Comercio Xusto en institucións e empresas
Empresas, administracións públicas e institucións son tamén consumidoras e, como tales, poden ter no Comercio Xusto un xeito responsable de ejercer o seu poder de facer un mundo mellor.
Aquí podes atopar algunhas ideas coas que participar dende a túa empresa, concello, etc.
Máquinas expendedoras
En pequeñas e medianas empresas adoitase dispoñer de máquinas expendedoras de bebidas quentes e snacks ao servicio de empregado/as e clientes. Ésta é unha boa oportunidade para elexir produtos con garantía ética e social, produtos de Comerxio Xusto; cafés de Colombia de altísima calidade, infusións de India ou Sri Lanka, chocolatinas, galletas, caramelos, froitos secos….existe unha ampla gama de produtos que se poden incorporar nestas máquinas sen mayor dificultade.
As empresas que en vez de máquinas teñan un espazo para o7as empregado7as ónde poder facer o café, infusións…tamén poden comprar os produtos de Comercio Xusto de forma periódica.
Solidariedade Internacional de Galicia ten en marcha, dende o ano 2005, unha campaña informativa na que se facilita a incorporación destes produtos no ámbito empresarial e que inclúe, ademáis da venta, sensibilización ao personal empregado, materiais informativos para os consumidores e a acreditación individual de cada máquina garantindo a procedencia dos produtos de Comercio Xusto que nela se dispensan.
Cestas de Nadal
Outra posibilidade de incorporar o Comercio Xusto no teu negocio e a través do regalo institucional ou as clásicas cestas de Nadal. Dende Solidariedade Internacional de Galicia ofertamos produtos e lotes atendendo ás necesidades de cada cliente.
Elixe o produto que máis che guste ou a cesta que mellor te veña, e nos personalizarémola coa imaxe ou logo da túa empresa.
Solicítanos unha proposta!!!
Caterings xustos e sabrosos
Os almorzos Solidarios son unha iniciativa de Solidariedade Internacional de Galicia que supón unha alternativa máis á hora de achegarse o Comercio Xusto.
Se trata dunha nova aposta por dar a coñecer, non só as características sociais dos productos, se non tamén a súa calidade. Unha forma sinxela da que poden participar tanto institucións públicas como privadas que requiran un servizo de catering para a celebración de eventos.
Solidariedade Internacional de Galicia ofrece un servizo completo de almorzos a partir de produtos de comercio xusto cun valor engadido, o de promover a igualdade e a xustiza social.
Solicita presuposto enviándonos un mail a direccion@solidaridadgalicia.org
Caramelos que cambian o mundo: proposta para un concello Solidario
Como cada ano, dende Solidariedade Internacional de Galicia, poñemos a disposición dos distintos concellos e empresas galegas, propostas que poderán facer das súas compras, actos de consumo responsable e comprometido cos traballadore/as do Sur.
Nesta ocasión de cara ó nadal, ofrecemos aos concellos galegos unha orixinal forma de axudarnos a cambiar o mundo: os caramelos de Comercio Xusto.
Se contan por toneladas as cantidades de caramelos que cada ano se reparten entre os nenos e nenas de todas as vilas galegas co galo das cabalgatas de reis.
O Comercio Xusto pode ser, neste caso, unha alternativa que axude a mellora-las condicións de vida de centenares de pequenos agricultores de dúas cooperativas de Malawi e Costa Rica respectivamente. Elaborados con azucre de caña , que representa o 50% do peso neto de cada caramelo, os caramelos de Comercio Xusto son, ademáis, un produto sen gluten.
O noso obxectivo é darlle saída este ano a 2.000 kg de azucre de caña destas cooperativas.
Incorporar caramelos de Comercio Xusto (na súa totalidade ou en parte) nas cabalgatas de reis do teu concello, é unha sinxela maneira de contribuír a cambiar o mundo.
Infórmate no 981 24 35 06 ou en direccion@solidaridadgalicia.org.







