Solidariedade Internacional de Galicia

Comercio Xusto; aquí e aló

Unha colección de xoias deseñada especialmente para o Comercio Xusto.

Xoias de BoliviaÓ longo do 2008, mulleres pertencentes ós barrios marxinais da cidade de El Alto, Bolivia, capacitaronse en deseño de xoias para poder traernos esta colección exclusiva de xoias labradas por elas mesmas. Todas realizadas en plata e awayo, onde cada peza fálanos de historias personais, de supervivencia, do seu afán de superación, da importancia da muller na sociedade… en fin da procura dunha vida mellor.

Unha aposta firme

A presente colección é o resultado dun proxecto de formación de mulleres orfebres no deseño de xoias que, o centro de Capacitación e Desenvolvemento da Muller e a Familia (CECADEM), ten desenvolvido coa colaboración de Solidariedade Internacional de Galicia. O obxectivo deste, foi o de contribuír a mellorar a súa participación no mercado laboral e o tecido económico en igualdade de oportunidades.

Xoias de BoliviaCo uso dun ordenador e apoiadas nos programas de deseño Corel Draw e Rhinoceros, mulleres orfebres da cidade de El Alto deseñaron esta colección de xoias, buscando expresar a necesidade de romper as barreiras da discriminación e a exclusión que lles afectan.

Xoias de BoliviaA plata (9.50) e o Aguayo (tecido tradicional boliviano), son os materiais que identifican a liña da colección de xoias, que, o ser combinados con interpretacións iconográficas andinas, apostan pola apertura de mercados internacionais.

A colección denominada “deseñando pola igualdade” pretende demostrar que a muller soamente necesita unha oportunidade para ejercer os seus dereitos económicos.

Ana María Tancara, Georgina Mamani, Teresa Cáceres, Paola Ramos, Leonor Quisbert, Yolanda Alegría, Sirley Salinas, Willma Huanta, Celia Posto, Ruth Aleluya, Nadezna Guzmán, Claudia cadena e Marthe Mamani son as responsables do deseño destas 13 pezas que nos achegan á súa realidade e á do seu país.

Se queres coñecer o resultado deste traballo, solo tes que visitar as tendas de Comercio Xusto de Solidairedade Internacional de Galicia.

Historia das xoias

Dije de prata y aguayo Peza deseñada por Ana María Tancara
Dije de prata e aguayo
A combinación de formas, símbolos e materiais representados na xoia expresan o respeto e integración das culturas andinas.

Broche de prata con aguayoPeza deseñada por Paola Ramos
Broche de prata con aguayo
O mítico cóndor dos Andes, animal sagrado da cultura andina, acolle nas súas ás protectoras concedendo fortuna e sabeduría.

Dije de prata con aguayoPeza deseñada por Sirley Salinas
Dije de prata con aguayo
Unha gota de auga derrama unha bágoa expresando o sufrimento e a capacidade de superar as adversidades, calidade propia dos pobos andinos

Pendente de prata con aguayoPeza deseñada por Teresa Cáceres
Pendente de prata con aguayo
A liberdade e a capacidade de emprender novos retos son representados na xoia a través dunha aguia en pleno voo expresando as morriñas persoais.

Pendente de prata con aguayoPeza deseñada por Leonor Quisbert
Pendente de prata con aguayo
A pomba da paz abraza fraternalmente a “Kantuta”, flor e símbolo nacional, que expresa a esperanza de tempos de harmonía e unidade.

Dije de prata con aguayoPeza deseñada por Wilma Rivas
Dije de prata con aguayo
A sabedoría transcendente da cosmovisión andina é representada na xoia cunha interpretación do símbolo da Cruz Andina.

Anillo de prata con aguayoPeza deseñada por Georgina Mamani
Anel de prata con aguayo
O deus Inti (sol na cultura Aimará) repousa na representación dun ollo, como o gardián da razón e a comunicación entre o mundo real e celestial, na cosmovisión Andina.

Anillo de prata con aguayoPeza deseñada por Yolanda Alegría
Anel de prata con aguayo
O cóndor, coñecido como “Señor dos Andes” se pousa nunha representación do templo de Kalasasaya, lugar dedicado á adoración do deus sol.

Pulsera de prata con aguayoPeza deseñada por Celia Posto
Pulsera de prata con aguayo
O sentimento fraternal de relación e a sabedoría andina son representados nesta xoia a través dunha interpretación do Aguayo e a Cruz Andina.

Pendente de prata con aguayoPeza deseñada por Nadezna Guzmán
Pendente de prata con aguayo
A muller andina e a deusa “Quilla” (lúa) fusiónanse nesta xoia expresando a eterna e mística relación entre a feminidade e a Lúa.

Pulsera de prata y aguayoPeza deseñada por Martha Mamani
Pulsera de prata y aguayo
A sensatez que require a relación entre o ben e o mal, entre o mundo místico e real, é representada a través desta figura humana animal dividida.

Dije de prata con aguayoPeza deseñada por Ruth Aleluya
Dije de prata con aguayo
Bolivia, representada por dúas moedas que expresan as riquezas dos pobos andinos.

Pendente de prataPeza deseñada por Claudia Morales
Pendente de prata
A muller e o home andino son representados en postura de orantes, que piden ás divindades tradicionais, por fortuna e protección

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza