Solidariedade Internacional de Galicia

Vacacións Solidarias

Educación no vertedoiro da Chureca; unha alternativa

Ficha técnica

Mapa de Managua

  • Localización: Barrio de Acahualinca, Distrito II da cidade de Managua, NICARAGUA
  • Contraparte: Centro Nicaragüense de Promoción de la Juventud e Infancia “Dos Generaciones”, Organismo Non Gubernamental
  • Financiadora: Dirección Xeral de Relacións Exteriores e da UE da Xunta de Galicia
  • Período de Execución: Abril 2009 – Setembro 2010
  • Orzamento total: 184.330,15 €
  • Subvención concedida: 170.003,00€
  • Beneficiarios Directos: Adolescentes, de ambos sexos, entre 14 e 18 anos, xoves, de ambos sexos, entre 19 e 24 anos e mulleres entre 25 e 45 anos (320 persoas por cada ano escolar).
  • Beneficiarios Indirectos: estimase unha poboación de 1700 persoas que integran os núcleos familiares dos e das estudiantes do CFL.

Ampliación da oferta educativa do centro de Formación Laboral “Rafael Reyes García” (C.F.L.) na comunidade de Acahualinca, NICARAGUA

O proxecto desenvolvese no barrio de Acahualinca, situado no distrito II da cidade de Managua; onde se encontra o vertedoiro da cidade comunmente coñecido como “La Chureca”. Preto do 51% da poboación que vive no vertedoiro son nenos e nenas menores de 17 anos. Un 48% das mulleres son analfabetas, sen estudios e que se dedican principalmente a actividade da recolección de vertidos. A poboación nova do barrio, carece de opcións para o acceso ó estudio e de formación para o emprego producto da exclusión social. A asignación temperá de responsabilidades laborais dada a situación de pobreza das familias non permite un acceso á educación e formación laboral.  Con este proxecto dáse resposta a crecente demanda e necesidade da poboación de Acahualinca de formación laboral e loitar contra a estigmatización que se ten da poboación do barrio polo traballo que realizan e o lugar no que viven. A mellora nas condicións existentes permitirá que un maior número de poboación nova e mulleres do barrio accedan a educación técnico laboral co obxectivo de proporcionarlles oportunidades que faciliten o seu acceso a traballos en condicións dignas. Dende a súa creación, xa hai 16 anos, as intervencións do centro de Formación Laboral oriéntanse cara a mellora na situación de explotación económica da infancia e adolescencia que traballa de maneira precaria colleitando refugallos reciclables e familias, na maioría en situación de pobreza extrema que traballan no vertedoiro municipal. O centro de Formación Laboral proporcionou a mais de 748 adolescentes (homes e mulleres), traballadores de alto risco e 340 adultos (mulleres xefas do fogar e homes) formación e capacitación en seis cursos: carpintería, serigrafía, electricidade domiciliar, corte e confección, beleza e repostería. Gracias a este traballo ampliarase a Planta Física do Centro, construíndo un anexo de dúas plantas no que se inclúan: un salón de usos múltiples, unha sala de reunións para docentes, ampliación da batería hidro sanitaria, dous espacios físicos que servirán para obradoiros, con capacidade para atender aproximadamente a 80 novos alumnos por curso. Ademais elaboraranse dous novos programas curriculares que ampliarán a oferta educativa do centro: albanelería e fontanería. Tamén se dotarán de equipos, ferramentas, materiais didácticos e insumos necesarios tanto os dous novos obradoiros como aos xa existentes.

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

XHTML Válido | CSS Válido    Creación web: Máis Que Deseño 2009

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza