Solidariedade Internacional de Galicia

Archivo para la categoría ‘Uncategorized’

Solidariedade Internacional, un gran equipo de profesionais

02/02/2011

Solidariedade InternacionalUn ano máis, voluntarios/as, equipos técnicos en sedes e terreo e directivos/as das distintas asociacións territoriais que conforman Solidariedade Internacional, déronse cita na Fundación, con sede en Madrid, co obxectivo de facer balance do ano 2010 e establecer, de forma conxunta, o xeito en que afrontar os retos que presenta o 2011.

Durante 5 días e cunha axenda na que houbo espazo para o debate, a reflexión e a análise, todos/as os/as que formamos parte de Solidariedade Internacional participamos dun novo encontro que, sen dúbida, serviu para fortalecer o noso compromiso na loita contra a pobreza e a desigualdade dende unha perspectiva progresista.

Os retos da cooperación española, a estratexia da entidade para os próximos anos ou o traballo realizado en Haití tras a catástrofe son só un exemplo dos moitos temas que se abordaron durante uns días nos que todos/as os que formamos parte de Solidariedade Internacional en España, América Latina, África e Oriente Medio podemos vernos as caras e compartir inquietudes.

Aproveito estas liñas para agradecer a todos/as os que fan posible Solidariedade Internacional lonxe de aquí, o seu esforzo e dedicación a este proxecto conxunto.

Etiquetas: , ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Cabalgatas xustas e sen glute

27/12/2010

Como cada ano, con motivo das tradicionais cabalgatas de reis, cóntanse por toneladas os caramelos que son distribuidos entre os nenos e nenas galegos/as. Tamén, cada ano, tanto dende a Asociación de Celíacos de Galicia como dende Solidariedade Internacional de Galicia éste é o momento para reivindicar que estes caramelos sexan libres de glute e elaborados segundo os criterios de Comercio Xusto, deste xeito, ambas entidades reclaman o compromiso das instituciós locais galegas coas súas respetivas causas que, tanto nun caso coma noutro, teñen coma obxectivo mellorar as condicións de vida de milleiros de persoas.

Este ano e por primera vez, o obxectivo é único e a campaña para impulsar la incorporación de caramelos de Comercio Xusto e sen glute será realizada de maneira conxunta entre ACEGA e Solidariedade Internacional de Galicia.

Durante este nadal, as dúas organizacións galegas porán en marcha unha iniciativa dirixida a todos os concellos da nosa comunidade, algúns dos cales xa levan traballando nesta líña dende hai anos.

Para ampliar a información poden chamar ó 657 202 890 (María Paz – Solidariedade Internacional de Galicia) ou ó 679 461 003 (Isabel – ACEGA).

Etiquetas: , , ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Para o teu concello; caramelos nas cabalgatas de Reis

13/12/2010

Contanse por toneladas as cantidades de caramelos que, cada ano, repártense entre nenos e nenas de todos os concellos galegos con motivo da celebración do día de reis. Optar pólo Comercio Xusto pode ser, neste caso, unha opción de compra que sirva, dunha banda para amosar o compromiso das institucións públicas cos dereitos dos traballadore/as do Sur, o tempo que serve de exemplo ó resto da cidadania. Leer mais.

Dende Solidariedade Internacional de Galicia cada nadal promovemos a incorporación de caramelos de Comercio Xusto nas tradicionais cabalgatas de reis. Unha orixinal e sinxela forma de promover dende as administracións públicas o Comercio Xusto e o consumo responsable.

Os caramelos de Comercio Xusto son, en concreto, unha alternativa que axuda a mellorar as condicións de vida de centenares de pequenos agricultores de dúas cooperativas de Isla Mauricio e Paraguay respectivamente.

Fai o teu pedido no 981 24 35 06 ou envia um e-mail a direccion@solidaridadgalicia.org

Etiquetas: , , ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Para a túa empresa; cestas e lotes de Comercio Xusto

13/12/2010

As empresas son tamén consumidoras e, como tales, poden ter no Comercio Xusto unha forma responsable de exercer o seu poder para facer un mundo mellor.

Solidariedade Internacional de Galicia ten en marcha unha campaña a través da cal facilítase a incorporación destes produtos no ámbito empresarial a través da venda e sensibilización ó personal empregado. Como parte desta iniciativa, cada Nadal ofrecemos a oportunidade de confeccionar lotes e cestas de produtos de Comercio Xusto.

As cestas de Nadal de Comercio Xusto están compostas por produtos de alimentación de alta calidade. Os lotes son presentados en cestas de fibra natural producidos por cooperativas de Comercio Xusto de Bangladesh e Vietnam recheas de viruta de madeira limpa.

Fai o teu pedido no 981 24 35 06 ou envia un e-mail a direccion@solidaridadgalicia.org

Etiquetas: , ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Comercio Xusto na rúa Real de A Coruña!!

24/09/2010

Nova tenda de comercio xusto en A CoruñaO pasado luns, a tenda de Comercio Xusto de A Coruña abriu as súas portas nunha nova ubicación. O número 2 da rúa Alcalde Canuto Verea, moi preto da rúa Real, pasa a ser así un novo espazo ónde achegarse a un modelo de comercialización que defende os dereitos laborais dos traballadores e traballadoras do Sur.

Unha céntrica rúa da cidade que permititrá dar a coñecer esta alternativa comercial a un maior número de persoas. Produtos de alimentación, artesanía, textil… que contribúen a mellorar as condicións de vida de milleiros de homes e mulleres de países en Africa, América Latina e Asia.

O Comercio Xusto pode ser unha poderosa ferramenta na loita contra a pobreza. Achégate o novo establecemento de Solidariedade Internacional de Galicia en A Coruña e comprobao.

Recorda, na rúa Alcalde Canuto Verea, número 2 e, se queres chamar, o teléfono é o 881 92 92 02.

Nova tenda de comercio xusto en A Coruña na rúa Alcalde Canuto Berea, 2

Etiquetas: , ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Voluntario/as no centro penitenciario da Lama

17/08/2010

O pasado vernes día 30 de xullo, voluntario/as de Solidariedade Internacional de Galicia visitaron o Centro Penintenciario da Lama. A finalidade da visita foi expoñer á/ós reclusa/os como se invertiron os cartos que grazas, entre outro/as moito/as, a ele/as foron recadados por Solidariedade Internacional de Galicia e destinados a labores de emerxencia e reconstrución en Haití.

Como sabemos, o pasado xaneiro houbo un forte sismo que asolou este país, deixando milleiros de mortos e feridos, enormes danos materiais e centos de miles de damnificados. Ante esta situación, voluntario/ás de Solidariedade Internacional de Galicia puxeron en marcha distintas iniciativas destinadas a recadar fondos para as labores de axuda de emerxencia no que ata o momento xa era un dos países máis pobres de América Latina.

Entre esas iniciativas, incluiuse un Mercadiño Solidario promovido polo grupo de voluntariado de Pontevedra que contou cunha colaboración moi especial, a dos reclusos do Centro Penitenciario da Lama. A través da doazón de pezas de artesanía elaboradas por eles mesmos e posteriormente vendidas no mercadiño, celebrado o 5 de febreiro, recadáronse preto dos 1.500 € que foron destinados integramente a Haití.

Con esta visita, Solidariedade Internacional de Galicia pretendía agradecer a solidariedade mostrada tanto polos reclusos coma polo propio persoal responsable do Centro e amosar a labor realizado ata agora en Haití cos cartos recadados.

Durante unha tarde na que os voluntario/as tiveron, ademáis, a grande oportunidade de coñecer algunhas das instalacións do Centro Penitenciario, reclusos e voluntario/as compartiron un espazo aberto ó diálogo e ós agradecementos mutuos pola labor realizada.

Queremos, dende Solidariedade Inetrnacional de Galicia, agradecer o exquisito trato recibido durante a visita e agardamos que ésta sexa a primeira dunha longa lista de colaboracións.

Etiquetas: ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

O Concello da Coruña apoia o labor de S.I. Galicia en Haití

17/08/2010

O pasado 27 de xullo, María Paz Gutiérrez (Directora de SI Galicia) e Javier Losada (Alcalde da Coruña) asinaron un convenio que contribuirá a continuar o labor de reconstrución da entidade en Haití.

Segundo o devandito convenio, o Concello colaborará cunha aportación de 50.000 euros a un proxecto de cooperación na zona de Bainet, ao sueste de Haití, unha das máis afectadas polo terremoto que arrasou o país en xaneiro pasado e na que, Solidariedade Internacional de Galicia está presente dende o ano 2004.

O proxecto pretende reducir as condicións de vulnerabilidade da poboación afectada polo terremoto mediante a provisión de alimentos ás persoas en situación de refuxio ao tempo que promove o relanzamento do sector agrícola a través da protección dos recursos naturais e a prevención de riscos ante posibles catástrofes.

O proxecto realizarase coa colaboración da Asociación de Técnicos para a Promoción da Agricultura e a Protección do Medio do Sueste (ATEPASE) e pretende reforzar a capacidade de xestión das institucións e organizacións locais construíndo infraestruturas de emerxencia que potencien a actividade despois da crise. Trátase dun proxecto que combina elementos de axuda de emerxencia con traballos de reconstrución e rehabilitación da economía produtiva centrando o traballo en cuestións de seguridade alimentaria que inclúe tanto a distribución de alimentos coma a rehabilitación agrícola, gandeira e pesqueira.

Etiquetas: , ,
Posted in Uncategorized | 1 Comentario »

Mudámonos!!

17/08/2010

Tras varios anos compartindo espazo coa tenda de Comercio Xusto na Coruña, o equipo técnico trasládase ao Centro Cívico Municipal de Monte Alto nesta mesma cidade.

Dende este mesmo momento e grazas á colaboración do Concello da Coruña, Solidariedade Internacional de Galicia conta cunha nova oficina na cidade herculina. A nova sede da entidade, situada no Centro Cívico Municipal de Monte Alto (Vereda del Polvorín, 2), albergará as áreas de Dirección (María Paz), Cooperación (Teresa Boedo), Educación para o Desenvolvemento (María Caride) e Contabilidade e Finanzas (Bernabé Porbén).

Cambiamos de dirección pero mantemos o número de teléfono habitual, o 981 24 35 06 (para os Departamentos de Cooperación e EpD) e engadimos unha nova liña co número 981 92 53 34 (para contactar con Dirección e Contabilidade e Finanzas).

Mentres tanto, a tenda de Comercio Xusto permanece aberta na súa situación habitual (Cordelería, 79 e Orzán, 184).

Esperamos que as novas instalacións, mellor adaptadas ás necesidades da organización, nos permitan poder atendervos como o fixemos ata agora e contribúan a mellorar o noso labor na loita pola xustiza social e a erradicación da pobreza.

Etiquetas: , ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Padrón merca Con Sentido

14/07/2010

Padrón merca Con SentidoO pasado domingo día 4 de xullo tivo lugar no concello de Padrón a campaña Comercio con-Sentido onde membras e membros de Solidariedade Internacional de Galicia realizaron varias actividades indagando nas diferentes formas de comercialización tradicional de varios produtos coma o cacao, o té, o café, o azucre e o algodón que se obteñen de xeito case ilícito vulnerando os dereitos laborais de moitas persoas.

Sabemos que a maioría da poboación en xeral non é consciente de que os produtores e produtoras no Sur son sistematicamente explotados a cambio dun salario mísero, por iso é moi importante que se leven a cabo estas campañas e que cheguen ao maior número de xente posible. Afortunadamente o concello de Padrón opina do mesmo xeito, e brindounos esta magnífica oportunidade de poder difundir esta realidade tan incómoda e silenciada en tantas ocasións.

A campaña de Solidariedade Internacional de Galicia “Comercio Con-Sentido” en Padrón contou con cinco stands onde se daba información sobre a realidade “escura” que rodea a algúns alimentos que soemos consumir na nosa vida cotiá como son o café, o té, o algodón, o cacao e o azucre. Produtos cuxa procedencia cultural nos son afastadas e cunha poboación que sufre o azote da presión das grandes compañías. Asemade, se aportaban outros datos relacionados coa súa orixe, variedades, características e curiosidades… Como colofón, os e as asistentes puideron deleitar dunha ampla variedade de refrixerios de Comercio Xusto.

Por outra banda, os stands estiveron acompañados dunha exposición de 11 despregables onde se recollía información xeral sobre as normas que rexen o comercio internacional representadas a traveso destes cinco comestibles que consumimos tan habitualmente. Ditos despregables recollen todo o proceso de producción e comercialización achegándonos á magoada realidade do productor ou productora a causa do férreo control de prezos que exercen as multinacionais.

Etiquetas: ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Santiago acolleu o foro “A eficacia das organizacións da sociedade civil europea no desenvolvemento”

14/07/2010

A eficacia das organizacións da sociedade civil europea no desenvolvementoComo parte do proceso de reflexión internacional do Open Forum, que busca definir un marco de traballo global sobre a eficacia do desenvolvemento dende a visión das ONGDs, os pasados días 28 e 29 de xuño, celebrouse en Santiago o Foro “A eficacia das organizacións da sociedade civil europeas no desenvolvemento”. As conclusións deste proceso servirán de insumo na próxima reunión do Foro de Seul, a celebrar no 2011, ónde se evaluará o avance e estableceranse os próximos pasos na Axenda da Eficacia.

Tras a Declaración de París e o Programa de Acción de Accra, as organizacións da sociedade civil enfrontámonos a un contexto máis complexo e en proceso de cambio de cara a unha nova arquitectura do desenvolvemento, que significa tamén abordar a implementación dunha Axenda da Eficacia da Axuda. Neste senso, xorden espacios de reflexión e análise a nivel nacional e internacional que pretenden abordar o punto de vista das ONGDs neste novo contexto.

O Foro celebrado en Santiago serviu, dunha banda para contribuír ó proceso cos aportes das experiencias das entidades españolas, así coma poñer en común as distintas aproximacións das organizacións europeas. De todo isto, estableceranse conclusións que contribúan ó proceso global do Open Forum.

No acto participaron ONGDs membro do Coordinadora galega e estatal de ONGDs, redes e entidades da sociedade civil do ámbito europeo, representantes da Comisión Europea, o Goberno español, comunidades autónomas e Gobernos locais.

Etiquetas: , , ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza