Comercio Xusto
As relacións comerciais Norte-Sur representan unha das caras do Comercio Internacional. Estas relacións caracterízanse pola máis absoluta desigualdade; dun lado as grandes economías do Norte, representadas por xigantes empresariais que có apoio de gobernos e organismos internacionais determinan as reglas que marcarán esas relacións. De outro, países caracterizados por modelos baseados na exportación de materias primas, cuxo precio se fixa moi lonxe das súas fronteiras, e na manufacturación de productos baixo un modelo de abuso e explotación.
Existe unha alternativa que promove unhas relacións Norte-Sur baseadas na equidade e o respecto mutuo, que defende os dereitos dos traballadores e traballadoras do Sur e ofrece produtos que garanten un desenvolvemento social, económico e medioambientalmente sostenible; é o Comercio Xusto.
As tendas de Solidariedade Internacional
Ó longo dos últimos anos, SI Galicia ten prestado unha especial atención ó Comercio Xusto como unha poderosa ferramenta na loita contra a pobreza. Un claro exemplo do esforzo realizado neste senso ten a súa manifestación nas tendas que esta organización ten en Ourense, A Coruña e Pontevedra, espazos que, ademáis de ofertar unha alternativa de consumo, queren ser unha porta á organización é un lugar de encontro para todo/as aquele/as que queiran achegarse ó mundo da cooperación internacional.
Tenda de Comercio Xusto en Ourense
Rua da Paz, 8
32005 Ourense
Tlf 988 222 797
tenda.ourense@solidaridadgalicia.org
Tenda de Comercio Xusto en A Coruña
Rúa Cordelería, 79
15003 A Coruña
Tlf 981 243 506
tenda.coruna@solidaridadgalicia.org

Tenda de Comercio Xusto en Pontevedra
Galerías da Oliva, local 4
36001 Pontevedra
Tlf 986 855 964
tenda.pontevedra@solidaridadgalicia.org