Mellora da saúde básica na franxa de Gaza
Ficha técnica

- Localización: Territorios Palestinos
- Contraparte: HWC e UHWC
- Financiadora: Concello de Lugo e Concello de A Coruña
- Período de execución: Agosto 2009 – Decembro 2009
- Orzamento total: 35.826,00€
- Subvención concedida: Concello de A Coruña: 18.300,00€ , Concello de Lugo: 5.680,00€
- Beneficiarios Directos: 28.000 usuarios do centro de saúde de Al-Quds no norte da Franxa de Gaza e 117.600 usuarios dos centros de saúde Halhoul, Aparta, Kufor Nimeh, Qalqilia, Toubas nos territorios Cisxordanos.
- Beneficiarios Indirectos: toda a poboación da cidade de Beit-Hanoun no norte da Franxa de Gaza (276.920 persoas) e a poboación dos territorios de Cisxordania (1.355.000 persoas) que podan optar aos servicios sanitarios dos centros hospitalarios e clínicas beneficiarias.
Mellora do sistema sanitario nos Territorios Palestinos, a través da provisión de equipos médicos e prestación de servicios de saúde básica, PALESTINA
Os servicios sanitarios no centro de saúde Al-Quds do norte da Franxa de Gaza e nos centros de saúde Halhoul, Aparta, Kufor Nimeh, Qalqilia, Toubas nos territorios Cisxordanos están sendo prestados pola organización local contraparte UHWC e HWC respectivamente. Os socios locais alegan que las prestacións del Ministerio de Saúde son insuficientes para atender á poboación e a mais empobrecida non pode costearse atención médica privada. Dende 1996, Solidariedade Internacional de Galicia e os HEALTH WORK COMMITTEES traballan de forma conxunta en proxectos dirixidos a promover servicios de saúde e construíndo modelos de desenvolvemento local, para tódolos sectores da poboación, apoiando especialmente á poboación excluída. O proxecto en marcha aborda as necesidades sociais básicas no ámbito da saúde. Operase nos Territorios Palestinos –TTPP- de Gaza e Cisxordania.
Por elo a liña de acción de mellora do sistema sanitario en Cisxordania, ten como un eixo central a adquisición de infraestructura sanitaria básica para o avance e ampliación do servicio, e como mecanismo de resposta necesario para reforzar a mellora na prestación de servicios sanitarios actuais. O proxecto ten como finalidade contribuír a garantir o acceso da poboación vulnerable ou refuxiada nestes territorios aos servicios sanitarios básicos cun enfoque de equidade e igualdade. Se mellorará a atención sanitaria básica a través da adquisición de Equipos de diagnóstico portátil e electrocardiograma para a sección de Urxencias; Espectrofotómetro e Centrifugadora para a sección de Laboratorio Clínico; Compresor de O2 para a atención buco-sanitaria e equipos informáticos para gestión sanitaria.
En Gaza, a situación de emerxencia vivida a raíz da operación militar israelí “chumbo fundido” do pasado mes de Decembro xerou importantes necesidades de rehabilitación dos servicios médicos básicos así como crecentes necesidades de prestación sanitaria á poboación más vulnerable nun contexto de rehabilitación pos-conflicto, polo que traballan os compoñentes psico-sociales das persoas que así o requiran. Con esta acción se potenciará especialmente a saúde materno infantil mediante un enfoque integral da saúde da comunidade feminina, caracterizada polas carencias que sufre esta poboación en temas como prevención, información, e acceso a medicamentos; así como por unha interacción da saúde con aspectos que requiren un tratamento dende o punto de vista psico-social. Se busca controlar os problemas de saúde más estendidos entre a poboación a través da adquisición de equipamento médico dando prioridade ás necesidades maternoinfantís; garantindo o acceso aos servizos de saúde básica con enfoque de equidade e igualdade.
O proxecto posúe unha lóxica de estratexia sectorial e xeográfica para Solidariedade Internacional de Galicia baseada nas experiencias de intervención anteriores e que parte dos logros previos.





