Solidariedade Internacional de Galicia

Archivo para la categoría ‘Uncategorized’

Concerto Solidario con Haití de Orquesta Gaos

15/02/2010

Orquesta Gaos - Concerto Solidario con HaitíConcerto Solidario con Haití en colaboración con Solidaridad Internacional

Teatro Rosalía de Castro
17 de febrero de 2010 a las 20:30h

Director: Fernando L. Briones
Ensemblé Bouché

orquestagaos@gmail.com
www.orquestagaos.com

Prezo da entrada 3€
Fila Cero: Caixa Galicia
2091 0530 39 3040011953

As entradas poderanse adquirir na Taquilla Central da praza de Ourense (de luns a venres) na do teatro (só os días da función) ou a través de televenta (902 504 500 – www.servinova.com)

Etiquetas: ,
Posted in Uncategorized | 1 Comentario »

Haití; trala emerxencia, a reconstrucción

01/02/2010

Haití; trala emerxencia a reconstrucciónDende Solidariedade Internacional de Galicia queremos agradecer o esforzo realizado por  todo/as aquele/as que acudiron ó chamamento de apoio a Haití durante as últimas semanas. Pero queremos recordar que calquera axuda segue sendo necesaria para un país que tardará máis de dez anos en recuperarse das consecuencias do devastador terremoto. Aquí poderás coñecer cal está a ser a nosa labor nestes momentos.

Dende o inicio da emerxencia o día 12, e coa chegada da axuda internacional á zona días despois, a organización haitiana CROSE (socia de Solidariedade Internacional nas accións de desenvolvemento que levamos a cabo no país), puxo en marcha un dispositivo de emerxencia autoxestionado, composto de preto de 200 persoas voluntarias, cuxo labor principal consistiu inicialmente nunha recollida de datos porta a porta sobre os danos estruturais que o terremoto deixou en Jacmel.

Esta información serviu para realizar unha avaliación das graves consecuencias do terremoto en Jacmel, identificando as familias damnificadas para establecer as prioridades da axuda de emerxencia.

¿Cómo o facemos?

O equipo de Solidariedade Internacional en Haití encóntrase en Jacmel apoiando á resposta á emerxencia de CROSE (Coordinadora Rexional de Asociacións do Sueste de Haiti) e de ATEPASE (Asociación de Técnicos para a Promoción da Agricultura e a Protección do Medio do Sueste). Logrouse enviar á zona produtos potabilizadores de auga, terminais satélite para asegurar as comunicacións e material sanitario.

Ademais, grazas ás colaboracións de institucións públicas e privadas e, especialmente, ás numerosas achegas de particulares, adquiríronse en República Dominicana medicamentos básicos e material sanitario para primeiros auxilios, bidóns de carburante e un equipo de paneis solares para asegurar o abastecemento eléctrico en caso de cortes de electricidade. A pesar do mal estado das comunicacións terrestres, o material puido ser transportado a Jacmel por estrada dende Anse à Pitre, na fronteira Sur con República Dominicana.

Solidariedade Internacional, de cara á asistencia de emerxencia e ao posterior proceso de reconstrución, considera claves dous elementos na súa intervención:

Considérase a resposta á situación en tres niveis: en primeiro lugar a resposta de emerxencia que inclúe a mencionada avaliación sistemática dos danos en termos de perdas, a atención ás vítimas e o trauma, a organización de campamentos para aloxar as persoas sen fogar, as subministracións de alimentos quentes, auga potable, mantas, kits de hixiene e cociña.

A segunda fase, denominada de recuperación, ten por obxecto facilitar a reanudación das actividades normais, a reapertura das aulas, o funcionamento das institucións públicas e a reanudación das actividades económicas. Un problema engadido derivado do colapso provocado polo terremoto, é o alto número de persoas que se quedaron sen traballo nin medios para obter ingresos, por iso formulouse a posibilidade de proporcionar axuda económica directa ás familias damnificadas, que lles permita adquirir produtos básicos de subsistencia ata que se restableza a actividade económica.

Por último, a terceira fase consiste na reconstrución. O obxectivo será encontrar as modalidades, mecanismos e medios para dar cabida á poboación sen fogar, a reconstrución de edificios públicos, as estruturas sociais, tendo en conta as normas de construción para evitar danos futuros por furacáns e terremotos.

¿Con quen traballamos?

En todo este proceso, Solidariedade Internacional coordinouse con CROSE, ATEPASE, as autoridades locais e con outras organizacións internacionais con presenza no sueste de Haití, como ACPP, mantendo reunións periódicas para mellorar o mecanismo de distribución da axuda nos campos formais e informais habilitados para refuxiar as persoas que quedaron sen fogar.

De cara ao futuro, o traballo de Solidariedade Internacional poñerá unha especial énfase en apoiar a CROSE e ATEPASE na etapa de reconstrución, sen abandonar o traballo no fortalecemento do sector agrícola e gandeiro para garantir a curto e medio prazo o acceso a alimentos da poboación local do Sueste, aumentada previsiblemente pola chegada de persoas desprazadas dende Puerto Príncipe.

Etiquetas: , , ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Encontro de Solidaridad Internacional en Madrid

01/02/2010

Entre os días 11 e 15 de xaneiro, todo/as o/as membros de Solidaridad Internacional déronse cita en Madrid para artellar mecanismos de coordinación e mellora de cara ós vindeiros anos.

Solidariedade Internacional de Galicia acudiu o pasado mes de xaneiro ó Encontro Anual de Solidaridad Internacional celebrado en Madrid. Ó encontro acudiron, así mesmo, membros da Fundación Solidaridad Internacional, técnico/as e directivo/as das asociacións territoriais en Andalucía, País vasco e Valencia, representantes das distintas delegacións en España, así coma cooperantes e  personal local de todos os países ónde estamos presentes.

Durante cada unha das xornadas, ademáis de facer balance do feito durante o ano 2009,  puidéronse expoñer as liñas de actuación a seguir por todo/as durante o 2010. Espazos de discusión e análise sobre como continúar mellorando a labor de Solidaridad Internacional no seu conxunto, completaron unha programación que serviu ademáis para atoparnos con todo/as aqueles que fan posible a existencia desta entidade moi lonxe de nós.

Etiquetas: ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Solidariedade Internacional de Galicia aposta pola Banca Ética

01/02/2010

Solidariedade Internacional de Galicia aposta pola Banca ÉticaO pasado 16 de xaneiro quedou constiuida a Asociación Fiare Galiza, un proxecto de creación e consolidación dun sistema de Banca Ética do que Solidariedade Internacional de Galicia decidiu, na Asamblea Extraordinaria celebrada o pasado 4 de decembro, formar parte activa.

A actividade económica non é neutral. Pretende impoñerse a impresión de que a economía funciona con claves científicas nas que non entran dimensión éticas.

Así, o sistema bancario tradicional pasou da súa función básica de intermediación de depósito e crédito a un entramado complexo en que o interese principal está nas carteiras de negociación especulativas. Nel fináncianse proxectos non sustentables, destructivos e defínese por provocar un excesivo endebedamento, ter por principio a exclusión bancaria dos pobres, xogar co financiamento de necesidades básicas poñendo en perigo a supervivencia de grupos humanos…. Pero a actividade económica non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou non intencionais. Toda decisión económica é, en último termo, unha decisión ética, asumida desde un marco determinado de conviccións e as súas consecuencias favorecen a unhas persoas e prexudican a outras.

A implicación ética desta realidade non se detén na acusación dirixida aos bancos e poderes económicos, xa que a participación particular de cada cidadán/á fainos responsables ante a agresión que se leva a cabo empregando, entre outros, os nosos aforros. A SUMA das nosas accións individuais (legais, “inocentes”, socialmente aceptadas…) ten efectos DEVASTADORES en persoas e lugares que non coñecemos (ou non queremos coñecer).

Ao noso redor, cada vez máis persoas e organizacións vanse facendo conscientes desta realidade e intentan tomar as decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de crédito ou os seus investimentos con responsabilidade, baseándose nunha información fiable e suficiente.

Xorden así preguntas como as seguintes:

A nosa pretensión é dar respostas satisfactorias a estas preguntas e isto podemos atopalo no inicio e na base do proxecto de Banca Ética de FIARE.

A BANCA ÉTICA é unha proposta de intermediación financeira que persegue a transformación social, polo que os seus labores de captación de capital, investimento e préstamo realízanse desde unha filosofía integral e uns fins éticos ao servizo da xustiza e baseados en;

Desde esta perspectiva, os obxectivos xerais de Fiare, como intermediario financeiro son:

Solidariedade Internacional de Galicia, como entidade que promove o consumo responsable en todas as súas facetas, non pode deixar de lado unha con tantas implicacións coma a da banca, e é por isto que dende o pasado 4 de decembro, entrou a formar parte da Asociación Fiare Galiza dende a que traballará para poder ofrecer un sistema bancario alternativo.

Se queres saber máis, visita www.fiare.org

Etiquetas: ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Concerto Solidario Axuda Haití

25/01/2010

Concerto Solidario Axuda HaitíVenres 29 de Xaneiro
Forum Metropolitano
20:30 horas
Entrada 5€

Fila cero: 2091 0530 39 3040011953
Puntos de venta: Taquillas Central (Plaza de Ourense)
www.servinova.com 902 504 500

Etiquetas: , ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Novo terremoto en Haití

21/01/2010

O sismo de 6 graos, con epicentro a 40 quilómetros de Jacmel, produciu a derruba dos edificios que xa estaban afectados. No informe do día 16 comunícase que a axuda internacional aínda non chegou á zona.

A representante de Solidariedade Internacional para Haití, Egido Sanz, viaxa nestes momentos á República Dominicana para apoiar os labores de coordinación da axuda. Alí, procederase á compra de produtos de primeira necesidade que se enviarán á zona de Jacmel. Así mesmo, enviáronse á zona dous teléfonos satélite, doados pola Fundación Telefónica, para mellorar as comunicacións, que nestes momentos se encontran bloqueadas.

En Jacmel, a segunda cidade comercial de Haití, a maioría da poboación estase a organizar de forma espontánea en torno ao que denominaron grupos solidarios, que se sitúan en espazos abertos da cidade ante as permanentes réplicas que a afectan.

O dispositivo de coordinación, onde se encontran diariamente representantes dos organismos locais e de cooperación con presenza en Jacmel, o Delegado da rexión do Sueste, Dirección de Protección Civil, o Ministerio de Turismo e Bombeiros de Jacmel, está a informar das principais necesidades da poboación de acordo ao informe de danos.

O informe reflicte máis de 350 mortos, 420 feridos, case 12.000 familias afectadas, 8.000 persoas sen fogar e 8.400 edificios afectados, o 30% deles completamente destruídos. Ademais, o único hospital só conta con 2 das súas salas operativas e non hai luz, nin auga corrente. As necesidades prioritarias son as máis elementais: auga, comida, luz, comunicación, gasolina, sistemas médicos (gasas, xiringas, bisturís, luvas, bandexas cirúrxicas, soros, goteiros, tensiómetros, etc…) e medicamentos xerais (penicilina, paracetamol, etc..). Tamén se necesitan bolsas para cadáveres e produtos para contrarrestar o olor, e evitar posteriores epidemias. Detéctanse tamén necesidades de tendas de campaña, auga, kits de primeiros coidados, mantas, kits de cociña, cubos, auga potable, kits de utensilios de cociña.

En canto á chegada da axuda, o luns 18 saíron 4 barcos da Mariña de guerra Dominicana dende Pedernais cara a Jacmel, transportando en total case 30 toneladas de produtos de primeira necesidade, de acordo co Gobernador de Pedernais, quen viaxou no primeiro buque. Na cidade de Pedernales existe un grande almacén posto a disposición pola Defensa Civil e a Gobernación, con vixilancia as 24 horas. O desembarco en Jacmel vaise realizar en embarcacións da MINUSTAH (Misión de Nacións Unidas para a estabilización de Haití), cuxo continxente acompaña a chegada e a distribución, garantindo a seguridade da axuda humanitaria. Onte día 19 só saíu un barco con material sanitario e medicinas, e un equipo médico, de enfermaría e de loxística, xa que non hai nada máis no almacén de Pedernales.

En principio establecéronse 3 campamentos baixo a coordinación do Comité de Operación de Urxencia (COU), composto por delegados, as Alcaldías e outros actores. O continxente da MINUSTAH está a patrullar e garante a seguridade na zona.

Constituíronse 2 grandes zonas de albergue con:

Solidariedade Internacional de Galicia habilitou tres números de conta para recoller fondos destinados a apoiar os labores de emerxencia, esperamos contar coa vosa colaboración:

Os números de conta para facer os ingresos son os seguintes:

Etiquetas: , , ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Emerxencia en Haití

15/01/2010

Solidariedade Internacional de Galicia habilita tres números de conta para apoiar ó pobo haitiano ante a devastación causada polo terremoto.

Ás 21:53 GMT do pasado martes 12 de xaneiro, produciuse un sismo de 7,3 na escala Ritchter con epicentro a 15 quilómetros da capital Puerto Príncipe. O terremoto afectou gravemente ao país caribeño, o máis pobre de America Latina. Aínda non hai cifras oficiais de vítimas, pero segundo as estimacións pode haber máis de 50.000 vítimas e un alto número sen determinar de desaparecidos.

O Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación español confirmou o envío urxente de axuda humanitaria dende Panamá, onde a Cooperación española dispón dunha base loxística. Solidariedade Internacional confirma que o seu persoal en terreo se encontra ben.

Solidariedade Internacional centrará a súa axuda en saúde, alimentación e reconstrución.

Solidariedade Internacional ten presenza en Haití dende 2004 e actualmente está a promover accións para o desenvolvemento das poboacións rurais nesta zona. Solidariedade Internacional xunto coas súas entidades socias locais (CROSE, ABCAB e ATEPASE) trata de mellorar as condicións de vida dos e as pequenas produtores/ás agropecuarios. Na cidade de Jacmel, capital do departamento Sueste e onde se encontra a oficina de Solidariedade Internacional, o sismo fíxose notar con forza.

A nosa contraparte local CROSE (Coordinadora de Organizacións da Rexión Sueste) fixo unha primeira avaliación dos danos nos diferentes barrios de Jacmel. 4.537 vivendas devastadas, 37 escolas, moitas delas encontrábanse dando clase no momento do terremoto, máis de 150 comercios, 22 hoteis e restaurantes, 5 centros de saúde, estacións de raio e televisión, e polo menos 18 oficinas de ONG. O 30% dos edificios están completamente afundidos, e máis do 50% afectados. O hospital de Jacmel tamén se viu seriamente afectado, polo que teñen que atender aos feridos na rúa, ademais necesítanse urxentemente medicamentos e persoal médico para atender aos afectados.

A representante de Solidariedade Internacional en Haití viaxará o mércores para colaborar na coordinación da axuda de emerxencia neste departamento.

O traballo de Solidariedade Internacional xunto con nuestas contrapartes locais, CROSE, ATEPASE e ABCAB, centrarase nos labores de coordinación e avaliación da situación nesta rexión para determinar as principais necesidades da poboación. Tras esta avaliación, Solidariedade Internacional ten previsto comezar coa axuda, centrada especialmente en:

O traballo articularase a través das entidades da sociedade civil, os que están xogando un papel moi importante nas tarefas de axuda, xa que posúen o coñecemento necesario do terreo e da situación.

Os fondos que están a ser recadados empregaranse na fase de post emerxencia e reconstrución, que servirá tamén para apoiar o traballo que Solidariedade Internacional vén desenvolvendo en Haití dende 2004. Se está a desenvolver nestes momentos 3 liñas de traballo: Produción, transformación e comercialización dos alimentos, fortalecemento da sociedade civil e fortalecemento das municipalidades.

Dende Solidariedade Internacional queremos chamar a atención, non só na axuda de emerxencia necesaria nestes momentos, senón no traballo de reconstrución que se deberá desenvolver posteriormente. Calcúlase que serán necesarios polo menos 10 ou 20 anos de reconstrución para mellorar a situación do país. Hai que recordar que en Haití é o país máis pobre de latinoamérica, onde o 80% da poboación vive con menos de 2 dólares ao día.

A inestabilidade política que vive o país, onde Nacións Unidas ten unha misión dende 2003, sumado a causas estruturais como a forte emigración dende o ámbito rural ás cidades debido á liberalización do prezo do arroz, fixo de Haití un estado fráxil, que está a ter serias dificultades para afrontar a situación.

Os números de conta para facer os ingresos son os seguintes:

Etiquetas: , , ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Visita a Galicia de Zoila Orquera

12/12/2009

Solidariedade Internacional de Galicia, en colaboración coa Obra Social Caixa Galicia, impulsou durante o último ano un proxecto con asociacións de mulleres produtoras con poucos recursos en barrios da cidade de Quito, Ecuador.

O proxecto incluíu procesos de formación, e mellora da produción e comercialización dos produtos, o mesmo tempo que permitiu a estas mulleres de escasos recursos desenvolver capacidades humanas e técnicas, para así poder optar a un traballo recoñecido social e economicamente.

Dende unha visión integradora da Cooperación Internacional, en Solidariedade Internacional de Galicia queremos  unir o traballo realizado nos países empobrecidos coa  Sensibilización e Educación para o desenvolvemento na nosa comunidade. E por isto que, durante os vindeiros días recibiremos a visita de ZOILA ORQUERA, unha das mulleres participantes no proxecto realizado en Quito que participará en diferentes iniciativas para dar a coñecer á poboación galega o traballo de produtore/as de cooperativas de comercio xusto e para ter un testemuño en primeira persona das vantaxes que supón esta forma alternativa de comercio para elas e eles.

Consulta o programa e acode a algunha das citas propostas.

Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Concerto “Pobreza Cero” en Vigo

01/12/2009

Contra a pobreza presiona!Xoves 3 de Decembro – 21:00h
Sala Mondo (Rúa Joaquín Loriga, 3). Vigo
Entrada 2€
Coas actuacións de:

Consulta máis información na web de Pobreza Cero.

Etiquetas: ,
Posted in Uncategorized | 1 Comentario »

A crise da cooperación galega

30/11/2009

O Proxecto de Lei de Orzamentos das Xunta de Galicia 2010 prevé unha reducción do 16% dos fondos adicados a Cooperación internacional. Un informe presentado pola Coordinadora galega de ONGD´s evidencia a falla de compromiso do actual goberno da Xunta de Galicia.

O pasado 17 de novembre, a Coordinadora Galega de ONGD´s fixo plúblico un informe que pretende ser unha análise exhaustiva do trato que acooperación ao desenvolvemento recibiu no Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais, presentado o luns 19 de outubro no Parlamento de Galicia e que será aprobado en pleno parlamentario o vindeiro 22 de decembro.

Nos que se deron en chamar os “orzamentos da austeridade”, o primeirodato relevante é que a cooperación galega fica para 2010 no 0.086% do orzamentoda Xunta de Galicia, con 9.700.000€

Esto supón unha reducción con respecto ao 2009 dun 16% do total dos fondos, que en termos absolutos representa 1.916.000€ menos. Continuamos pois,sendo a Comunidade Autónoma que menos destina a cooperación ao desenvolvemento.

Un dato curioso, acadar o 0.7% do orzamento para cooperación en 2010 tería equivalido ao total investido en cooperación pola Xunta de Galicia, nos últimos 18 anos, 80.000.000€. Estes oitenta millóns, poden parecer moitos, pero representan tres veces menos do gastado ata agora na Cidade da Cultura, e seis veces menos do custo estimado final (476 millóns de euros).

Podes atopar máis información no informe:

A Cooperación ao desenvolvemento no Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da comunidade autónoma de Galicia para o 2010

Etiquetas:
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza