Publicado o 05/05/2010 por admin
Un ano máis e co galo do Día Mundial do Comercio Xusto, Solidariedade Internacional de Galicia sae a rúa para achegar este movemento a galegos e galegas. Distintas cidades e vilas galegas acollerán unha festa na que a loita contra a explotación do Sur é a protagonista. Se queres colaborar como voluntario/a nalgunha das propostas para esta xornada, contacta con nós enviando un mail a voluntariado.coruna@solidaridadgalicia.org
A pobreza, o cambio climático e a crise financeira están manufacturados. Isto pode cambiar. O Comercio Xusto aporta unha inversión vital ao produtor e á práctica empresarial sostible globalmente. O Día Mundial do Comercio Xusto é un gran día para o planeta, é unha celebración internacional con acontecementos que terán lugar en máis de 80 países.
Solidariedade Internacional de Galicia non é allea a esta data e, como vimos facendo dende hai xa máis de 12 anos, estamos a organizar distintas propostas que inclúen almorzos, mercados, degustacións, actividades de rúa…
Unha festa que celebraremos en colaboración con outras organizacións de Comercio Xusto coas que estamos a traballar conxuntamente a través da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGDs.
Consulta as cidades e datas propostas e participa da celebración:
- 8 de maio durante todo o día:
- A Coruña (Xardíns de Mendez Nuñez)
- Vigo (Praza das Camelias)
- Ourense (Rúa do Paseo)
- Lugo (Praza Maior)
- Santiago (Centro Sociocultural de El Ensanche)
- A Guarda (Alameda)
- 21 de maio durante toda a tarde:
- O Carballiño (Praza Maior)
- 22 de maio durante todo o dia:
- Pontevedra (Praza da Peregrina)
- Monforte de Lemos (Rúa Cardeal)
- 29 de maio durante todo o dia:
- Vilagarcía de Arousa (Praza de Galicia)
Etiquetas: comercio xusto
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »
Publicado o 05/04/2010 por admin
Actualización: xa está dispoñible información máis detallada no Programa de Vacacións Solidarias 2010
O programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS dáte a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto de cooperación ao desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.
O programa ten como obxectivo sensibilizar persoas da sociedade en xeral, e en especial aqueles interesados na cooperación ao desenvolvemento, sobre a realidade que se vive noutros países, así como facilitar unha mellor comprensión das causas da desigualdade e as súas posibles solucións.
Espérase que a través desta experiencia os participantes no Programa de VACACIÓNS SOLIDARIAS afiancen o seu compromiso por un cambio social e involúcrense en accións de promoción de valores e actitudes tendentes a lograr condicións de igualdade para todos, baseándose en criterios de xustiza, paz, equidade, democracia, participación e solidariedade.
Dende hai once anos a través deste programa os voluntarios/as colaboran durante a súa estanza (3 a 4 semanas) en actividades de proxectos de cooperación en marcha, co propósito de coñecer, traballar e intercambiar coas comunidades que están a traballar pola construción do seu propio desenvolvemento. Os e as cooperantes de Solidariedade Internacional de Galicia, xunto co persoal das ONGs locais coas que traballamos en cada país, coordinan a estanza dos voluntarios.
Unha vez que as persoas participantes estean de volta en España, poderán implicarse en actividades de voluntariado que apoian tarefas de sensibilización relacionadas cos proxectos que desenvolve Solidariedade Internacional de Galicia.
Este ano, 2010, propóñense 5 países de destino e 14 proxectos de cooperación nos cales podes participar.
PARTICIPA, SERÁ A EXPERIENCIA DA TÚA VIDA!
Destinos
- Guatemala
Datas: 6 ó 29 de agosto de 2010
Prazas: 12
Prezo: 1.880€
- Perú
Datas: 7 ó 29 de agosto de 2010
Prazas: 10
Prezo: 1.880€
- Ecuador
Datas: 4 ó 27 de agosto de 2010
Prazas: 12
Prezo: 1.890€
- Bolivia
Datas: 3 ó 29 de agosto de 2010
Prazas: 10
Prezo: 1.860€
- Campamentos de Refuxiados Saharauís (Tindouf – Arxelia)
Datas: 9 ó 23 de outubro de 2010
Prazas: 15
Prezo: 1.050€
Condicións xerais
Todas as persoas participantes deben ser maiores de 18 anos e deberán ter o seguinte perfil xeral:
- Predisposición para vivir en sitios onde a tecnoloxía de comunicación (Internet, teléfono) é limitada e o acceso a algunhas comodidades non está garantido (auga quente, baño individual, etc.).
