Solidariedade Internacional de Galicia

Archivo para la categoría ‘Uncategorized’

A testemuña do cambio no vertedoiro de La Chureca.

12/03/2013

Durante os vindeiros días, Yelda, Paola e Juan percorrerán Galicia para falar da súa experiencia de vida ó carón do vertedoiro máis grande de América Central.

Basurero Chureca

No barrio de Acahualinca (Managua) atopábase o vertedoiro da Chureca, do que ata hai ben pouco vivían milleiros de persoas. A cooperación internacional, a través dun programa integral, está a tratar de dar resposta a unha situación que xeraba grandes problemas sociais como o traballo infantil, a infravivenda, a insalubridade ou a violencia familiar, en definitiva, unha cara máis das tantas que ten a extrema pobreza.

Solidariedade Internacional de Galicia coa axuda da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia leva tres anos apoiando este proceso tratando de ofertar alternativas laborais ós chamados “churequeros” que ata agora vivían do vertedoiro.

Basurero Chureca

En colaboración coa organización local Dos Generaciones, estamos a traballar no centro de formación laboral “Rafael García Reyes” para mellorar a oferta educativa, especialmente destinada os mozos e mozas que, deste xeito, poderán aumentar ás súas expectativas laborais unha vez pechado o vertedoiro.

Seguindo coa nosa aposta polo traballo nos centros de educación secundaria, durante ás próximas dúas semanas, Yelda, Paola e Juan visitarán institutos de toda Galicia e contarán, dende a súa propia experiencia, como é a vida dun mozo en Acahualinca e de que xeito a cooperación internacional ten abordado os principias problemas desta parte do mundo.

Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Asemblea Anual Ordinaria 2013 de SI Galicia

14/02/2013

O próximo sábado, 2 de marzo de 2013, de 11:30 a 17:00 en Vento do Sul (Ourense) terá lugar a ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA DE SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA.

Orde do día:

Prégase confirmar asistencia no teléfono 981 24 35 06 ou a través dun correo electrónico a direccion@solidaridadgalicia.org.

Se desexas participar pero non podes asistir, podes delegar o teu voto noutro socio/a. Para iso, descarga e cobre o cupón do enlace que figura máis abaixo e fáinolo chegar por correo electrónico ou correo postal.

Cupón de delegación de voto (documento de Word)

Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Presentación do libro Tecendo Historias de Muller

06/02/2013

O pasado mes de Decembro de 2012, celebramos o acto de presentación do libro de Tecendo historias de Muller, no novo espazo que Solidariedade Internacional de Galicia ten en Ourense, en Vento do Sul, no que a nosa tenda de comercio xusto da organización comparte espazo coa libraría Torga, por iso pensamos que sería o lugar ideal para presentar esta iniciativa.

Ademais de ser una acto aberto ao público, asistiu o alumnado e o profesorado do IES Blanco Amor de esta cidade, xa que 3 das súas alumnas e alumnos foron as gañadoras na categoría de relatos e de fotografías.

No acto estivo presente a Directora de Solidariedade Internacional de Galicia, as alumnas e alumnos gañadores falando dos seus traballos e mantívose unha conexión vía skype con Bolivia na que participaron:

Este momento foi moi emotivo para o alumando, profesorado e tamén par ao público asistente ( voluntarias/os do grupo de apoio de Ourense, xente da libraría, clientas/es da tenda de comercio xusto,…) xa que ter en directo o testemuño dunha muller indíxena boliviana que lle estaba a contar en primeira persoa a importancia do traballo de xénero, caloulles moito e complementou o traballado realizado nos obradoiros educativos.

As mozas e mozo gañador do concurso agasallóuselles, ademais do libro, cunhas bufandas, feitas polas mulleres e homes da Banda da Calceta. A banda da calceta é un grupo formado por homes, mulleres, xóvenes e maiores, que se reúnen en Vento do Sul todos os mércores para calcetar e falar da vida. Quixemos vincular este proxecto de Tecendo historias de muller, no que a nosa imaxe era un nobelo de lá con elas e eles, así que durante os mércores do último trimestre do ano 2012, mentres calcetaban e falaban, tamén tiñan momentos para escoitar as mulleres doutros países a través dos vídeos que nos enviaron as nosa/os cooperantes de mulleres de Bolivia, Nicaragua, Guatemala, …

O libro está dispoñible en PDF no seguinte enlace: Tecendo Historias de Muller (PDF)

Etiquetas: ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Irene Viaxa a Oriente Próximo!

26/12/2012

A paz como eixe central desta nova entrega de “Contos do Mundo”

Cun divertido espectáculo de monicreques e da man da Compañía Cachirulo, preséntase un novo exemplar da colección de contos infantís “Contos do Mundo”. Comezamos mañá en Ourense ás 18:00 en Vento do Sul.

Irene en Oriente Próximo

Tras moitos quilómetros percorridos por África e América, a protagonista da colección de libros infantís “Contos do Mundo” visita Líbano, Xordania e Territorios Palestinos.

A través das súas aventuras, e das historias recompiladas durante os seus días nesta rexión do mundo, Irene, filla de cooperantes, achegará unha boa parte da cultura e tradicións aprendidas durante a súa viaxe a nenos e nenas.

A todos/as aqueles/as que xa coñecedes a Irene invitámosvos a participar desta nova aventura, aos que aínda non gozastes de ningún dos seus libros esperámosvos para darvos a coñecer esta colección que fala de multiculturalidade, respecto, paz e solidariedade.

A presentación pública de Irene en Oriente Proximo farase a través dun espectáculo de monicreques con entrada de balde e na que se regalarán exemplares gratuítos da obra a todos/as os/as nenos/as asistentes.

A continuación, podes consultar os lugares e datas previstas:

Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

“Sé o cambio que queres ver no mundo”.

18/12/2012

Visita unha tenda de Comercio Xusto e actúa.

Achegar solucións dende a cotidianeidade é unha opción posible que nos permite converternos en cidadáns críticos e activos. Consumir responsablemente é unha alternativa que pode contribuír a repartir os recursos de xeito máis equitativo, converténdonos así en suxeitos capaces de alterar o rumbo da economía.

Tendas Comercio Xusto

Apostar polo pequeno comercio, por produtos locais, agroecolóxicos, reducir, reciclar e, sobre todo, reflexionar, é o noso dereito e, porqué non o dicir, a nosa obriga.

Dende Solidariedade Internacional de Galicia, ofrecemos unha desas opcións que poderán facer que este Nadal o teu diñeiro chegue ás mans de produtores e artesáns que, doutra forma, estarían excluídos do modelo actual.

O Comercio Xusto é unha arma contra a crise de moito/ás e, sobre todo, contra as crises futuras de todo/ás.

O Comercio Xusto é unha alternativa para quen dende unha toma de conciencia individual sobre ou mundo, ou consumo e a situación de millóns de seres humanos, dá un paso cara a un activismo consciente non que ao seu consumo se refire. Produtos de moi alta calidade coa garantía de respecto ás persoas e ao Medio.

Unha postura individual que utiliza ou consumo como unha ferramenta para transformar e transformarnos. Ás garantías éticas, sociais e medio ambientais son unha premisa a cumprir. Ás persoas e a Terra, primeiro.

Visita unha tenda de Comercio Xusto e actúa. “Sé o cambio que queres ver non mundo”

Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

NICARAGUA: a miña experiencia como voluntaria.

04/12/2012

Recen aterrizada na miña benquerida Galicia, aínda non están asentadas en min as emocións e experiencias vividas ao longo destes sesenta e catro días.

Aínda os recordos retornan pola miña cabeza coma imaxes dunha viaxe maxinada, coma si nunca tivera existido alén dun propio soño. Pois foron moitos os sentimentos xerminados durante a miña estancia neste fermoso país de auga e lume, debuxado con man divina de costa a costa. Nicaragua, país de lagos e volcáns, de xente humilde e traballadora, país de irmáns.

Día Mundial Comercio Xusto
Da man de Solidariedade Internacional de Galicia e cunha bolsa da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, brindóuseme a incomparable oportunidade de participar nun proxecto de Cooperación ao Desenvolvemento levado a cabo en Acahualinca.
Acahualinca é un barrio capitalino do extrarradio de Managua, asentado á beira do Xolotlán (Lago de Managua), no extremo noroeste da cidade.

Acahualinca
Trátase dun barrio empobrecido e marxinal no que preto do 90% da poboación vive directa ou indirectamente da recollida e reciclaxe do lixo da Chureca, o vertedoiro máis grande de Centro América.

Como explicar con palabras A Chureca? Nas miñas propias palabras: berce de dignidade humana. Penso que calquera que tivera a oportunidade de pisalo, de estar alí, de convivir coa súa xente, entenderá as miñas verbas. Malia que poda parecer controvertido identificar basura con dignidade, non considero cousa máis digna que traballar para alimentar á túa familia.

Nunca me esquecerei daquela primeira imaxe do vertedoiro cando Lucía e Yolanda me levaron alí aos poucos días da miña chegada a Managua.

A efixie de caos e pestilencia retorna a min a cotío, mesmo cando estou a piques de durmir. Nenos, nenas, adolescentes, homes e mulleres, mesmo anciáns… Todos/as camiñando coas caras cubertas de farrapos a modo de mascarilla e “armados” cunhas varillas de ferro puntiagudo que empregaban como arpóns para remexer no lixo. Eran os churequeros. Ao seu par, animais de toda clase; domésticos coma gatos, vacas, burros, cabalos, cans, e os salvaxes buitres carroñeros chamados zopilotes.

Un indescriptible panorma se abría ante min…

Basurero Chureca
Persoas, animais, maquinaria, montañas e montañas de lixo, compartían o solleiro dun típico día nicaraguano co só obxectivo de recolectar canto máis lixo posible. Así, coa recollida, comeza a longa cadea do reciclaxe, que da de comer á maioría da poboación de Acahualinca.

Actualmente A Chureca estase desmantelando, pois a cooperación española está a levar a cabo un Proxecto de Desenvolvemento Integral no barrio.

Este proxecto ten como finalidade converter o vertedoiro nunha planta de reciclaxe, dando traballo e vivenda aos propios churequeros. Nembargante, mentres se traballa neste fin, hai que dar unha alternativa a eses milleiros de persoas que viven o seu día a día do reciclaxe do lixo e que non poden esperar dous anos para seguir alimentándose.

Planta de reciclaxe
Cae de caixón que non tería sentido desmantelar o vertedoiro sen máis, sendo este case o único medio de subsistencia da poboación. Como digo, trátase de dar alternativas á comunidade, facilitarlle outro medio de vida. Para iso Solidariedade Internacional de Galicia, en colaboración coa contraparte local Dos Generaciones, involucrouse na creación dun Centro de Formación Laboral (CFL Rafael Reyes García) pretendendo rachar así o círculo vicioso da pobreza mediante a preparación e superación persoal dos adolescentes, homes e mulleres do barrio.

O CFL ubícase a tan só tres cuadras da entrada do vertedoiro, para facilitarlle á comunidade o acceso ao mesmo e pretendendo ser tamén punto de referencia para o barrio.

A actividade do centro resúmese na capacitación de xóvenes e adultos de entre 14 e 45 anos de idade en diferentes titulacións técnicas. Actualmente a oferta inclúe os títulos de serigrafía, repostería, corte e confección, beleza, refrixeración e reparación de motocicletas.

A vida no CFL non só é unha alternativa de formación nun oficio para os mozos e mozas, senón que é tamén unha alternativa de vida. É un espazo onde compartir problemas e ideas de futuro, bos e malos momentos vividos, soños e esperanzas de progreso, abeiros dunha vida mellor.

Xente da Chureca
Mais non só é útil o CFL para a xuventude, ou para os churequeros, o CFL é o lugar onde a cidadanía se sente escoitada e atendida, é o lugar onde poden acudir cando lles xurde calquera tipo de problema, o lugar onde senten que non camiñan solos.

