Solidariedade Internacional de Galicia

Por un pacto galego contra a pobreza

Publicado o 27/10/2009 por admin

Por un pacto galego contra a pobrezaO pasado 17 de outubro, tivo lugar en Vigo a manifestación que serviu de peche da “Semana Galega Pobreza Cero”.   Unha semana na que outras moitas cidades galegas como Santiago, Ourense, Lugo, Pontevedra, Ferrol ou A Coruña acolleron distintas actividades nas que centos de galegos e galegas puideron mostrar o seu compromiso na loita contra a pobreza.

A Campaña Pobreza Cero constitúe unha das maiores mobilizacións que cada ano, arredor do 17 de outubro, teñen lugar en España e en Galicia, e na que participan a case totalidade das ONGD españolas e galegas, entre elas, Solidariedade Internacional de Galicia.

Nesta ocasión o obxectivo da campaña en Galicia centrouse na reivindicación dun Pacto Galego contra a Pobreza no que os partidos políticos con representación no parlamento galego comprométanse a por en marcha  as medidas políticas que require o cumprimento dos Obxectivos do Milenio.

Por un pacto galego contra a pobrezaE precisamente por este motivo, o pasado día 16 de outubro, os membros da Comisión de Incidencia da Coordinadora Galega de ONGD´s reuniron no Consello da Cultura Galega a representantes das diferentes forzas políticas galegas, así coma outros actores representativos da sociedade ós que instamos  a impulsar a firma dese pacto cuxos contidos poderíanse resumir en:

  • Compromisos para aumentar a Axuda Oficial ao desenvolvemento, ata acadar o 0,7 % do PIB da Comunidade Autónoma.
  • Compromisos na potenciación de campañas de sensibilización para a cancelación da Débeda externa.
  • Compromisos co cambio das políticas comerciais inxustas que rexen as relacións económicas cos países do Sur; consumo responsable, compra pública ética, comercio con xustiza…

Por un pacto galego contra a pobrezaSolidariedade Internacional de Galicia, como membro da Comisión de Incidencia política da Coordinadora Galega de ONGD´s, está a participar activamente deste iniciativa que, o pasado día 16, non fixo máis que sentar as bases dun proceso que deberá culminar coa firma dese Pacto galego contra a Pobreza.

Etiquetas: , ,
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »

II Encontro de voluntariado

Publicado o 01/10/2009 por admin

Os vindeiros 3 e 4 de outubro, terá lugar o II Encontro de Voluntariado de Solidariedade Internacional de Galicia.

Santiago será, nesta ocasión, a cidade elexida e o Centro Xuvenil Don Bosco, o lugar ónde todo/as os voluntario/as de Galicia terán a oportunidade de participar dunhas xornadas nas que, ademáis de coñecerse, reencontrarse e compartir experiencias, traballarán conxuntamente para seguir mellorando a organización.

O programa do evento é o seguinte:

  • Sábado
    • 10:30 Chegada y recepción.
    • 11:00 Presentación dos asistentes.
    • 11:30 Charla-coloquio; SI no territorio español. Intervén Ana Alcalde. Directora da Fundación Solidaridad Internacional.
    • 13:00 Preparación dos grupos de traballo.
    • 14:00 Comida.
    • 16:00 Grupos de traballo:
      • A: GRUPO DE DEBATE: Retos da cooperación en Galicia.
      • B: GRUPO DE CREATIVIDADE: A Noite Solidaria.
      • C: GRUPO DE CAMPAÑA: Captación de voluntariado.
    • 19:00 Exposición e debate das conclusiones.
    • 21:30 Cena.
  • Domingo
    • 10:30 Almorzo.
    • 11:30 Presentación; novas ferramentas da comunicación de SI Galicia.
    • 13:00 Campaña Pobreza 0; actos e movilizacións.
    • 14:00 Despedida.

Clasificado en Uncategorized | 3 Comentarios »

A nova web de Solidariedade Internacional de Galica e o BISIG

Publicado o 01/10/2009 por admin

Unha organización en constante crecemento precisa de ferramentas áxiles que faciliten información útil a todos aqueles que, dunha ou outra forma, participan da organización. Neste senso, dende Solidariedade Internacional de Galicia, preténdese mellorar tanto os sistemas de información interna como os contidos trasladados a socio/as e voluntario/as.

A intención é dispor de ferramentas de comunicación interna que respondan a criterios de accesibilidade e funcionalidade e que, dende o primeiro momento, sexan incorporadas na organización e interiorizado o seu uso por parte de tódolos membros da mesma.

Falamos en concretro de dous elementos; o BISIG e a nova web de Solidariedade Internacional de Galicia.

O BISIG

Trátase dun boletín (Boletín Informativo de Solidariedade Internacional de Galicia) no que se incluirá información actualizada relativa a todo o traballo realizado dende os distintos departamentos de SIG, incluíndo un apartado específico para aquelas actividades que requiren da participación do voluntariado. O Boletín Electrónico será quincenal.

A nova web

Decidiuse crear unha nova web, cun deseño innovador, información actualizada e que dispoña de novos espazos de interese e participación como este blog, para que todos os interesados podades compartir a vosa opinión e asi facer a visita máis interactiva…¡Anímate e deixanos un comentario!

Clasificado en Uncategorized | 4 Comentarios »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza