan o mundo”.

  1. (obligatorio)
  2. (obligatorio)

  • « Entradas antigas
  • Entradas recentes »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza