Solidariedade Internacional de Galicia

5 ONGD galegas xuntas nun proxecto integral en Guatemala

Ficha técnica

Mapa de Retalhuleu e Champerico

  • Localización: Guatemala/Costa Sur, municipios Retalhuleu e Champerico.
  • Contraparte: Asociación Pro Agua del Pueblo ADP
  • Financiadora: Dirección Xeral de Relacións Exteriores e da UE da Xunta de Galicia, DEPUTACIÓN PROVINCIAL de A CORUÑA
  • Período de Execución: Xuño 2008 – Decembro 2011
  • Beneficiarios Directos: 3274 persoas, agrupados en 928 núcleos familiares, pertencentes as comunidades de María del Mar, Victorias 3, Olga María de Cuchuapán, La Esperanza, El Palmo, San Miguel las Pilas, Santa Cruz Cajolá e Santa Inés dos Municipios de Champerico e Retalhuleu.
  • Beneficiarios Indirectos: A poboación do Municipio no seu conxunto composta por 25.280 habitantes dos cales o 52.4 % son Homes e o 47.6 % son Mulleres distribuído o 31 % na área urbana e o 69 % na área rural.

Logotipos Xunta y Diputación
Programa Integral de Auga e Saneamento en oito comunidades de Champerico, Retalhuelu, GUATEMALA

Por primeira vez en Galicia, 5 ONGDs (ASF, ACSUR-LAS SEGOVIAS, ESF, FARMAMUNDI e SI Galicia) traballan conxuntamente para desenvolver un Programa Integral para contribuír ao desenvolvemento humano da poboación asentada nos municipios de Champerico e Retalhuleu. O obxectivo é mellorar a infraestructura de habitabilidade básica, a cobertura sanitaria, a calidade educativa e a soberanía alimentaria, realizado sobre a base da planificación estratéxica e da conducción política das autoridades comunitarias e municipais. A participación de SI Galicia ten como principal obxectivo o desenvolvemento dun Programa Integral de Auga e Saneamento para contribuír a que 8 comunidades do municipio de Champerico accedan a condiciones de vida digna,  a través del melloramento da infraestructura hixiénico-sanitaria sustentado na promoción da equidade, o respecto aos dereitos humanos, á identidade étnica e á diversidade cultural e a protección do medio ambiente. O programa esta deseñado para executarse en 32 meses de traballo, estructurado en tres Proxectos, o primeiro con una duración de 5 meses, o segundo de 15 meses e o terceiro, de 12 meses. O programa inclúe as seguintes accións:  AGUA POTABLE, para ás familias dunha comunidade (Victorias 3 que alberga a 90 familias), de un sistema que garantise o aprovisionamento de auga potable de acordo ás posibilidades de fontes de auga existentes;  SANEAMENTO AMBIENTAL, apoia a sete comunidades (Maria Olga de Cuchuapán, Santa Cruz Cajolá, María del Mar, Santa Inés, El Palmo, La Esperanza y San Miguel Las Pilas,  que albergan a 1.564 familias), a construcción de estufas melloradas aforradoras de leña, letriñas aboneras, e sistemas de drenaxes, minimizando con elo a contaminación ambiental, que afecta ás persoas que habitan nestas comunidades, vinculada ca emisión de fume intradomiciliar e a disposición de excretas e de augas servidas. O Programa Integral de Auga e Saneamento está deseñado, de tal forma que as accións que contempla fortalezan as capacidades técnicas comunitarias e a súa vez promovan a participación e o fortalecemento organizativo para a incidencia e empoderamento comunitario con enfoque de xénero. Se pretenden desenvolver procesos organizativos e de capacitación integral a diferentes grupos comunitarios, ca finalidade de sensibilizar e deixar as bases técnicas e sociais para a administración, operación e mantemento dos sistemas de auga e saneamento a mediano e longo prazo. Co desenvolvemento das capacitacións se ten  previsto elaborar material didáctico que será entregado ás persoas capacitadas para que podan dispoñer de documentos de consulta.

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza