Solidariedade Internacional de Galicia

Curso on-line de voluntariado

Publicado o 18/01/2012 por admin

Ser voluntari@ nos tempos de crise que corren Por que? Para que serve? Paga a pena? Dende aquí podo axudar a mellorar a situación de persoas noutros países como Haití, Senegal, Bolivia…? Que significa para min ser ciudadan@ do mundo? Para responder a estas e outras preguntas invitámoste a acompañarnos a unha viaxe polo mundo da cooperación sen saír da túa casa, percorrendo este curso básico de voluntariado on-line.

Empeza enchendo a túa mochila de ideas e experiencias sobre as problemáticas de desenvolvemento e os mecanismos de traballo da cooperación. Continúa o teu camiño coñecendo as diferentes accións que realizamos para cambiar a realidade. Por último, chega á meta e implícate como voluntari@ Non te arrepentirás!

Anímate a coñecer as diferentes etapas desta viaxe. Só dura tres meses e é gratuíto!
Para conseguir máis información e o teu billete de inscrición esperámoste en: www.escueladecooperacion.org

Etiquetas:
Clasificado en Uncategorized | 1 Comentario »

Semana galega de movilización contra a pobreza

Publicado o 10/10/2011 por admin

Esixe Pobreza Cero - A solidariedade non se recorta!Para denunciar, visibilizar e esixir responsabilidades á Xunta de Galicia en relación ao recortes en materia de cooperación ao desenvolvemento, envía a túa queixa ao Valedor do Pobo.

Dende a Coordinadora temos elaborado un modelo de carta máis un espazo na nosa web para que coñezas as formas de envío das queixas. Cantas máis cartas enviemos, mellor. Demostremos así que somos moitos e moitas as que estamos a favor da xustiza social e a solidariedade, e en contra da política de recortes da Xunta.

Difundades a campaña entre as túas amizades, compañeiro/as de traballo, familiares… E utiliza as redes socias para compartir o enlace da campaña: http://galiciasolidaria.org/campanas.php?c=4

Participa nas actividades da túa cidade ou vila

Sae a rúa contra a pobreza! E infórmanos das túas actividades!

A CORUÑA

Obradoiro do teatro d@ oprimid@
Día: 14 ao 16 de outubro
Pendente confirmación horario e lugar
Organiza: ACSUR Galiza

Teatro contra a pobreza
Día: 14 de outubro
Lugar: Praza do Obelisco
Hora: 18:00
Coordina: Arquitectos sen Fronteiras

ALLARIZ

Exposición «Mulleres maias unidas, queremos ensinar, queremos aprender»
Día: do 10 ao 14 de outubro
Lugar: Fogar do maior (A Barreira, 3)
Hora: de 10:00 a 18:00 horas
Organiza: Arquitectos sen Fronteiras

LUGO

Teatro contra a pobreza
Día: 14 de outubro
Lugar: 1º pase, Praza de Santo Domingo; 2º pase, Praza Maior
Hora: 1º pase, 12:00 horas; 2º pase, 19:00 horas
Coordina: A Cova da Terra

PONTEVEDRA

Teatro contra a pobreza
Día: 13 de outubro
Lugar: Praza da Peregrina
Hora: 18:00 horas
Coordina: AGARESO

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Entrega de queixas ao Valedor do Pobo
Día: 11 de outubro
Lugar: sede do valedor do Pobo (Horreo, 65)
Hora: 12 horas
Organiza: Coordinadora Galega de ONGD

Teatro contra a pobreza
Día: 12 de outubro
Lugar: Praza das Platerías
Hora: 12:00 horas
Organiza: Coordinadora Galega de ONGD

Xornada formativa sobre masculinidades
Día: 12 de outubro
Lugar: Praza do matadoiro, 7
Horario: de 9:00 a 20:00 horas
Organiza: InteRed

VIANA DO BOLO

Teatro contra a pobreza
Pendente de confirmación o día e a hora
Organiza: IES Carlos Casares

VIGO

Exposición Portas
Día: do 10 ao 16 de outubro
Lugar: casa das Artes (Policarpio Sanz, 15)
Hora: de 18:00 a 21:30 horas (de luns a venres) e de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 o sábado.
Organiza: Plataforma 2015 y más

Participa nas mobilizacións do 15-M na túa cidade

Dende a Coordinadora Galega de ONGD apoiamos o movemento 15-M, mesmo participamos no Foro de Asociacións que organizou o colectivo este verán.

Neste sentido, animámosvos a saír á rúa en contra a pobreza nas distintas manifestacións que, o 15 de outubro e baixo o lema «Por un cambio de modelo político, económico e social», terán lugar en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

Difúndeo nas redes sociais

Cada persoa conta!

  • Faite amigo/a do noso Facebook e axúdanos a difundir a campaña nas redes sociais!
  • Se tes espírito de reporteir@, fala sobre a Semana no teu blog. E mándanos o enlace!
  • Envíanos un vídeo no que apareza o lema da Semana Esixe Pobreza Cero. A solidariedade non se recorta”) e no que lles expliques aos gobernantes que pensas sobre os recortar nas políticas sociais e de solidariedade.
  • Fala da Campaña entre as túas amizades e familiares.

Etiquetas: ,
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »

Campamentos Maias nos concellos galegos

Publicado o 19/07/2011 por admin

Solidariedade Internacional de Galicia en colaboración con Farmamundi, Acsur e Arquitectos sen Fronteiras convida aos nenos e nenas galegos/as a coñecer a historia e as reinvidicacións actuáis da poboación indíxena de Guatemala, especialmente as das súas mulleres.

Dende o pasado 4 de xuño e ata o vindeiro 21 de xullo, un total de 16 concellos galegos participan desta iniciativa na que os máis pequenos teñen a oportunidade de desfrutar dunha xornada de convivencia nun verdadeiro campamento maia. Ao longo de todo o día achéganse ao xeito de vida das poboacións maias a través de xogos e dinámicas encadradas no marco da educación ao desenvolvemento, na que se fusionan o xogo coa aprendizaxe de experiencias.

Esta nova proposta forma parte do proxecto de sensibilización “Coñecendo os Pobos, Achegando culturas” e é o resultado do labor coordinado destas 4 ONGD galegas que, o mesmo tempo, están a traballar xuntas en Guatemala no marco do Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj TzIkin, na costa do pacífico sur de Guatemala. Impulsado pola Xunta de Galicia, este programa, en coordinación coas Municipalidades de Retalhuleu e Champerico busca contribuír ao crecemento de 18 comunidades mellorando as súas infraestruturas de habitabilidade básica e os seus servizos de saúde e educación; impulsando a soberanía destes pobos en materia alimentaria, incidindo ao mesmo tempo no fortalecemento comunitario e das súas institucións políticas.

Etiquetas: ,
Clasificado en Uncategorized | 3 Comentarios »

Vacacións Solidarias 2011

Publicado o 26/05/2011 por admin

Vacacións Solidarias 2011O Programa VACACIÓNS SOLIDARIAS dáte a oportunidade de coñecer de primeira mano un proxecto de cooperación ao desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.

O programa ten como obxectivo sensibilizar persoas da sociedade en xeral, e en especial aqueles interesados na cooperación ao desenvolvemento, sobre a realidade que se vive noutros países, así como facilitar unha mellor comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.

Espérase que a través desta experiencia as persoas participantes no Programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS afiancen o seu compromiso por un cambio social e se involucren en accións de promoción de valores e actitudes tendentes a lograr condicións de igualdade para todos e todas, baseándose en criterios de xustiza, paz, equidade, democracia, participación e solidariedade.

Dende hai doce anos a través deste programa centos de persoas colaboraron durante a súa estanza (3 semanas aproximadamente) en actividades de proxectos de cooperación que están en marcha, co propósito de coñecer, traballar e intercambiar coas comunidades e colectivos que están a traballar pola construción do seu propio desenvolvemento. Os e as cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, xunto co persoal das ONG locais coas que traballamos en cada país, coordinan a estanza dos voluntarios e voluntarias.

Unha vez que as persoas participantes estean de volta en España, poderán implicarse en actividades de voluntariado que apoian tarefas de sensibilización relacionadas cos proxectos que desenvolve Solidariedade Internacional de Galicia.

Este ano, 2011, propóñense 5 países de destino e 12 proxectos de cooperación nos cales podes participar.
PARTICIPA, SERÁ A EXPERIENCIA DA TÚA VIDA!

Destinos

  • Guatemala
    Datas: 4 ó 28 de agosto de 2011
    Prazas: 10
    Prezo: 1.990€
  • Perú
    Datas: 3 ó 28 de agosto de 2011
    Prazas: 10
    Prezo: 1.990€
  • Ecuador
    Datas: 1 ó 26 de agosto de 2011
    Prazas: 10
    Prezo: 1.990€
  • Bolivia
    Datas: 8 ó 31 de Agosto de 2011
    Prazas: 10
    Prezo: 1.960€
  • Campamentos de Refuxiados Saharauís (Tindouf – Arxelia)
    Datas: 8 ó 22 de octubre de 2011
    Prazas: 15
    Prezo: 1.050€

Condición xerais

Todas as persoas participantes deben ser maiores de 18 anos e deberán ter o seguinte perfil xeral:

  • Predisposición para vivir en sitios onde a tecnoloxía de comunicación (Internet, teléfono) é limitada e o acceso a algunhas comodidades non está garantido (auga quente, baño individual, etc.).
  • Inclinación para visitar ambientes multiculturais e capacidade de adaptación ao medio, experiencia no trato a persoas e capacidade de empatía;
  • Predisposición para realizar actividades físicas (camiñadas);
  • Actitude positiva para propoñer e participar en accións de grupo concertadas;
  • Ter boas condicións de saúde;

O prazo de inscrición vai dende o 6 de maio de 2011 ata cubrir as prazas.

Unha vez notificado que foi seleccionado, a reserva farase efectiva ao ingresar o 50% do importe da viaxe no prazo indicado. O pagamento do restante 50% realizarase 30 días antes da data de saída. Se cancela a súa viaxe Solidariedade Internacional devolverá a cantidade ingresada menos os gastos de cancelación que impoña a compañía aérea e o custo de inscrición, sempre e cando a cancelación se realice 40 días antes da data de saída.

O prezo inclúe billetes de avión i/v dende Madrid, taxas de aeroporto, seguro de viaxe, manutención, aloxamento e materiais do curso de formación. Non inclúe excursións turísticas, gastos persoais nin impostos de saída do país.

Todas as persoas seleccionadas para viaxar deberán facerse socio/a de Solidariedade Internacional de Galicia. Antes da viaxe realizásense actividades de formación e on-line que serán de obrigatorio cumprimento.

Contacto e inscrición

Se estas interesado/a en participar envía un correo electrónico cos teus datos persoais a sensibilizacion@solidaridadgalicia.org

Etiquetas: ,
Clasificado en Uncategorized | 3 Comentarios »

Día Internacional do Comercio Xusto

Publicado o 12/05/2011 por admin

Dende Solidariedade Internacional de Galicia convidámoste a participar no Día Internacional do Comercio Xusto, Sábado 14 de maio, que terá lugar paralelamente en seis cidades galegas:

  • Pontevedra (Praza Peregrina)
  • Ourense(Rúa Cruz Vermella)
  • Coruña (Praza de Lugo)
  • Santiago (Paseo Central da Alameda)
  • Lugo (Praza Maior)
  • Vigo (Praza Princesa)

Poderás disfutar dás seguintes actividades: degustación de produtos de comercio xusto, música, exposición e venta de produtos, obradoiros para nen@s e animación de rúa.

Valo perder?

Etiquetas: , ,
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »

Encontro “As mulleres alimentan o mundo”

Publicado o 16/03/2011 por admin

Rolda de prensaOs vindeiros 25 e 26 de marzo, no Auditorio Municipal de Lalín, mulleres procedentes de Sri Lanka, Cabo Verde e Nicaragua participarán dun encontro con mulleres de toda Galicia no que se analizarán aspectos coma o papel da muller como produtora e consumidora de alimentos, a soberanía alimentaria como o dereito dos pobos e comercio xusto como ferramenta de loita contra a desigualdade de xénero e social. Ler máis.

Solidariedade Internacional de Galicia suma o seu esforzo ó de outras entidades galegas que traballan no eido do comercio xusto e o consumo responsable para impulsar a campaña “As mulleres alimentan o mundo”.

Este proxecto pretende incidir no eido da Muller e o comercio xusto, concretamente busca atopar sinerxias entre mulleres do rural galego a as mulleres produtoras do Sur, que participan en proxectos ou iniciativas de comercio xusto.

A importancia do papel da muller como proveedora de alimentos no Sur e consumidora final no Norte, e a necesidade de abordar a desigualdade de xénero no ámbito da cooperación ó desenvolvemento, e a liña argumental dos contidos desta iniciativa.

Como acto central da mesma, os dias 25 e 26 de marzo celebrarase un encontro internacional no que se expoñerán as situacións de desigualdade, e explotación ás que se enfrontan as mulleres rurais tanto no Norte coma no Sur, as particularidades de cada unha das áreas xeográficas representadas e a contribución que, dende o consumo, se fai de cara a perpetuar ditas situacións. Así mesmo, e a modo de conclusión abordarase cómo dende o movemento de Comercio Xusto pódense introducir cambios de cara á consecución dunhas relacións comerciais máis xustas e equitativas.

Se queres asistir, cubre este formulario e sigue as indicacións.

As mulleres alimentan o mundoO programa do encontro é o seguiente:

Venres 25 de marzo

  • 16:00. Recepción e entrega de documentación
  • 16:30. Inaguración
  • 16:45. Resumo Primeira etapa proxecto
  • 17:00. Mesa redonda. Definición de conceptos: Comercio Xusto e Soberanía Alimentaria
  • 18:00. Descanso. Pausa café
  • 18:15. Mesa redonda: Mulleres produtoras de Asia, América latina, África e Galicia.
  • 20:30. Peche

Sábado 26 de marzo

  • 10:00. Resumo da xornada anterior
  • 10:30. Grupos de traballo*
  • 12:00. Descanso. Pausa café
  • 12:30. Grupos de traballo*
  • 13:30. Conclusións
  • 14:00. Xantar
  • 16:30. Obradoiro empoderamento
  • 18:00. Descanso. Pausa café
  • 18:30. Retos futuros
  • 19:30. Conclusións
  • 20:00. Próximas actuacións do proxecto: Día do Comercio Xusto
  • 20:30. Clausura

* Grupo 1: Comercio Xusto e Soberanía Alimentaria.
* Grupo 2: Comercialización e estratexias de mercado.
* Grupo 3: Consumo Responsable: Educación ó consumo.

Etiquetas: , , ,
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »

Un cómic contra o cambio climático

Publicado o 03/03/2011 por admin

Presentación do libroPresentación do libro na Coruña

Ás 11:00 desta mañá, na Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia, Maria Paz Gutiérrez, Directora de Solidariedade Internacional Galicia, o coñecido guionista Carlos Pórtela e o artista galego Kiko dá Silva presentaron ao publico o seu proxecto conxunto “Cambio Climático”, unha iniciativa innovadora que utiliza a arte do cómic como un medio creativo de “alerta” e sensibilización sobre cuestións relacionadas co cambio climático.

Carlos Portela e Kiko dá Silva destacaron a importancia da iniciativa que contou con algúns dos máis prestixiosos autores de cómic contemporáneo, que da man da Fundación Divina Pastora, fixeron posible o libro que hoxe se presentou. É unha reafirmación do papel que o cómic pode ter na comunicación, non sendo as historietas só un “medio de entretemento” senón tamén unha poderosa ferramenta de acción.

O comic Cambio ClimáticoKiko dá Silva falou da súa experiencia na participación neste proxecto subliñando a oportunidade que tiveron os artistas de, a través do cómic, poder abordar cuestións tan importantes como o cambio climático. Facendo uso da liberdade propia do artista, dá Silva destacou como ningún dos participantes neste libro retratou o asunto do mesmo xeito, o cal demostra como este problema ten diferentes expresións, que neste caso comparten un elemento común; en ningunha historieta se recorreu ao humor.

“Cambio Climático” é o resultado dun proxecto en que participaron artistas do talle de Sergio Bleda, Alex Sanvi, Lydia Sánchez e Ruizgé entre outros. O libro vai estar dispoñible para a súa venda nas tendas de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia, nas cidades de Ourense, Pontevedra e A Coruña. Os ingresos das vendas destinaranse integramente ao desenvolvemento de proxectos de postemerxencia no Departamento Sueste de Haití, onde esta organización traballa dende o ano 2004.

Etiquetas: , ,
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »

Asemblea Anual Ordinaria 2011 de SI Galicia

Publicado o 15/02/2011 por admin

O próximo sábado, 26 de febreiro de 2011, de 12:00 a 14:00 na Casa das Asociacións de Santiago de Compostela (Manuel Beiras, 3) terá lugar a ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA DE SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA. Prégase confirmar asistencia no teléfono 981 24 35 06 ou a través dun correo electrónico a direccion@solidaridadgalicia.org

Orde do día:

  • Informe de actividades 2010
  • Informe económico 2010
  • Presuposto 2011
  • Plan anual 2011
  • Informacións diversas
  • Rogos e preguntas

Prégase confirmar asistencia no teléfono 981 24 35 06 ou a través dun correo electrónico a direccion@solidaridadgalicia.org.

Se desexas participar pero non podes asistir, podes delegar o teu voto noutro socio/a. Para iso, descarga e cobre o cupón do enlace que figura máis abaixo e fáinolo chegar por correo electrónico ou correo postal.

Cupón de delegación de voto (documento de Word)

Etiquetas: ,
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »

Amazonía Ecuatoriana, os bosques desaparecen

Publicado o 02/02/2011 por admin

Amazonía Ecuatoriana, os bosques desaparecenA pesar de que a provincia amazónica de Orellana, Ecuador, está cuberta por ricos bosques nativos, o seu aproveitamento non contribuíu de forma efectiva nin ao desenvolvemento da poboación local, nin ao manexo e conservación dos bosques nativos. Dende hai 5 anos, Solidariedade Internacional en Ecuador, traballa apoiando a diferentes actores sociais e políticos locais na zona, no uso e xestión sostible do Medio como elemento xerador de recursos para a loita contra a pobreza.

Dende Solidariedade Internacional de Galicia, e grazas á colaboración da Dirección Xeral de Relaciones exteriores e Unión Europea da Xunta de Galicia, poñemos en marcha unha nova iniciativa na provincia amazónica que persegue implementar un sistema de xestión forestal piloto para que o manexo axeitado do bosque se convirta nun mecanismo de desenvolvemento local.

O proxecto inclúe a implementación dun sistema de aproveitamento de sementes nativas, coa participación da poboación rural local, que contribúa a fortalecer o citado modelo de xestión forestal.

A través deste traballo preténdese fomentar unha cultura de conservación das árbores versus o aproveitamento indiscriminado da madeira e a deforestación que ameazan a supervivencia dos bosques de Orellana e frear a local desaparición de especies nativas en perigo de extinción (chuncho, caoba, cedro, canelo, etc.), conservando fontes semilleras e reintroducíndoas a través dos programas de reforestación.

Etiquetas: , , ,
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »

Irene visita Padrón

Publicado o 02/02/2011 por admin

Irene visita PadrónNunha nova proposta de educación multicultural, a protagonista da colección de libros infantís “Contos do Mundo” achegou ós máis pequenos/as da vila a realidade de América central.

O pasado 28 de xaneiro, preto de 300 rapaces e rapazas de educación primaria dos centros de ensinanza Rosalía de Castro, Flavio e Pousada de Carcacía pudieron achegarse á cultura e tradicións de países coma Honduras, Nicaragua, El Salvador e Guatemala a través dos contos e lendas recollidos no libro Irene en América central. Títeres e monicreques foron a fórmula escollida nesta ocasión para dar vida ós personaxes destas historias que continúan a súa andaina por Galicia na procura de facer que, dende ás idades máis temprás, os nenos e nenas se acheguen ó mundo da solidariedade e o compromiso pola igualdade.

A próxima cita será en Monforte de Lemos o vindeiro xoves, día 10 de febreiro, no Salón de Actos do Edificio Multiusos do Concello.

Etiquetas: ,
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »

Boletín

Suscríbete al boletín

Suscríbete ó boletín de Solidariedade Internacional de Galicia e recibe información sobre as nosas actividades.

Redes sociais

Revista

Revista en PDF

Descárgate o último número da nosa revista.

Tamén podes consultar as nosas publicacións anteriores.

Catálogo

Catálogo de Comercio Xusto en PDF

Descárgate o catálogo para ver os productos de Comercio Xusto.

Podrás atopar estes productos nas nosas tendas.

El Tesoro de Acahualinca
Tecendo Historias de Muller
Non te consumas
Pobreza Cero
Asociación Fiare Zona Centro

Creación web: Máis Que Deseño 2009
XHTML Válido | CSS Válido

Solidariedade Internacional de Galicia | Vereda del Polvorín, 2 15002 - A Coruña | Teléfono: 981 24 35 06 | Correo electrónico: direccion@solidaridadgalicia.org

Web subvencionada por:

Xunta de Galicia - Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza