Alimentos frescos para os refuxiados saharauís
Ficha técnica

- Localización: Campamentos de Refuxiados Saharauís, Tindouf
- Contraparte: Media Lúa Vermella Saharauí.
- Financiadora: Concello de Lugo
- Período de Execución: Xaneiro 2009 – Decembro 2009
- Orzamento total: 3.000,00€
- Subvención concedida: 2760,00€
- Beneficiarios Directos: Poboación refuxiada saharauí pertencente as cinco wilaias que conforman os campamentos de Tindouf.
Compra de medicamentos para apoiar o relanzamento productivo do complexo avícola instalado nos campamentos de refuxiados saharauís, TINDOUF
En 1985 ACNUR impulsou e financiou nos Campamentos de Poboación Refuxiada Saharauí en Tindouf – Arxelia, un proxecto consistente na creación e posta en funcionamento o complexo avícola Hussein Tamek, co obxectivo de enriquecer a dieta dos refuxiados, moi pobre en proteínas, a través da producción de vos para a súa posterior distribución entre a poboación refuxiada. Una vez finalizadas as obras e completado o equipamento da granxa, se logrou o pleno rendemento cunha producción moi satisfactoria e un beneficio nutricional para a poboación saharauí. Sen embargo a producción comezou a experimentar grandes dificultades, debido a certas insuficiencias na xestión técnica e administrativa do complexo, unido a outros problemas, como a alza de materia primas (principalmente o penso e as propias galliñas) e a crecente dificultade de renovar a maquinaria mais delicada.
No 2007 estaba en funcionamento unha das naves cun total de 30.000 galliñas, á espera da chegada no segundo semestre do ano de outras 30. 000 galliñas que ocuparon a segunda nave que durante o inicio do ano se encontraba en período de descanso e limpeza. A granxa tivo cubertas as necesidades de penso para 60.000 galliñas durante a totalidade do ano 2008, gracias a diversas fontes de financiamento provenientes da Cooperación Internacional. Na actualidade a reserva de medicamentos (almacenados na farmacia central, en correctas condiciones e supervisada polo persoal farmacéutico saharauí) cubriría as necesidades de 30.000 galliñas durante un período aproximado de dous meses. Fíxose por elo necesario subministrar á farmacia central medicamentos suficientes para cubrir o período de vida das 60.000 galiñas ata o final do seu ciclo productivo (12 meses). Por elo este proxecto pretende asegurar a producción da granxa asegurando os medicamentos necesarios, xunto co penso e a auga que se han de subministrar ás galiñas a fin de evitar mortaldades causadas por enfermidades aviarias. O brote de determinadas enfermidades no previndas mediante o subministro de fármacos podería determinar a necesidade de sacrificar as aves ca conseguinte interrupción da producción de ovos e a súa distribución á poboación refuxiada; o cal suporía un prexuízo para os habitantes da Hammada posto que a súa dieta xa é escasa de por si, pouco variada e na que o único aporte regular de proteína animal fresca é o ovo.







