143 Familias con infraestructura hixiénico-sanitaria
Ficha técnica

- Localización: Municipio de Colomba, Departamento de Quezaltenango, GUATEMALA
- Contraparte: Asociación Pro Agua del Pueblo ADP
- Financiadora: Dirección Xeral de Relacións Exteriores e da UE da Xunta de Galicia
- Período de Execución: Xuño 2009 – Maio 2010
- Orzamento total: 202.333.61 €
- Subvención concedida: 174,533.64 €
- Beneficiarios Directos: 1001 habitantes agrupadas en 143 núcleos familiares, pertencentes as comunidades rurais de El Pilar, María Teresa Flores e Santa Anita La Unión que carecen de servicios básicos como auga suficiente e apta para o consumo humano e servicio de saneamento básico (abarcando ao 100% da población total das comunidades).
Auga potable, saneamento básico e mellora das condicións medioambientais, con enfoque de xénero, en 3 comunidades do municipio de Colomba, Departamento de Quezaltenango, GUATEMALA
A cobertura de infraestructura de auga en Guatemala é insuficiente e se estima que existen mais de 15,000 comunidades rurais que aínda non teñen este servicio básico cuberto, polo que as súas condicións de vida e saúde son precarias. A poboación do departamento de Quezaltenango é maioritariamente rural (60%). Mais da metade da poboación (51%) se concentra no grupo de 0 a 17 anos. No Municipio de Colomba o 34% das vivendas non teñen fontes de auga mellorada e o 17% non ten ningún sistema de saneamento. O Proxecto estase a desenvolver nas comunidades rurais de El Pilar, María Teresa Flores e Santa Anita La Unión, no municipio de Colomba Costa Cuca do departamento de Quetzaltenango, en Guatemala.
O obxectivo do proxecto é contribuír a que as 143 familias de estas tres comunidades accedan a condicións de vida digna, a través da mellora da infraestructura hixiénico-sanitaria. Para elo, estase a construír un sistema de auga potable por gravidade que será deseñado para funcionar por un período mínimo de 20 anos. Tamén instalarase 110 pozos sumidoiros e filtros de augas residuais, fortalecendo ademais a capacidade local para a operación e mantemento da infraestructura facilitada, a mellora dos seus hábitos de hixiene, o coidado do medio ambiente e a prevención e mitigación de desastres.
Paralelamente se desenvolverán procesos de capacitación técnica e organizativa a través de obradoiros formativos sobre como dirixir e administrar sistemas de auga, hixiene e control de enfermidades e riscos no seu manexo. Tamén se levará a cabo unha campaña de saúde, un programa de manexo das cucas de auga, e o fortalecemento das capacidades locais para a prevención de desastres; todo conducido polas comunidades.