E todas estas oportunidades xeradas son grazas ao labor que Solidariedade Internacional de Galicia está a desenvolver en Acahualinca dende o ano 2009 contando co financiamento de 175.000 euros da Xunta de Galicia e as achegas, tan importantes tamén, dos socios e socias da organización, e sen os cales, nada desto tería sido posible.

Inmensamente gracias Acahualinca por cambiarme a vida para sempre. Ana Lampón.

Posted in Uncategorized | 4 Comentarios »

12 de maio. Día Mundial do Comercio Xusto

09/05/2012

Día Mundial Comercio Xusto
Un ano mais, Solidariedade Internacional de Galicia xunto con outras moitas organizacións galegas, sae a rúa para celebrar o Día Mundial do Comercio Xusto.
Pontevedra, Vilagarcía, Ourense e A Coruña acollerán unha nova edición na que poder comprobar que outra forma de consumir é posible.

Programa:

A CORUÑA
Hora: de 11:00 a 20:00 horas
Lugar: PRAZA DE PONTEVEDRA
Organizacións: Solidariedade de Galicia, Intermón Oxfam, Labañou Solidaria e a Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca xunto con Fiare Banca Etica e algúns produtores e produtoras ecolóxicos.
Actividades:

De 12.00 a 14:00 horas. DIALOGANDO COAS ORGANIZACIÓNS COORDINADORAS

De 17:00 a 20:00 horas. OBRADOIROS e XOGOS INFANTIS

OURENSE
Hora: de 11:00 a 20:00 horas
Lugar: RUA DO PASEO (o inicio entre números 1 y 2)
Organizacións: Solidariedade Internacional de Galicia e Taller de Solidariedade.
Actividades:

As 18:30 horas. CONTA CONTOS SOLIDARIO

PONTEVEDRA
Hora: de 11:00 a 20:00 horas
Lugar: PRAZA DE OURENSE
Organización: Solidariedade Internacional de Galicia.
Actividades:

De 17:00 a 20:00 OBRADOIROS e XOGOS INFANTIS

VILAGARCÍA DE AROUSA
Hora: De 10:00 a 14:00 horas
Lugar: PRAZA DE GALICIA
Organización: Solidariedade Internacional de Galicia.
Actividades:

Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Vacacións Solidarias 2012

13/04/2012

Vacacións Solidarias 2011

Que é?

É unha oportunidade para coñecer de primeira man un proxecto de cooperación ao desenvolvemento, o traballo dunha ONG española e de ONG locais, pero sobre todo é unha oportunidade de coñecer, traballar e intercambiar con comunidades de países do sur que están a traballar na construción do seu propio desenvolvemento.

Por que participar?

Para ter a experiencia da túa vida! Coñecer a realidade que se vive en países do sur e achegarse á comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.

Por que realizar esta experiencia con Solidariedade Internacional?

Porque somos unha ONG con 25 anos de experiencia, e levamos 13 anos realizando este Programa como un exercicio de transparencia das nosas actividades cara á sociedade. Temos oficinas en cada un dos países de destino, e son os e as cooperantes de Solidariedade Internacional, xunto co persoal das ONG locais coas que traballamos en cada país, que coordinan a estanza das persoas que participan.

Cales son os destinos?

En 2012 hai tres países de destino:

E cuales son os proxectos nos que participaría?

En Bolivia: traballamos nun gran proxecto de “Loita contra a Violencia de Xénero e saúde sexual e reprodutiva, a través da aplicación efectiva das políticas públicas, o fortalecemento de redes rexionais específicas e a vixilancia cidadá”. O noso traballo realizámolo con tres ONG locais:

En Ecuador: traballamos en dous proxectos, o primeiro de “Loita contra a violencia e saúde sexual e reprodutiva”; e o segundo de “Fortalecemento da estrutura e xestión turística comunitaria no Cantón de Aguarico”. O noso traballo realizámolo con dúas ONG locais:

En Nicaragua: participarase na “Promoción dos dereitos humanos, sociais e económicos das mulleres, adolescentes e nenas en situación de inequidad e violencia de xénero e xeracional en Acahualinca”. O noso traballo realizámolo con dúas ONG locais:

En que actividades colaboraría?

En Bolivia
1. Coa ONG Wiñay (El Alto): 3 persoas para acompañamento a xornadas de sensibilización de mozos sobre DDSSRR.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en ciencias sociais, da educación e afíns. Buscamos persoas de mente aberta, que sexan moi flexibles, xa que van participar nunha organización onde a súa planificación sofre moitas alteracións.

2. Coa ONG Bartolina Sisa (La Paz): 3 persoas para apoio/ acompañamento ao departamento de Comunicación para realizar notas de prensa, entrevistas…
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en ciencias da comunicación, periodismo e afíns. Buscamos persoas de mente aberta, que sexan moi flexibles, xa que van participar nunha organización onde a súa planificación sofre moitas alteracións.

3. Coa ONG Gregoria Apaza (El Alto): 4 persoas para apoiar tarefas en:

Gardaría: Participar do día a día da actividade dunha gardaría, fundamentalmente apoiar no desenvolvemento de actividades lúdicas dos nenos/ás.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en educación, pedagoxía, traballo social, ciencias sociais e afíns.

Programa de Radio: Acompañamento no desenvolvemento das actividades da radio Pachamama.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en ciencias da comunicación, periodismo e afíns.

Programa Formativo: Acompañar o desenvolvemento de actividade de formación para mulleres e mozos, realizando diferentes actividades como convocar participantes e preparar materiais da formación.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en ciencias sociais, da educación e afíns.

En Ecuador:
1. Coa Rede Solidaria de Turismo da Ribeira do Río Napo – REST (ribeira do río Napo): 8 persoas para conformar un grupo de turismo comunitario, e realizar unha avaliación exhaustiva do proxecto de turismo comprendendo servizos prestados polas comunidades, infraestruturas, medios de transporte, tempos, etc. Para iso realizaríase unha pequena capacitación e entregaríanselles as ferramentas para poder levar a cabo a avaliación.
Ademais apoiásese na realización de pequenas actividades como mellora de sendeiros, reparación de peiraos, rehabilitación de infraestruturas pequenas tipo chozas….
Perfil: buscamos persoas interesadas no turismo solidario, que crean que pode ser unha opción viable de traballo para familias indíxenas e mestizas en zonas naturais protexidas.

2. Coa Fundación de Saúde Amazónica – FUSA (Cidade de Coca): 2 persoas para apoiar a elaboración da páxina WEB de FUSA, a cal é unha das prioridades da organización. Tamén se poden realizar actividades de promoción da saúde.
Perfil: Persoas con estudos ou coñecementos en elaboración de web, comunicación, informática, deseño e afíns.

En Nicaragua:
1. Con O Centro Nicaragüense de Promoción da Xuventude e a Infancia Dos Generaciones (Managua, Barrio Acahualinca e Las Palmas): 7 persoas para apoiar algunha das seguintes actividades:

Taller de nenas, nenos e mulleres.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en xénero, ciencias sociais e afíns.

Apoio en actividades socioeducativas vinculadas á arte e deportes con nenos, nenas e mulleres.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en actividades deportivas, actividades culturais, actividades audiovisuais (cine, fotografía..), teatro e expresión corporal, danza, canto e produción radial.

Apoio aos cursos do Centro de Formación Laboral (CFL).
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en normativa de seguridade ocupacional, reforzo de Currículo para instrutores do CFL, manualidades con material reciclado, reparación de motocicletas, reparación de aires acondicionados e refrixeración, serigrafía (deseño gráfico en teas, mantas, tarxetas, papel…), beleza (peiteado, manicura, pedicura, etc.), repostaría…

Apoio a actividades con Medios de Comunicación.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en redes sociais, procesos socioeducativos, riscos de internet para os mozos (redes sociais e TIC), comunicación social e afíns.

Apoio a actividades Educativas (formación de docentes).
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecementos en educación, ludopedagogía e afíns.

2. Co Fogar Zacarías Guerra (Managua, Barrio Centroamérica): 3 persoas para apoiar as actividades educativas e deportivas así como actividades varias.
Perfil: Buscamos persoas con estudos ou coñecemento en educación especial, deportes, enfermaría, administración, elaboración de Web, elaboración de proxectos, deseño de currículo para cursos de formación laboral (serigrafía, carpintaría, mecánica…).

En que datas?

As viaxes realizásense no mes de agosto. As datas son fixas, é dicir son datas pechadas. Os billetes de avión están xa reservados polo que non é posible cambiar as datas nin de ida nin de volta.
Bolivia: 9 ao 31 de agosto -2012
Ecuador: 3 al 24 de agosto -2012
Nicaragua: 3 ao 27 de agosto -2012

Canto custa?

O presuposto é a suma do importe do billete de avión i/v dende Madrid, o custo dos seguros (asistencia en viaxe e cancelación), manutención e aloxamento durante a estanza, custos administrativos e de formación, transporte dende o aeroporto ao lugar do proxecto e os desprazamentos internos no país.
Non inclúe custos de excursións turísticas, gastos persoais nin impostos de saída do país.

Bolivia: Billete aéreo con AEROSUR: 1.250 € Seguros con MAPFRE: 42 €, Manutención, transporte interno, formación e administrativos: 868€. Total: 2.160€
Ecuador: Billete aéreo con IBERIA: 1.351 € Seguros con MAPFRE: 42 €, Manutención, transporte interno, formación e administrativos: 787€. Total: 2.180€
Nicaragua: Billete aéreo con IBERIA: 1.233 € Seguros con MAPFRE: 42 €, Manutención, transporte interno, formación e administrativos: 835€. Total: 2.110€

¿Qué debo facer?

Se estas interesado/a debes encher o formulario de inscrición que aparece na web www.solidaridad.org e achegar un curriculum. Tamén podes contactar coa Fundación Solidariedade Internacional no correo electrónico vacacionesolidarias@solidaridad.org ou ssalazar@solidaridad.org. O prazo de inscrición vai dende o 2 de abril de 2012 ata cubrir as prazas.

Que condicións debo cumprir?

Todas as persoas participantes deben ser maiores de 18 anos e deberán ter o seguinte perfil xeral:

Unha vez notificado que fuches seleccionado, a reserva farase efectiva ao ingresar o 50% do importe da viaxe no prazo indicado. O pagamento do restante 50% realizarase 30 días antes da data de saída. Se cancelas ti viaxe, Solidariedade Internacional devolverá a cantidade ingresada menos os gastos de cancelación que impoña a compañía aérea, sempre e cando a cancelación se realice 40 días antes da data de saída.

Todas as persoas seleccionadas para viaxar deberán facerse socio/a de Solidariedade Internacional. Antes da viaxe realizásense actividades de formación presencial e on-line que serán de obrigatorio cumprimento.

Etiquetas: ,
Posted in Uncategorized | 1 Comentario »

Resolución concurso, Tecendo Historias de Muller

10/04/2012

O pasado día 20 de Marzo de 2012 ás 16:30 da tarde, convocouse ao xurado que avaliou os relatos e fotografías realizadas polas mozas e mozos que participaron na campaña educativa Tecendo historias de muller, que Solidariedade Internacional de Galicia comezou o pasado mes de Setembro de 2011.

O xurado reuniuse na cidade de Santiago de Compostela, concretamente no local da Coordinadora Galega de ONGDs situado na Rúa Basquiños, No 33. O xurado estivo formado por:

· Dona Carolina Diz Otero. Xunta de Galicia. Subdirección Xeral de Cooperación Exterior.
· Helena Capdevielle. Técnica de Sensibilización da Coordinadora Galega de ONGDs para o desenvolvemento.
· María Paz Gutiérrez. Directora de Solidariedade Internacional de Galicia.
· Bernabé Rodríguez Porvén. Técnico de Solidariedade Internacional de Galicia.

O xurado despois de valorar tanto os relatos como as fotografías presentadas ao concurso decidiu por unanimidade premiar os seguintes traballos:

CATEGORÍA RELATOS:
· IES Allariz (Ourense)
Título: Mujeres en el mundo
Curso: 2o ESO A
Alumno: Luís Pérez Álvarez

· IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)
Título: Ayúdate
Curso: 4o ESO D
Alumno: Borja España Fernández

· IES Ames ( A Coruña)
Título: Diario dunha adolescente
Curso: 3o ESO D
Alumna: Nerea Montes Pérez

· IES Ames (A Coruña)
Título: Está máis preto do que aparenta
Curso: 3o ESO D
Alumna: Sandra Abel Grandío

· IES Alfonso X “O Sabio” (A Coruña)
Título: Historia de Elena
Curso: 1o BAC
Alumnos: Jorge Fraga, David Torreiro e Iván Regueiro

CATEGORÍA FOTOGRAFÍAS:
· IES Allariz (Ourense)
Título: A violencia sempre nos fai dano
Curso: 2o ESO
Alumnos: Celso Simón Ons Castro e Cristhian Rivero Vidal

· IES Isidro Parga Pondal (A Coruña)
Título: As mulleres tamén gañan
Curso: 4o ESO A
Alumno: Anxo Pensado Moreira

· IES Isidro Parga Pondal (A Coruña)
Título: Di stop á violencia de xénero
Curso: 4o ESO A
Alumnas: Sara Cerviño Bastón, Guadalupe Rama Abelenda e Gema Lage Reyes

· IES Ames ( A Coruña)
Título: O sexo é para disfrutar, non para sufrir
Curso: 3o ESO E
Alumnos: Cristian Aniceto Vázquez e Javier Pombo Veige

· IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)
Título: Sempre na defensa da Muller: 016
Curso: 4o ESO D
Alumnas: María Ramos Álvarez e Sofía Rodríguez Gómez

ACCESIT:
· IES Ames ( A Coruña)
Título: Urui basu
Curso: 3o ESO E
Alumnas: Paloma Brosky Constentino e Nerea Couso do Cabo

Dende Solidariedade Internacional de Galicia queremos dar as grazas ó profesorado e alumnado que participaron no concurso, por traballar na educación para o desenvolvemento como complemento as súas actividade escolares, como unha ferramenta máis para a educación integral das mozas e mozos galegas/os, cidadás e cidadáns do futuro.

O premio consistirá na publicación tanto dos relatos como das fotografías nun libro que recollerá as historias de muller que son destinatarias dos proxectos de cooperación que ten en marcha Solidariedade Internacional de Galicia que serán novelados por escritoras/es galegas/os.

Este libro se presentará nun acto público no que estarán presentes as mozas e mozos gañadores xunto co seu profesorado. A data do acto, está por determinar, xa que aínda se está a traballar no libro.

Etiquetas: ,
Posted in Uncategorized | No hay comentarios »

Tecendo historias de muller, teatro de rúa

02/03/2012


Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, Solidariedade Internacional de Galicia a través do proxecto Tecendo historias de muller quere revindicar o papel da muller no desenvolvemento do mundo actual e dar a coñecer a cidadanía galega o Obxectivo do Milenio 3: Promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller.

Por tal motivo, organizaranse espectáculos de rúa con temática de xénero nas seguintes vilas galegas:

· 8 DE MARZO
A CORUÑA
Hora: 12:00
Lugar: Salón de Actos, Facultade Ciencias da Educación

· 9 DE MARZO
OURENSE
Hora: 12:00
Lugar: Rúa do Paseo (altura das Galerías Centráis)

· 10 DE MARZO
POIO
Hora: 12:00
Lugar: Praza da Chouza, Combarro

PONTEVEDRA
Hora: 18:00
Lugar: Praza da Peregrina

· 11 DE MARZO
PADRÓN
Hora: 12:00
Lugar: Praza de Macías

· 12 DE MARZO
BUEU
Hora: 12:00
Lugar: Montero Ríos, zona do Mercado.

· 17 DE MARZO
VILAGARCÍA
Hora: 12:00
Lugar: Rúa Castelao (en fronte do Casino)

Logos Cooperación galega y Xunta de Galicia

Etiquetas: , ,
Posted in Uncategorized | 3 Comentarios »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza