Apoiando o comercio xusto; aquí e aló
Ficha técnica

- Localización: Provincia Pichincha, Cantón Quito, parroquia/Comunidade Chillogallo, Santa Rita de Chillogallo e Guamaní
- Contraparte: Fundación Maquita Cushunchic Comercializando Como Hermanos (MCCH)
- Financiadora: Obra Social Caixa Galicia
- Período de Execución: Xaneiro 2009 – Decembro 2010
- Orzamento total: 48.619,40€
- Subvención concedida: 27.736,04€
- Beneficiarios Directos: 34 mulleres e 15 homes; constituídos polas socias do Centro Artesanal 8 Marzo e polos membros/as socios/as da asociación ADACER da zona de Guamaní que participan directamente no proceso productivo
- Beneficiarios Indirectos: 170 persoas que corresponden a las familias de los implicados directamente en los procesos productivos.
En camiño cara ao comercio xusto e a asociatividade: potenciación de capacidades socio-organizativas, productivas e de xestión comercial da organización de mulleres “Centro Feminino 8 de Marzo” e de socios/as productores/as de tecidos (ADACER) do sector sur de Quito, provincia de Pichincha, ECUADOR
A producción artesanal é unha actividade económica que ten unha implicación social moi importante en Ecuador. Este traballo productivo que se fundamenta na habilidade manual e a creatividade, fai posible a preservación da cultura e tradicións, así como a xeración de emprego e ingresos para un amplo sector económico do país. O proxecto pretende traballar as capacidades socio económicas das beneficiarios/as das organizacións de mulleres “Centro Feminino 8 de Marzo” e ADACER (familias productoras de tecidos), do sector sur de Quito na provincia de Pichincha para conseguir unha mellora a longo prazo da súa calidade de vida. Para conseguilo se traballa no fortalecemento dos procesos socio-organizativos (consolidación das cooperativas e aumento da autoxestión), productivos (capacitación, asistencia técnica, mellora do equipamento e innovación) e de comercialización (xestión de apertura de mercados) de ambas organizacións para conseguir que estes productos teñan unha capacidade exportable (en volume e calidade) seguindo os criterios de comercio xusto e se acade un aumento no nivel de ingresos familiares. Como actividade económica a artesanía emprega moita man de obra e posto que o acceso ao emprego é unha prioridade para a poboación beneficiaria do proxecto, esta ocupación pode converterse nun negocio próspero que mellore a calidade de vida das familias. Ao finalizar este proxecto se pretende que os productos elaborados polos beneficiarios entren a formar parte dos productos ofrecidos por MCCH dentro da súa rede de comercio xusto que posúe tanto en Ecuador como en diversos países, entre eles España.
Os productos elaborados corresponden a téxtiles, cerámica e bixutería que dende Decembro de 2009 estarán dispoñibles nas tendas de Solidariedade Internacional de Galicia para a súa venda. Para optimizar a producción se realizarán capacitacións, mellora e dotación de materias primas e equipamento. Así mesmo se traballará no desenvolvemento dun deseño de novos productos que, sen abandona-los valores culturais ecuatorianos, se adecuarán ás novas tendencias do mercado. Este último aspecto complementa ca estratexia de traballo e os planes de negocio cos que conta MCCH para a producción artesanal, considerando que estas tendencias do mercado varían axilmente e polo tanto é as veces difícil que productores e productoras conten cunha capacidade de adaptación a estes cambios e con acceso ao constante adestramento e tecnoloxías para que logren cumprir cas expectativas do mercado.