- Inclinación para visitar ambientes multiculturais e capacidade de adaptación ao medio, experiencia no trato a persoas e capacidade de empatía;
- Predisposición para realizar actividades físicas (camiñadas);
- Ter boa actitude e carga de optimismo para propoñer accións de grupo concertadas;
- Ter boas condicións de saúde;
O prazo de inscrición vai dende o 5 de abril de 2010 ata cubrir as prazas.
Unha vez notificado que foi seleccionado, a reserva farase efectiva ao ingresar o 50% do importe da viaxe no prazo indicado. O pagamento do restante 50% realizarase 30 días antes da data de saída. Se cancela a súa viaxe Solidariedade Internacional de Galicia devolverá a cantidade ingresada menos os gastos de cancelación que impoña a compañía aérea e o custo de inscrición, sempre e cando a cancelación se realice 40 días antes da data de saída.
O prezo inclúe billetes de avión i/v dende Madrid, taxas de aeroporto, seguro de viaxe, manutención, aloxamento e materiais do curso de formación. Non inclúe excursións turísticas, gastos persoais nin impostos de saída do país.
Todas as persoas seleccionadas para viaxar deberán facerse socio/a de Solidariedade Internacional de Galicia. Antes da viaxe realizásense actividades de formación e on-line que serán de obrigatorio cumprimento.
Contacto e inscrición
Se estas interesado/a en participar envía un correo electrónico cos teus datos persoais a cooperacion@solidaridadgalicia.org.
Etiquetas: cooperación, solidarias, vacacions
Clasificado en Uncategorized | 12 Comentarios »
Publicado o 15/03/2010 por admin
“Non te consumas” é o título da obra teatral que esta semana visita Galicia da man de Solidariedade Interenacional de Galicia e a compañía Xucrut Teatre. A Coruña, Ourense e Pontevedra son as cidades escollidas para as representacións. Consulta as datas e non deixes de acudir.
Unha crítica á sociedade de consumo e as súas consecuencias son as claves de NO TE CONSUMAS, unha nova iniciativa de Solidariedade Internacional Galicia que, nesta ocasión, recorre o teatro para sensibilizar a galegos e galegas.
Con esta posta en escea se pon fin á unha campaña de sensibilización sobre Consumo Responsable e Comercio Xusto, na que Solidariedade Internacional de Galicia pretendeu concienciar á sociedade galega sobre as consecuencias que ten o noso consumo a nivel social e medioambiental, mostrando as desigualdades e os desequilibrios que crea un modelo de consumo sen límites e sen prantexamentos éticos e incidindo na importancia que ten o papel do consumo na economía e no noso entorno, así como a nosa responsabilidade como consumidoras/es.
O longo dos últimos meses, centros educativos de toda Galicia recibiron a visita de monitore/as de Solidariedade internacional de Galicia cos que traballaron a diferencia entre necesidades e desexos, así coma os efectos da publicidade na xeración destes últimos.
A partir de hoxe luns, A Coruña, Ourense e Pontevedra contarán con dúas representacións teatrais a cargo da compañía Xucrut Teatre; unha sesión de mañá, dirixida a todolo alumnado que participou na campaña e unha de tarde aberta a todolo/as públicos. Consulta a continuación a programación e ven a estrea en galicia de “Non te consumas”, a entrada é de balde;
- A Coruña
15 de Marzo 20:00h Fórum Metropolitano
- Ourense
16 de Marzo 20:00h Teatro Principal
- Pontevedra
17 de Marzo 20:00h Teatro Principal
Etiquetas: non te consumas, teatro
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »
Publicado o 03/03/2010 por admin
O próximo sábado, 6 de marzo de 2010, ás 11:00 na Sede da Fundación Caixa Galicia de Pontevedra (Pza. de San Xosé, 3) terá lugar a ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA DE SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA. Prégase confirmar asistencia no teléfono 981 24 35 06 ou a través dun correo electrónico a direccion@solidaridadgalicia.org
Orde do día:
- Presentación del Plan Estratéxico Institucional (Fundación e AATT)
- Informe de actividades 2009
- Informe económico 2009
- Presuposto 2010
- Plan anual 2010
- Informacións diversas
- Rogos y Preguntas
Prégase confirmar asistencia no teléfono 981 24 35 06 ou a través dun correo electrónico a direccion@solidaridadgalicia.org.
