Colabora con Haití
Solidariedade Internacional de Galicia habilita tres números de conta para apoiar ó pobo haitiano ante a devastación causada polo terremoto:
- CAIXA GALICIA: 2091 0530 39 3040011953
- CAIXANOVA: 2080 0140 17 0040019075
- BANCO PASTOR: 0072 0290 37 0000101279
Ás 21:53 GMT do pasado martes 12 de xaneiro, produciuse un sismo de 7,3 na escala Ritchter con epicentro a 15 quilómetros da capital Puerto Príncipe. O terremoto afectou gravemente ao país caribeño, o máis pobre de America Latina.
Os fondos que están a ser recadados empregaranse na fase de post emerxencia e reconstrución, que servirá tamén para apoiar o traballo que Solidariedade Internacional vén desenvolvendo en Haití dende 2004. Se está a desenvolver nestes momentos 3 liñas de traballo: Produción, transformación e comercialización dos alimentos, fortalecemento da sociedade civil e fortalecemento das municipalidades.
Artigos relacionados:
- Un cómic contra o cambio climático
- O Concello da Coruña apoia o labor de S.I. Galicia en Haití
- Un testemuño haitiano en Galicia
- Voluntarios/as de S.I. mobilízanse por Haití
- Concerto Solidario con Haití de Orquesta Gaos
- Haití; trala emerxencia, a reconstrucción
- Concerto Solidario Axuda Haití
- Novo terremoto en Haití
- Emerxencia en Haití





