Auga potable para o Caribe hondureño
Ficha técnica

- Localización: Centroamérica/ Honduras/ Departamento (Provincia) de Colón
- Contraparte: MUNICIPALIDAD (Alcaldía) de BALFATE (Departamento de Colón) e MUNICIPALIDAD (Alcaldía) de SANTA FE (Departamento de Colón)
- Financiadora: Dirección Xeral de Relacións Exteriores e da UE da Xunta de Galicia
- Período de Execución Xullo 2008 – Novembro 2009
- Orzamento total: 184.469 Euros
- Subvención concedida: 151.200 Euros
- Beneficiarios Directos: 1.797 persoas pertencentes aos municipios de Balfate/Santa Fé
- Beneficiarios Indirectos: a poboación total dos municipios (14.141 habitantes)
Mellora da saúde da poboación a través da construcción e rehabilitación de sistemas de auga potable e saneamento en comunidades dos municipios de Balfate e Santa Fe, HONDURAS_ FASE II.
Durante a Fase I, se construíron 6 sistemas de auga potable nos municipios de Balfate (4 sistemas) e Santa Fe (2 sistemas) ao norte do país, no municipio de Colon. O proxecto niciouse o primeiro de Agosto de 2007 e a fecha prevista de finalización era o 15 de Outubro do 2008. Durante os meses de Outubro e Novembro 2008, producíronse persistentes choivas en Honduras. A gravidade da situación motivou ao Goberno hondureño a decretar “EMERXENCIA NACIONAL” o 20 de Outubro. As choivas provocaron importantes inundacións, producindo danos en todo o País e afectaron gravemente aos municipios obxecto de actuación do proxecto. A planificación da Fase II, consistía na construcción de 2 novos sistemas de auga (1 en Balfate e 1 en Santa Fe). Tras unha reformulación das actividades inicialmente previstas na segunda fase, debido aos danos producidos en tódolos sistemas de auga construídos, traballase para a reconstrucción e rehabilitación dos danos ocasionados dada a situación de emerxencia. De acordo aos recursos dispoñibles e para cumprir con este propósito, executarse o proxecto en tres compoñentes. Primeiro, rehabilitar ao menos os 6 sistemas de auga construídos na Fase I; segundo construír sistemas sanitarios (letrinas) e terceiro, capacitar en administración e mantemento dos sistemas de auga, saúde preventiva, hixiene persoal e comunitaria. Solidariedade Internacional de Galicia está participando na reconstrucción de outros sistemas afectados e para elo, elaborou novas propostas de proxectos pos emerxencia para contribuír a recuperar tódolos sistemas de abastecemento de auga para a poboación dos Municipios.