Se desexas participar pero non podes asistir, podes delegar o teu voto noutro socio/a. Para iso, descarga e cobre o cupón do enlace que figura máis abaixo e fáinolo chegar por correo electrónico ou correo postal.
Cupón de delegación de voto (documento de Word)
Etiquetas: anual, asamblea
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »
Publicado o 15/02/2010 por admin
Dende que o pasado 12 de xaneiro, as vidas de centos de milleiros de haitianos viranse truncadas por un terrible tremor de terra, o/as voluntario/as de Solidariedade Internacional de Galicia teñen posto en marcha un sen fin de iniciativas que están a permitir recadar fondos para o que xa era un dos pobos máis empobrecidos do planeta.
Deste xeito, a cidade de A Coruña, foi testemuño dun concerto solidario a cargo dos grupos Lady Evil e El Viejo Caracol, unha festa no pub 14, así coma un calendario para o que posaron traballadore/as de Pull & Bear e que verá a luz nos vindeiros días.
Pola súa banda, o grupo de voluntariado de Pontevedra realizou o pasado día 5, un rastrillo solidario no que participaron centos de pontevedrese/as e que contou cunha colaboración moi especial, a dos internos do Centro Penitenciario de A Lama. Foi tal o éxito desta iniciativa que se prevé a realización dunha segunda edición o vindeiro día 5 de marzo.
Monforte, e máis concretamente, o alumnado dos Centros Educativos desta vila lucense quixeron sumarse tamén as propostas de Solidariedade Internacional de Galicia e foron máis de 1500 os que participaron nunha Marcha por Haití o pasado 12 de febreiro.
Dende este espazo de información e comunicación, queremos agradecer, a todo/as aquele/as que fiséchedes isto posible, a vosa labor, esforzo e dedicación para con Haití.
Cabe destacar que o traballo non remata aquí e, como mostra, o vindeiro mércores, día 17 ás 20:30 horas a Orquesta Gaos dará un concerto no teatro Rosalía de Castro de A Coruña, cuxa recadación será destinada a Solidariedade Internacional de Galicia.
Etiquetas: axuda, haití, voluntarios
Clasificado en Uncategorized | 1 Comentario »
Publicado o 15/02/2010 por admin
Concerto Solidario con Haití en colaboración con Solidaridad Internacional
Teatro Rosalía de Castro
17 de febrero de 2010 a las 20:30h
Director: Fernando L. Briones
Ensemblé Bouché
orquestagaos@gmail.com
www.orquestagaos.com
Prezo da entrada 3€
Fila Cero: Caixa Galicia
2091 0530 39 3040011953
As entradas poderanse adquirir na Taquilla Central da praza de Ourense (de luns a venres) na do teatro (só os días da función) ou a través de televenta (902 504 500 – www.servinova.com)
Etiquetas: concerto, haití
Clasificado en Uncategorized | 1 Comentario »
Publicado o 01/02/2010 por admin
Dende Solidariedade Internacional de Galicia queremos agradecer o esforzo realizado por todo/as aquele/as que acudiron ó chamamento de apoio a Haití durante as últimas semanas. Pero queremos recordar que calquera axuda segue sendo necesaria para un país que tardará máis de dez anos en recuperarse das consecuencias do devastador terremoto. Aquí poderás coñecer cal está a ser a nosa labor nestes momentos.
Dende o inicio da emerxencia o día 12, e coa chegada da axuda internacional á zona días despois, a organización haitiana CROSE (socia de Solidariedade Internacional nas accións de desenvolvemento que levamos a cabo no país), puxo en marcha un dispositivo de emerxencia autoxestionado, composto de preto de 200 persoas voluntarias, cuxo labor principal consistiu inicialmente nunha recollida de datos porta a porta sobre os danos estruturais que o terremoto deixou en Jacmel.
Esta información serviu para realizar unha avaliación das graves consecuencias do terremoto en Jacmel, identificando as familias damnificadas para establecer as prioridades da axuda de emerxencia.
¿Cómo o facemos?
O equipo de Solidariedade Internacional en Haití encóntrase en Jacmel apoiando á resposta á emerxencia de CROSE (Coordinadora Rexional de Asociacións do Sueste de Haiti) e de ATEPASE (Asociación de Técnicos para a Promoción da Agricultura e a Protección do Medio do Sueste). Logrouse enviar á zona produtos potabilizadores de auga, terminais satélite para asegurar as comunicacións e material sanitario.
Ademais, grazas ás colaboracións de institucións públicas e privadas e, especialmente, ás numerosas achegas de particulares, adquiríronse en República Dominicana medicamentos básicos e material sanitario para primeiros auxilios, bidóns de carburante e un equipo de paneis solares para asegurar o abastecemento eléctrico en caso de cortes de electricidade. A pesar do mal estado das comunicacións terrestres, o material puido ser transportado a Jacmel por estrada dende Anse à Pitre, na fronteira Sur con República Dominicana.
Solidariedade Internacional, de cara á asistencia de emerxencia e ao posterior proceso de reconstrución, considera claves dous elementos na súa intervención:
- En primeiro lugar a coordinación coas organizacións locais haitianas, autoridades locais e organizacións internacionais.
- En segundo lugar, a integración da poboación en todo o proceso como actores protagonistas nas accións de emerxencia adoptadas sobre o terreo.
Considérase a resposta á situación en tres niveis: en primeiro lugar a resposta de emerxencia que inclúe a mencionada avaliación sistemática dos danos en termos de perdas, a atención ás vítimas e o trauma, a organización de campamentos para aloxar as persoas sen fogar, as subministracións de alimentos quentes, auga potable, mantas, kits de hixiene e cociña.
A segunda fase, denominada de recuperación, ten por obxecto facilitar a reanudación das actividades normais, a reapertura das aulas, o funcionamento das institucións públicas e a reanudación das actividades económicas. Un problema engadido derivado do colapso provocado polo terremoto, é o alto número de persoas que se quedaron sen traballo nin medios para obter ingresos, por iso formulouse a posibilidade de proporcionar axuda económica directa ás familias damnificadas, que lles permita adquirir produtos básicos de subsistencia ata que se restableza a actividade económica.
Por último, a terceira fase consiste na reconstrución. O obxectivo será encontrar as modalidades, mecanismos e medios para dar cabida á poboación sen fogar, a reconstrución de edificios públicos, as estruturas sociais, tendo en conta as normas de construción para evitar danos futuros por furacáns e terremotos.
¿Con quen traballamos?
En todo este proceso, Solidariedade Internacional coordinouse con CROSE, ATEPASE, as autoridades locais e con outras organizacións internacionais con presenza no sueste de Haití, como ACPP, mantendo reunións periódicas para mellorar o mecanismo de distribución da axuda nos campos formais e informais habilitados para refuxiar as persoas que quedaron sen fogar.
De cara ao futuro, o traballo de Solidariedade Internacional poñerá unha especial énfase en apoiar a CROSE e ATEPASE na etapa de reconstrución, sen abandonar o traballo no fortalecemento do sector agrícola e gandeiro para garantir a curto e medio prazo o acceso a alimentos da poboación local do Sueste, aumentada previsiblemente pola chegada de persoas desprazadas dende Puerto Príncipe.
Etiquetas: colaboración, emerxencia, haití, reconstrucción
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »
Publicado o 01/02/2010 por admin
Entre os días 11 e 15 de xaneiro, todo/as o/as membros de Solidaridad Internacional déronse cita en Madrid para artellar mecanismos de coordinación e mellora de cara ós vindeiros anos.
Solidariedade Internacional de Galicia acudiu o pasado mes de xaneiro ó Encontro Anual de Solidaridad Internacional celebrado en Madrid. Ó encontro acudiron, así mesmo, membros da Fundación Solidaridad Internacional, técnico/as e directivo/as das asociacións territoriais en Andalucía, País vasco e Valencia, representantes das distintas delegacións en España, así coma cooperantes e personal local de todos os países ónde estamos presentes.
Durante cada unha das xornadas, ademáis de facer balance do feito durante o ano 2009, puidéronse expoñer as liñas de actuación a seguir por todo/as durante o 2010. Espazos de discusión e análise sobre como continúar mellorando a labor de Solidaridad Internacional no seu conxunto, completaron unha programación que serviu ademáis para atoparnos con todo/as aqueles que fan posible a existencia desta entidade moi lonxe de nós.
Etiquetas: encontro, madrid
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »
Publicado o 01/02/2010 por admin
O pasado 16 de xaneiro quedou constiuida a Asociación Fiare Galiza, un proxecto de creación e consolidación dun sistema de Banca Ética do que Solidariedade Internacional de Galicia decidiu, na Asamblea Extraordinaria celebrada o pasado 4 de decembro, formar parte activa.
A actividade económica non é neutral. Pretende impoñerse a impresión de que a economía funciona con claves científicas nas que non entran dimensión éticas.
Así, o sistema bancario tradicional pasou da súa función básica de intermediación de depósito e crédito a un entramado complexo en que o interese principal está nas carteiras de negociación especulativas. Nel fináncianse proxectos non sustentables, destructivos e defínese por provocar un excesivo endebedamento, ter por principio a exclusión bancaria dos pobres, xogar co financiamento de necesidades básicas poñendo en perigo a supervivencia de grupos humanos…. Pero a actividade económica non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou non intencionais. Toda decisión económica é, en último termo, unha decisión ética, asumida desde un marco determinado de conviccións e as súas consecuencias favorecen a unhas persoas e prexudican a outras.
A implicación ética desta realidade non se detén na acusación dirixida aos bancos e poderes económicos, xa que a participación particular de cada cidadán/á fainos responsables ante a agresión que se leva a cabo empregando, entre outros, os nosos aforros. A SUMA das nosas accións individuais (legais, “inocentes”, socialmente aceptadas…) ten efectos DEVASTADORES en persoas e lugares que non coñecemos (ou non queremos coñecer).
Ao noso redor, cada vez máis persoas e organizacións vanse facendo conscientes desta realidade e intentan tomar as decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de crédito ou os seus investimentos con responsabilidade, baseándose nunha información fiable e suficiente.
Xorden así preguntas como as seguintes:
- ¿Cobre o sistema bancario actual as nosas demandas como persoas aforradoras, consumidoras e investidoras?
- ¿Atopan as organizacións sociais e os/as seus/ súas usuarios/ usuarias resposta nas entidades financieiras tradicionais?
- ¿Onde e desde que criterios invisten o noso diñeiro as institucións financeiras?
- ¿Responden as entidades financeiras ás demandas das nosas sociedades e especialmente ás que proveñen dos sectores máis desfavorecidos?
- ¿Existe un modelo alternativo de banca que sitúe esas demandas no centro da súa misión, visión e valores?
A nosa pretensión é dar respostas satisfactorias a estas preguntas e isto podemos atopalo no inicio e na base do proxecto de Banca Ética de FIARE.
A BANCA ÉTICA é unha proposta de intermediación financeira que persegue a transformación social, polo que os seus labores de captación de capital, investimento e préstamo realízanse desde unha filosofía integral e uns fins éticos ao servizo da xustiza e baseados en;
- Intermediación financeira ao servizo da Xustiza.
- Transparencia informativa de todo o circuíto dos cartos.
- Funcionamento en mans dos movementos sociais.
- Carácter Non lucrativo.
- Inserencia no sistema financeiro.
Desde esta perspectiva, os obxectivos xerais de Fiare, como intermediario financeiro son:
- Financiar actividades económicas que impliquen un impacto social positivo e transformador. É dicir, apoiar empresas, actividades e proxectos sociais, ecolóxicos, culturais e solidarios, favorecendo o desenvolvemento humano tanto nas nosas sociedades do Norte coma do Sur, poñendo o diñeiro a disposición das persoas excluídas e das organizacións que traballan con elas.
- Ofrecer instrumentos de aforro e de investimento responsables. Trátase de poñer a disposición da cidadanía a posibilidade de apoiar cos seus aforros ese tipo de actividades, decidindo responsablemente o uso que fai a entidade financeira dos seus aforros e excluíndo calquera investimento en actividades ou empresas que colaboren co mantemento da inxustiza e o deterioro do noso mundo (tráfico de armas, explotación laboral, destrución do medio ambiente …).
Solidariedade Internacional de Galicia, como entidade que promove o consumo responsable en todas as súas facetas, non pode deixar de lado unha con tantas implicacións coma a da banca, e é por isto que dende o pasado 4 de decembro, entrou a formar parte da Asociación Fiare Galiza dende a que traballará para poder ofrecer un sistema bancario alternativo.
Se queres saber máis, visita www.fiare.org
Etiquetas: banca ética, fiare
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »
Publicado o 25/01/2010 por admin
Venres 29 de Xaneiro
Forum Metropolitano
20:30 horas
Entrada 5€
Fila cero: 2091 0530 39 3040011953
Puntos de venta: Taquillas Central (Plaza de Ourense)
www.servinova.com 902 504 500
Etiquetas: axuda, concerto, haití
Clasificado en Uncategorized | Non hay comentarios »