Solidariedade Internacional de Galicia

Ampliación e fortalecimento da oferta educativa do centro de formación laboral “Rafael Reyes García” (C.F.L.) en Acahualinca. Fase II

Ficha técnica

Mapa de Managua

  • Localización: Acahualinca, NICARAGUA
  • Contraparte: Centro Nicaragüense de Promoción de la Juventud e Infancia “Dos Generaciones”
  • Financiadora: Xunta de Galicia
  • Orzamento total: 190.409,21 €
  • Subvención concedida: 174.920,00 € (2011: 61.222,00 € – 2012: 113.698,00 €)
  • Período de Execución: 2011 – 2012
  • Beneficiarios directos: 300 estudantes de ambos sexos, de 14 años en diante
  • Beneficiarios indirectos: 3,200 poboadores mulleres e homes e aproximadamente 1,120 familiares das e dos estudantes do Centro de Formación Laboral.

Formación profesional, NICARAGUA

A presente proposta obedece a unha Segunda Fase do proceso de Ampliación e Fortalecemento de Oferta Educativa do Centro de Formación Laboral “Rafael Reyes García”. (C.F.L), iniciado co Proxecto “Ampliación da Oferta Educativa de devandito Centro na comunidade de Acahualinca” financiado pola DXREUE da Xunta de Galicia na súa convocatoria de Proxectos do ano 2009.

Este proxecto actual enmárcase nos resultados do estudo Diagnóstico “As Expectativas, Necesidades e Demandas de Capacitación Laboral de Adolescentes e Mozas de Acahualinca”,  principalmente das Mulleres, posto que se pretende que as mesmas melloren as condicións de emprego a través da súa cualificación técnica – laboral.

Obxectivo xeral: Contribuír á mellora da situación económica das familias do barrio Acahualinca, Nicaragua.
Obxectivo específico: Ampliar a cobertura e diversificación de formación para mulleres e novas/os, creando alternativas económicas no barrio Acahualinca, en Managua.

Actividades

  • Reforzamento e acondicionamento das 5 aulas e dúas oficinas situadas na planta baixa do CFL, que cre condicións físicas para a ampliación da cobertura e achegar á calidade educativa do Centro de formación laboral “Rafael Reyes García”.
  • Deseño de planos e orzamento da obra de construción.
  • Formulación da proposta integral do proxecto de ampliación do CFL
  • Aprobación do deseño de construción pola comunidade educativa integrada por mestres estudantes e pais e nais.
  • Licitación para a contratación de empresa construtora.
  • Selección, contratación de empresa e execución das obras de construción.
  • Organización e funcionamento do comité escolar para o seguimento e avaliación da execución do proxecto de construción.
  • Control, seguimento e avaliación das etapas de construción e da execución do proxecto.
  • Deseño e implementación de 2 cursos de manualidades con materiais reciclables de papel, cartón, plástico e metal no CFL que permita a mulleres desenvolver capacidades en formación laboral e implementar iniciativas de fomento económico, para a súa autosustentabilidade económica.
  • Elaborar programa do contido dos cursos de manualidades con materiais reciclables como papel, cartón, plástico e metal.
  • Execución no CFL dos dous cursos de manualidades onde se utilizarán materiais reciclables.
  • Actualización de 4 programas curriculares dos obradoiros de serigrafía, costura, beleza e repostería en base ao modelo político pedagóxico e desde o enfoque de formación por competencia do CFL, que oriente a formación integral do alumno tanto na súa formación laboral e empresarial
  • Elaborar plan de apoio ao proceso de seguimentos ás iniciativas de fomentos impulsadas polas mulleres capacitadas nos obradoiros do CFL.
  • Elaborar termos de referencia para a contratación de consultora.
  • Adecuación de curriculas baseadas no modelo político pedagóxico e no enfoque por competencia.
  • Adquisición de novos equipos para apoiar os cursos de manualidades e os novos programas curriculares
  • Obradoiro de Capacitación a docentes para a apropiación de contidos.
  • Actividades de difusión do proxecto en Galicia.

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza